Cada vez sorprendeme máis o que non sei. Aprendín un monte de conveniencias artificiais para sobrevivir pero non estou seguro de que teñan moito valor a meirande parte delas. A este respecto é incríbel o convinte e útil que é a miúdo ser verdadeiramente irracional para ir tirando.
Síntome agradecido a tódos aqueles que non se deixaron amedrentar, e pouco a pouco foron conseguindo dar algo de luz na primitiva escuridade. Cando se prende a luz, lóxicamente aparecen innumerabeis preguntas que non sabemos respostar, e ante isto collen todo tipo de actitudes.
Fronte ao terror dun Deus intervencionista e castigador, fronte ao sofrimento de sentila mente esnaquizada polo medo ao inferno, á tortura, ou a chantaxe emocional...a posibilidade de vivir sen medo a unha intervención "grotesca" na miña existencia é moi atractiva.
Neste caderno vou a ir apuntando e desenrolando tódalas ideas orixinais e aprendidas ao longo do tempo no que teña folgos para escribir, para darlles unha volta máis, compartilas con quen queira lelas, e axudarme a min mesmo a rescatar algo de luz na invasión de datos que nos asulaga tódolos días.
Cando as cousas van ben, todo é coma un mar en calma nun día despexado, máis cando se torcen e vas directo á tormenta, ao cruce dos ventos, fai falla moita forza para volver a topa-lo camiño.
Cando as cousas van ben, todo é coma un mar en calma nun día despexado, máis cando se torcen e vas directo á tormenta, ao cruce dos ventos, fai falla moita forza para volver a topa-lo camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario