venres, 6 de setembro de 2024

A NOSA ESPECIE (Marvin Harris) - comentarios (1).




Marvin Harris é un antropólogo cun análise sobre a interacción das limitacións materiais do entorno coa cultura humana moi interesante. Aquí cultura, hai que entendela como o conxunto de ideas, crenzas, mitoloxía, normas, modo de vida, ferramentas, construccións, etc...que o home crea e usa máis alá do simple estado animal. 

Trataríase tamén de entender como desde o homínido máis rudimentario ata o homo sapiens actual hai un proceso contínuo de cambios e modificacións do seu comportamento e das súas características físicas (incluíndo o tamaño do cerebro) e síquicas.

En "A nosa especie" trata de achegarse a distintas preguntas a traverso dos seus coñecementos e metodoloxía no campo da antropoloxía.

Na evolución inicial, hai dous factores que coexisten, andar de pé (liberalas mans) i empregar ferramentas

Hoxe ainda podemos ver como os animais de tódolos tipos empregan ferramentas, desde peixes, aves, mamíferos de todo tipo, e sobre todo simios. O uso de ferramentos é unha tendencia natural da intelixencia intuitiva, si se quere chamar de algún xeito. Eu atreveriame a chamarlle intelixencia natural ou inconsciente. M. Harris fai un repaso do uso de ferramentas nos simios e monos, que curiosamente usan bastante casualmente en liberdade, pero hai un sitio onde se desenrola de maneira mais intensa o seu uso, cando están pechados, encarcelados, privados de liberdade, é dicir, ten que haber unha necesidade/desexo que impulse o uso de ferramentas para enfrontarse a unha situación, polo tanto parece que o uso de ferramentas estaría ligada a busqueda de algo , neste caso a liberdade.

Tivo que haber un proceso inicial interactivo entre andar de pé, a configuración do pé para poder resistir máis tempo erguido, e unha necesidade/desexo de percorrer un camiño cada vez maior que tería que ser pola  busqueda de algo

Logo, habería unha conexión entre andar de pé, e o uso de ferrramentas, habería algo que impulsaria aos dous factores nalgunha medida, e que polo tanto impulsaría o desenrolo da intelixencia, entendida como solución de problemas, dificultades, desexos ou carencias, é dicir, usando os conceptos de outros pensadores, o desexo de vivir, o instinto de vida estaría impulsando un novo camiño, un camiño longo que chegaría ata nós.

E buscando ese factor, Marvin Harris, fixase nos chimpancés, e na cantidade de carne que de maneira habitual consumen, sobre todo pequenos mamíferos. Tamén se fixa en como distintos simios usan ferramentas para capturar formigas, algunhas delas bastante agresivas. En definitiva, a carne, primeiramente en forma de insectos, logo como carroña, posteriormente caza e persecución, e finalmente con tratamento termico.

Ao comezar a saboreala carne, aparece un obxectivo permanente, constituiría un vector para ir seleccionando (preferindo) unha maneira de moverse, unha resistencia a longas andainas, e unha intelixencia para enfrontarse a peles duras, osos e nervios a traverso das ferramentas. Cortar, clavar, desgarrar, matar foron obxectivos desexados para convertirnos en verdadeiros depredadores, e non só carroñeiros.

É moi interesante como describe ao home erectus, unha especie humana, que durante 1,3 millóns de anos mantívose andando, e case coas mesmas ferramentas, sen producirse evolución algunha nas mesmas. Poderiamos traelo exemplo dos simios en cautividade fronte aos en liberdade, para que esforzarse si todo está ben?, só cando hai unha falta comeza a intelixencia a funcionar.

Na nosa orixe, na necesidade de andar de pé, de percorrer longas distancias, de crear e usar ferramentas, e da busqueda de comida (posiblemente carne) aparece unha vía de desenrrolo dunha necesidade de discurrir, crear, buscar.

Poderiamos pelexar contra a idea da carne, pero por qué as ferramentas para cortar, pinchar, desgarrar si non fose ese o obxectivo básico. Despois viria o uso das peles e o lume para protexerse do frio, e outras cousas.

Pero por qué fai frio?, por qué perdeu tanto pelo o homínido? (...seguirei).