A nosa especie (Marvin Harris) - comentarios (3).
Cando pensamos na evolución (ou en calquera outra cousa), adoitamos pensar de xeito personalista, eu ou alguén coma min evoluciona, meu fillo evoluciona, o meu pai evolucionou..., é algo relacionado, por suposto, co amor por sí mesmo, coa ferida narcisista, e coa realidade cuasi-estática na que transcorre a nosa vida.
"Deus amate", fala contigo, comunicate con El, comportaste para El, i El amate, chega a darche incluso a Eternidade, noutras versións modernas, sustituese polo "Universo confabula ao teu favor", ou o Universo castígate, ou ti reencarnaste indefinidamente, asi pensa unha gran maioría de nós, e non só pensamos así, impoñemolo ao resto cando podemos.
Creo que a natureza non funciona así, as outras especies de homínidos e tódolos homínidos da nosa morreron, pero a vida seguiu e os que mellores cualidades tiñan para as condicións en que existiron seguian adiante, non foi unha cuestión de chamarse dunha maneira ou doutra, tales divisións non existian, nós somos o que quedou dese camiño composto de alomenos duas variables ou planos (no noso caso), a evolución natural (xenética) e a evolución cultural. A evolución natural foi moi lenta, afundese no tempo, a evolución cultural, foi moi rápida, explosiva, pero vaiamos ao gran, o gran que deixamos no capitulo anterior (comentarios2) para comprender mellor o que quero dicir.
O cerebro creceu, a quen lle creceu? e felices decimos, a nos (Deus amanos!!, diria o cura), non foi un regalo, foi un accidente, un efecto da variabilidade, e unha transformación que se foi facendo útil na vida deses homínidos e homes modernos, manexaban máis datos, imaxinaban mellor as situacións repetidas, imaxinaban saidas existenciais, incluso tiñan esperanza, fronte a condicións escuras. Apareceu no pobo alguén que sabia facer pan, e ese foi panadeiro. Pero o proceso evolutivo, natural, non distingue especies, nin individuos, é o impulso vital, o desexo de persistir, (poderiamos dicir "a vida") a que determina polo ensaio-morte, o que queda e o que se vai.
Neste caso Harris, indica unha cousa moi curiosa, a necesidade de correr, a necesidade de seguir correndo con carencias de osíxeno provoca que se teñan que duplicar circuitos no cerebro, provoca a longo prazo un vector, necesario para a supervivencia, de crecemento e duplicación neuronal para preservar as funcións cerebrais con baixa osixenación. Unha circunstancia que sentaría as bases para un aumento de capacidade mental deses seres que corrian grandes distancias en persecución de presas polo sistema de esgotamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario