O noso comportamento como "sociedade", como "pobo", ou como "especie" repítese unha e outra vez. Ainda que non leamos moita historia, non temos máis que lembrarnos dos filmes históricos.
Busquemos primeiro no plano sicolóxico. Nerón buscando un culpable, unha victima propicia a quen sacrificar diante da previsible furia do pobo ante o "incendio de Roma". Hitler buscando un "culpable" da crise económica e da derrota alemana na primeira guerra mundial. O poder manexa ao pobo con eses "resortes" da nosa mente, sempre ten que haber un "culpable", non pode ser que o "sistema", a estrutura de poder creada non funcione. Soése buscar alguén nunha posición débil, fácil de "estigmatizar", que non ofreza resistencia, que non sexa unha "ameaza".

No plano financieiro, ¿qué é o primeiro que fai o Rei cando se lle baleiran as súa arcas polo "derroche" sen control, pola falta de previsión, por non cumprir coa súa responsabilidade de "gobernar para todos"?, pois está claro, envía, ao gobernador de turno, co exercito, a exprimir ao campesiñado, a sacarlle ata o derradeiro céntimo, a pesares de que sabe da "crise" que vive o seu pobo.
O señor Rajoy, fixo algo realmente noxento, en plena e salvaxe crise económica, baixo o aplauso de todo o seu grupo, e con algún "¡que se jodan!", enviou a "forza do estado" a que lle baixaran a pensión aos desempregados do 60%, ao 50% da base pola que cotizaron, e por enriba sumou unha acusación xeneralizada inxusta e cruel, "es para motivarlos a buscar trabajo". Isto supón que unha persoa nesta situación que cobre 600 euros pasa a cobrar 500 euros, é o 16,6% menos do que ganaba. Os obedientes cidadáns que se quedaron sen traballo durante estes anos teñen que paga-la factura dos "especuladores" e ainda por enriba seren "culpabilizados"...o eterno retorno da mesma bosta.
A pesares da Revolución Francesa, o sistema social segue funcionando da mesma maneira, a Lei é un "mazo" contra o "débil", contra o que ten pouco "poder", pero para o que ten "capacidade de devolvelo golpe" é un lene "aloumiño", unha suxerencia ": !sean buenos, por favor, no especulen ustedes tanto que se nos vaya a morir el ganado del que comemos!". Aquí está a esencia mesma do poder a "capacidade de facer dano ao outro", a "ameaza continua feita forza no inconsciente". Revisando o que ocorre, o que se "realiza", visualizamola, vémola actuar, somos conscientes. ¿Sirve para algo? non sei, alomenos para que non che vendan a "moto".