martes, 18 de novembro de 2014

Devenir, inercia, ser

Pintor: Gustav Klimt.
A enerxía e a materia non é nada determinado, non é algo que saibamos o que é, non coñecemola súa natureza profunda, movemos mil conceptos da nosa realidade macroscópica, e logo chegamos ao cuántico e perdemonos en palabrotas que non temos nin idea que son. Quén pode dicir que é un electrón ou un fotón?, ninguén, podemos dicir como se comporta un fotón, podemos dicir como vai evolucionar un sistema de cousas cando se deixa libre, pero aí acaba todo.

Sabemos que a auga ten que caer, decimos que ten un estado de enerxía elevado porque ten que caer, pero en realidade só sabemos que hai un fenomeno de caída da auga, hai unha fenomenoloxía cuantificable.

En realidade o que pasa é unicamente a realización da "inercia do mundo material", a realización da tendencia propia do mundo. Dicimos que a auga cae pola gravedade terrestre, pero non sabemos que é iso, sabemos que hai un comportamento propio de todo aquilo que ten masa, un devenir a curto prazo xa marcado, pero nin sequera sabemolo que é masa, facemos trampa e dicimos que masa é o que se ve afectado pola gravedade. Hai unha flecha do tempo, pero o tempo non sabemos que é, simplemente somos conscientes de que as cousas cambian.

Pero a vida escapa dese devenir marcado, é algo que se escapa desa vontade, aproveitase dela, absorve toda a inercia e nutrientes que necesita, construese aproveitandose desa inercia pero non obedece a unha lei ríxida, a vida reinventase, crease a si mesma,  muta, non se comporta como a auga que cae, multiplicase, diverxe, xoga aos dados con infinitas realizacións, e sempre consegue que algo funcione porque ven ao mundo espida e vaise transmitindo a súa experiencia ao que queda.

Un filósofo díxoo dunha maneira fermosa, "todo o que pode ser é". 

Por qué estamos aquí? ao mellor a pregunta é estúpida, humana no sentido máis egoista da nosa especie, implica a preexistencia dunha razón humana, dun papá, máis alá de todo o que vemos. Somos unha posibilidade que existe, probable, polo tanto ten que darse así ou de forma parecida.

Para qué? a vida existe, o individuo que a posúe ten que decidir qué facer con ela, ten que buscalo seu propio sentido, non hai nada superior a él.

Dito doutra maneira si non hai un porqué, un ser consciente podería verse indefenso, impotente, diminuto, véndose nacer espido no mundo, fronte a esa inmensidade inercial do mundo, podería inventar papás, destinos marabillosos, orixes incríbles, e ter uns sentimentos como os que aparecen na literatura e historia humanas. A falta explica todo o que somos, todo o que facemos, todo o que pensamos.

A vida agarrase desesperada á existencia, pelexando contra a desaparición, facendo todo o que sexa necesario, cunha forza brutal para escapar desa disolución nun inabarcable universo de materia sen vida.

Tal vez iso explique que cando temos inmensos excedentes, nos volvamos estúpidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario