O mundo só podo ser coñecido por nós a traverso dunha "representación", unha percepción construida pola nosa mente cos datos que nos chegan a traverso da sensibilidade.
Un nace neste constructo, en algo que podería ser así ou de outra maneira, en algo continxente, esa é a nosa circunstancia. Non escollemos aos pais, nin o sitio, nin o entorno, nin a época, nin a cultura, nin a nós mesmos. Aparecemos no mundo, e ímos crecendo nel, o "suxeito volente" vai tomando forma, o querer, o sentimento, o desexo vaise facendo presente.
Nese vir ao mundo, e crecer nese mundo, nesa circunstancia da vontade e do desexo de vivir que nace con nos, vaise construindo un querer. Con nós tamén vive a conciencia de sí mesmo, a reflexión, o "suxeito cognoscente", que interactúa co vivido, co querido e co mundo, coa súa circunstancia interna i externa, nesa dialéctica nace o conflito e a negociación, primeiro con un mesmo, ata que se acaba facendo "un", si todo vai ben, en armonia co mundo si se aceita tal como é.
Pero este mundo é continxente, e a nosa propia personalidade condicionada polo "discurso" no que nacemos, e polo vivido, tamén ten unha parte continxente, no proceso de coñecer pódese por en dúbida as bases dese querer, ou asumilo sen modificación algunha, ou unha parte si e outra non....e así vai collendo todo forma.
En 2020, sigue en marcha o proceso que comezou coa nosa maneira de vivir, o pacto entre os que ocupaban posicións de privilexio, e os que ocupaban posicións de dependencia, e alienación laboral, rompeu aínda máis os límites do equilibrio da vida na Terra. A nosa posición está agora desvocada, o iceberg está emerxendo, destrución da biodiversidade, destrución do medio natural inmediato, mar, selvas, bosques, montes, cambio climático, destrución da nosa economía e da nosa saúde. A nosa vontade contruíu un mundo que consigue beneficios inmediatos para moitos (que se vende fácil), pero a consecuencia é a destrucción do que nos engloba, da vida no seu conxunto, porque aínda que nos esquecemos, vivimos grazas a dispor de temperatura axeitada, comida e bebida, ledicia de vivir e de contemplar, constituída por unha inmensidade de especies vivas, e circunstancias inorgánicas, nas que nós só somos unha parte.
Ao non asumir ese discurso de que "nós somos só unha parte", e asumir que somos o centro do universo e os animais son só bestas, e as árbores só leña, e os montes e o mar vertedoiro (externalidades), estamos construíndo o mundo do futuro para os que veñen, estamos construíndo unha circunstancia de nacemento terrible, moi dificil de asumir, ata o punto que sexa tan agresiva que poida provocala destrución do desexo de vivir, e da conciencia de sí mesmo, e quedemos para sempre nunha condición inferior.
Agardo que non sexa ese o noso desexo agochado, renunciar a conciencia de si mesmo, renunciar á carga de ser, é dicir, morrer, pero todo indica que algo pasa, que o malestar profundo continúa, que o que dicían os sabios do estar no mundo como "malestar na cultura" e como "val de bágoas", sigue sendo verdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario