Tódolos datos acumulados durante os derradeiros douscentos anos levannos a unha orixe incríbel: todo o que chamamos Universo observabel naceu, por así dícilo, nun espazo inferior a un átomo, é dicir, de case-nada, ou mesmo, como moitos atrevense a dicir: directamente da nada.
Todo é un devenir, nada permanece, nada é absoluto, todo é funcional, ninguén estivo antes eiquí, ninguén estará despois, e a nosa vida pódese ver como unha loita desesperada contra a nada, contra a nada da que vimos e a nada á que imos.
Os materialistas e os idealistas levan séculos en loita dialéctica, prevalece o espírito ou a materia?. A primeiros de século un home xenial veu a iguala-las cousas, cunha simple formula díxonos que masa i enerxía son equivalentes. Que quere dicir isto, que a materia sólida, líquida, e gaseosa son equivalentes á luz, a electricidade, á gravidade...todo canto hai no mundo é reducíbel e transformábel en enerxía nas condicións axeitadas.
O ideal e o material, posiblemente sexan conceptos equivalentes ou polos menos transformables un no outro, no senso de que todo ser en realidade é información, é unha "materialización de datos", unha apariencia, unha construcción atómica que se manifesta e que renova tódolos seus átomos ao longo da vida, é dicir, non está atada a un conxunto concreto destes elementos, é a información que colle forma e "manda" sobre o entorno, unha información que figura momentanemente nunha molécula de ADN, unha información que se constrúe e depende do camiño que percorre, un querer ser por enriba do devir.
Intúo que nada é comprendido sen a súa historia, como pode o carbono ser diamante, antracita, grafito ou unha simple turba. Os que coñecen a "historia" de cada un dos minerais anteditos saben algo deles, pero a súa "historia" só existe na mente deses homes, o pasado xa non está para a materia, a materia só pode ser explicada, só pode ser comprendida, con "información", e sobre todo coa súa historia.
Eiquí reside o valor da honradez, da veracidade, da intuición, da ética, eiquí reside o valor de non enganarse a sí mesmo, é a única vía de atopalo ser das cousas, de aprender algo delas, e de nós mesmos, é a única maneira de vela nosa historia real, é a única maneira de escribila nosa "historia" doutra forma e non cair en eternos círculos de comportamento auto-destructivo.
O día que me dín conta de que a "estupidez" é en realidade unha "debilidade emocional" coma outra calquera, unha construcción vital que non está baseada na veracidade, un castelo no aire, unha estrofa inacabada, un facer sen sentido, quedei en certa paz cos demáis e comigo mesmo. A transmisión de certas crenzas e comportamentos, o sermos na nosa orixe animais de "manada", o terror a soidade, en definitiva, a "historia" agachada debaixo do manto da "normalidade establecida", é o alicerce, tamén, da estupidez.
Somos unha obra inacabada, chea de debilidade, de defectos, de problemas, e seguramente ise é o motor que move o mundo (a falta), sempre queda algo que facer, que mellorar, que resolver. A "propaganda", a "mentira", e o "ruído" poden deixarnos perdidos no tempo, cegos diante do camiño a seguir.