xoves, 10 de outubro de 2024

A NOSA ESPECIE (Harris) - comentarios (3)

 A nosa especie (Marvin Harris) - comentarios (3).

Cando pensamos na evolución (ou en calquera outra cousa), adoitamos pensar de xeito personalista, eu ou alguén coma min evoluciona, meu fillo evoluciona, o meu pai evolucionou..., é algo relacionado, por suposto, co amor por sí mesmo, coa ferida narcisista, e coa realidade cuasi-estática na que transcorre a nosa vida. 

"Deus amate", fala contigo, comunicate con El, comportaste para El, i El amate, chega a darche incluso a Eternidade, noutras versións modernas, sustituese polo "Universo confabula ao teu favor", ou o Universo castígate, ou ti reencarnaste indefinidamente, asi pensa unha gran maioría de nós, e non só pensamos así, impoñemolo ao resto cando podemos.

Creo que a natureza non funciona así, as outras especies de homínidos e tódolos homínidos da nosa  morreron, pero a vida seguiu e os que mellores cualidades tiñan para as condicións en que existiron seguian adiante, non foi unha cuestión de chamarse dunha maneira ou doutra, tales divisións non existian, nós somos o que quedou dese camiño composto de alomenos duas variables ou planos (no noso caso), a evolución natural (xenética) e a evolución cultural. A evolución natural foi moi lenta, afundese no tempo, a evolución cultural, foi moi rápida, explosiva, pero vaiamos ao gran, o gran que deixamos no capitulo anterior (comentarios2) para comprender mellor o que quero dicir.

O cerebro creceu, a quen lle creceu? e felices decimos, a nos (Deus amanos!!, diria o cura), non foi un regalo, foi un accidente, un efecto da variabilidade, e unha transformación que se foi facendo útil na vida deses homínidos e homes modernos, manexaban máis datos, imaxinaban mellor as situacións repetidas, imaxinaban saidas existenciais, incluso tiñan esperanza, fronte a condicións escuras. Apareceu no pobo alguén que sabia facer pan, e ese foi panadeiro. Pero o proceso evolutivo, natural, non distingue especies, nin individuos, é o impulso vital, o desexo de persistir, (poderiamos dicir "a vida") a que determina polo ensaio-morte, o que queda e o que se vai.

Neste caso Harris, indica unha cousa moi curiosa, a necesidade de correr, a necesidade de seguir correndo con carencias de osíxeno provoca que se teñan que duplicar circuitos no cerebro, provoca a longo prazo un vector, necesario para a supervivencia, de crecemento e duplicación neuronal para preservar as funcións cerebrais con baixa osixenación. Unha circunstancia que sentaría as bases para un aumento de capacidade mental deses seres que corrian grandes distancias en persecución de presas polo sistema de esgotamento.



martes, 8 de outubro de 2024

A Nosa Especie (Marvin Harris) - comentarios (2)

Acabada a anterior entrada coa cuestión da perda do pelo na nosa especie. Harris fai fincapé na dialéctica  entre dous males, o cancro de pel (por excesiva insolación), e o calor excesivo. É moi interesante esta situación porque o feito de quedar sen pelo indica que a refrixeración pola sudoración e a exposición directa ao aire foi un factor determinante cara ao que camiñar, isto ao final lévanos a que fomos formidables camiñantes e corredores, seguramente especialistas en perseguir presas ata o esgotamento.

Curiosamente, o indicio da perda de pelo, reforza tamén outros indicios do home cazador, do home que desexaba ser depredador antes que carroñeiro, cara a ese fin fomos desenrolando ferramentas que nos complementaran.

É curioso como  un ser sen virtudes naturais que lle fixeran ser unha especie exitosa (sen necesidade de cambio), fixo desa falta un motor para desenrolar outras cualidades, outras ferramentas, abriu outros camiños laterais, outras posibilidades. O home moderno adoita actitudes opostas, negadoras, somos perfectos, somos a imaxe de Deus, hai que eliminalo disidente, o diferente, cando o fundamento do noso ser, seguramente foi totalmente o contrario.

Pouco a pouco, fomos perdendo pelo, pouco a pouco fomos creando signos e comunicación, pouco a pouco fomos construindo linguaxe, costumes, consciencia de ser, pouco a pouco fomos cara o despegue cultural.

O curioso é que andar de pé puido acabar sendo unha necesidade, pero tamén puido comezar sendo unha condición, unha variabilidade xenética que comezou a operar con éxito ao longo de miles de anos nos homínidos orixinarios porque habia algo que se ganaba. Esta claro que andar coa cabeza levantada, coa visión cara ao horizonte, xa é de por sí liberador, ampíase o campo de visión, e incluso pode axudar a curiosear nese horizonte.

Segundo leo o relato de Harris, faiseme mais patente que as nosas carencias foron o fundamento das nosas virtudes, o proceso de cambio e adaptación foi continuo, o desenrolo dunha mente que é capaz de aprender e imaxinar estratexias foi unha ferramenta necesaria, ou ao mellor convinte. O cambio continuo ante o entorno estableceuse como unha característica que nos axudou desde as nosas orixes a construilo noso mundo, tal é así que unha vez que construimolo entorno cultural, esta capacidade de cambio e adaptación foise potenciando.

....pero qué foi antes a ampliación mental, ou a necesidade de ampliación (o desexo)?, creceu o cerebro casualmente ou o desexo levou a escoller individuos co cerebro cada vez máis grande?