martes, 19 de abril de 2011

30.000 ANOS

Segundo dín os biologos e antropólogos, si colocaramos un recén nado nunha sociedade da Idade de Pedra, desenrolariase como un máis, sen ningún tipo de diferencia. Do mesmo xeito, se un neno da Idade de Pedra fose educado na sociedade actual sería igual ca nós.

En 30.000 anos a evolución é insignificante, pero mentalmente pasan cousas que nos fan cambiar. A experiencia e a memoria, os coñecementos acumulados ao longo do tempo, separan a Idade de Pedra da Idade Actual.

Foi a grabación e a difusión dos coñecementos adquiridos, á causa que provocou a evolución do pensamento, e do coñecemento, foi a que provocou a evolución mental. Cando algún mandatario Nazi dicía que cando oía a palabra "cultura" botaba man da súa pistola, sabía ben de que falaba.

Creo que se pode dicir que todo sistema "establecido" de ideas que crea unha orde determinada, provoca un reparto de poder e riqueza determinado, e acaba creando unha resistencia contra a difusión e a ampliación dos coñecementos sobre o Mundo.

Non nos interesa o que contradiga a nosa fé, miramos para outro lado sempre que se poida.

Parece que ímos subindo escalóns a medida que aumenta a nosa consciencia da realidade. Pero cando non se mantén a transmisión de coñecemento, segundo parece, caímos outra vez na escuridade do pasado.

A sociedade debería ser sempre "aberta", e Internet parece unha boa vía para acceder a coñecementos "contrastados" de forma LIBRE, pero creo que de momento prima o "mercadeo", a "especulación ideolóxica" e a "intoxicación informativa".

Tal vez sexa unha forma de "resistencia" contra un novo pulo no coñecemento, que pode por en dúbida a orde previamente creada. Quizais o modelo social que creou Internet ten dúbidas sobre si é positivo ou negativo para a súa propia subsistencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario