 |
PEAK-OIL ASPO |
A vida humana constrúese sobre o sistema de valores que manexa cada persoa. Eses pensamentos teñen un voo tan delicado coma o das volvoretas e deles todo nace, coma do sombreiro dun mago. Estas "ideas" son as que ao final nos fan tomar decisión e crean mundos.
Na modernidade vivimos máis ou menos dominados por esa idea de que "o que ten cartos é alguén, e si non os tes non es ninguén". Sempre se entendeu ao longo da Historia que os que tiñan riqueza erán persoas moi importantes, incluso o Cristianismo virou para estar sempre preto da riqueza e do poder e sumar prexuizos na mesma dirección.
Hoxe en día creo que o diñeiro vese (de forma xenérica) como o único valor que crea as distancias, que crea mundos.
Pasa algo parecido co poder, a persoa con máis visión, intelixencia e capacidade para o ben común debería estar chamada a ter "poder de decisión", pero da a sensación de que ese "valor" non é necesario, é dicir, as cousas fanse a inversa, a estructura de poder (ou partido) buscando a súa pervivencia e estabilidade escolle persoas corais, sen pensamento propio, sen perspectiva propia. Esa persoa ao ser investida de "poder" pasa a considerarse simbolicamente como "valiosa" ou que ten "valor". Venme a cabeza ese chiste do rapaz, na época da mili obrigatoria, que chega vestido de xeneral a casa e a nai dille "pero, xa te fixeron xeneral", e o rapaz contesta "si esperas a que te fagan". Hoxe en día todo se pode arranxar cunha boa campaña publicitaria, un apoio incondicional da túa manada parlamentaria e un seguimento fiel aos ideais do mercado.
Ao que ia, teño a sensación de que vivimos nunha especie de baleiro narcisista, de espellos, pantallas de plasma de 50", teléfonos móbiles, nunha sociedade que un famoso sociólogo moderno Zygmunt Bauman describe como "mundo líquido", referíndose tamén, por suposto, á vida persoal de cada un de nós, na que os traballos son temporais ou non son, as relacións son temporais, os amigos desaparecen unha vez que deixas a actividade onde estabas...é dicir, nada é sólido, nada é para sempre, non hai ningunha estructura que te ampare, case nada é aceptado por todos. Estamos nunha sociedade que pode sentirse coma un líquido sen forma, que dificulta moito saber cara a onde imos ou que imos facer. Recordo aquel anuncio de Bruce Lee onde dicía "be water, my friend", tal cual, non se pode ser ninguén particular, porque en pouco tempo estás caducado e xa non sirves, xa non eres "guai", a xente ten un medo terrible a escoller, pegamonos ao televexo para que nos resposte a onde imos, qué somos ou qué debemos ser, qué se leva por fora e por dentro.
Formamos parte deste líquido, deixamos que a sociedade no seu conxunto camiñe dominada por uns "gurus do libremercado" instalados neses ideais tan mitificados que xa ninguén pon en dúbida; "o mundo non ten limites", "o mercado solucionao todo" e "o progreso é imparable".
Centrándose un na idea "o mundo non ten límites", as solucións son fáciles, simplemente con traballar máis e organizarnos mellor teremos máis riqueza, haberá máis beneficios a repartir, todo o mundo chegará ao soño occidental, etc.. Xa nos setenta avisábase en concienzudos estudios do erro desta hipótese, o crecemento universal apoiado no consumo indiscriminado de recursos levanos ao seu agotamento.
É unha simple idea, pero que describe axeitadamente a realidade; "o mundo é finito", hai unha cantidade limitada de recursos minerais, agás os renovábeis que básicamente son subproductos da radiación solar.
Por outra banda as teorias do libre mercado ven con bos ollos unha superpoboación, máis persoas, máis consumo, máis competencia polo traballo, e moitos máis beneficios, e así a humanidade crece e crece en tamaño, como si fosemos descobrir outro continente nalgures.
E aquí nos atopamos no centro dunha terrible avalancha, o sistema económico necesita crecer para repartir traballo e riqueza, para darlle unha vida a cada persoa, e por outra banda o número de persoas non para de crecer, pasando xa de 7.000 millóns. E que temos diante nosa para poder satisfacer esta demanda?, un sistema finito, que se pode discutir si é máis grande ou pequeno, pero que non é ilimitado. Xa desde hai algúns séculos acéptase por case todo o mundo, agás polos economistas, que a Terra é redonda.
Os organismos centrados no análise enerxético (Axencia Internacional da Enerxía), a NASA e incluso xa algunhas petroleiras recoñecen que xa pasamola máxima producción posible de petroleo convencional (Peak oil) entre o ano 2005 e 2010, e tamén se está achegando a máxima producción conxunta de petróleo e gas natural.
Todo indica que a chamada "crise" na que estamos metidos non é tal, máis ben trátase dunha primeira tensión, dunha primeira advertencia do noso acelerador de que a máquina non da máis de sí, pode mantela velocidade non se sabe cantos anos, pero estamos nunha meseta que nos vai levar a unha costa de baixada e máis cedo que tarde a unha diversidade enorme de estatexias para irmonos adaptando á nova situación de excaseza de recursos i enerxía (decrecemento), entre elas tamén está a de deixarnos ir a toda máquina ata un final impredecibel (colapso).
NOTA 1:
Para máIs información sobre o peak oil e o problema do crecemento exponencial (en castelán):
http://www.crisisenergetica.org/
http://crashoil.blogspot.com/
http://www.decrecimiento.info/
O podcast "Radioactividad" [http://is.gd/radioactividad] do Colectivo Burbuja: http://www.colectivoburbuja.org
No facebook:
https://www.facebook.com/groups/colap... - Colapso
https://www.facebook.com/groups/18088... - NeoRuralia
https://www.facebook.com/groups/15709... - Debate sobre la energía
https://www.facebook.com/groups/36550... - Decrecimiento
Hai unha asociación en Galicia que ten unha páxina Web con moita información http://www.vesperadenada.org e ademáis editou unha guía para a era post-petróleo.
NOTA 2:
É normal que ignores isto ou o poñas en dúbida, eu mesmo que o escribo e o leo a miúdo ignoroo de maneira natural. Por sorte ou desgraza, o ser humán ten unha xigantesca capacidade de esquecemento, eu saio fora da casa, vexo o sol, a herba e as árbores no seu sitio e dígome "non pode ser".
Pero, por si damos algo de creto aos datos dos máis concienzudos e honrados científicos, non é mala guía para os pais que eduquemolos nosos fillos no amor á terra (deixando que os nenos se manchen), á vida sinxela, á natureza, e ao traballo manual. Unha das saídas máis potentes que vai vir no futuro será o retorno á economía de subsistencia e a unha vida máis lenta, con menos recursos, menos combustibles para moverse, e máis necesidade de estructuras colectivas locais. Toda a xente que está construíndo asociacións no entorno rural está a facer un gran traballo para o futuro.
Por outra banda, retornará o valor de tódolos coñecementos prácticos e adquiridos nestes anos, e sobre todo dos que sirvan para subsistir sen uso de enerxía de orixe fósil ou eléctrica (mantemento de alimentos perecedeiros, cultivo, etc...)
Sei que aínda estamos no apoxeo da cultura do consumismo, do pijismo, do desprezo polo rural, e polo traballo manual, do desprezo pola vida lenta e sinxela, e da sobrevaloración esaxerada da vida en suburbios urbáns, pero ir "un pouco" na contra disto non estaría mal, unha de cal e outra de area de momento, para que nosos fillos vexan outras posibilidades. Seria bó non ir coma os burros polo camiño único que xa ten os seus anos contados.
Os libros en papel tamén van ser moi útiles para o futuro, unha das primeiras cousas que caerá será a economía de escala, provocando a morte de todo o sistema tecnolóxico a baixo custe que temos montado. Nós podemos escapar, pero nosos fillos van vivir toda a súa vida nun decrecemento continuo de recursos e riqueza, parece ser que por primeira vez na historia vai ser certo aquilo de que "nosos pais vivian mellor".