A miudo non entendo que é isto chamado arte hoxe en día, "unha merda de can nun penico", "unha navalla xigante", "pelos do cú cravados nunha laranxa", "unha tela negra colgada dun platano cunha pantalla onde se expón un video porno"...podería seguir, seguro que si tivera o padriño axeitado podería ter unha gran carreira no arte moderno.
A miúdo dubido, si todo é arte, e o arte e a merda case non se distinguen hoxe en día, e recordando a Aristóteles, (o grego, non a Onasis, polo tema da lóxica), entón todo o arte é unha merda no medio do camiño da Historia, pois creo que non, creo hai vida máis alá do puñeteiro mercadeo.
Eu son un pouco reticente a estructurar certas cousas. Por exemplo, gustame o viño, probar viños, non acabar bébedo tódolos días cos cartóns de supermercado, senon acabar bébedo de vez en cando con viños un pouco máis sustanciosos. Pois ben, non merco libros, nin vou a cursos para "educalo" meu gusto, eu béboo e si me gusta, repito máis veces e si non me gusta, agardo a que me esqueza da marca e volvoo probar outro día. Neste terreo vaime ben non me saturo nin me extreso.
![]() |
"Muller e neno" de Gustav Klimt |
Pois co Arte decidín facer algo similar, non me aprendo clasificacións, nin me rompo á cabeza moito, trato de miralo cadro, ou a obra, e ver si me gusta, e atopo cousas que me parecen "valiosas", non me preocupa definilo pero gústame recoñecer "o regalo" que fixeron os seus autores.
O Arte, creo que hai que contemplalo, e non hai que darlle moitas voltas, non hai que manosealo moito, creo que lle pasa un pouco como ao electrón si o queres pór nun sitio "determinado" non podes pretender saber si veu a velocidade da luz ou en taxi.
"O obxecto artístico" é algo tan subxectivo que depende de cada un consideralo como "arte", tanto pola parte do autor como pola parte do observador.
A definición de "Arte" dada pola R.A.G. é "Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas". Esta claro que pola definición cabe todo, incluso sobre a "realidade" non hai dúas visións iguais, canto máis do que pode considerarse "estético". A Wikipedia inclúe outra finalidade "a comunicativa", co cal a definición volvese aínda máis e máis ampla.
Encantame contemplalas obras de Klimt, ou de Modigliani, e resultame dificil mesturalas conceptualmente coa "merda nun penico", non creo que haxa que leva-la democracia ata eses extremos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario