Hoxe non puiden durmir, tiven un pesadelo inquedante, recuperabase a "Guillotina" en aplicación do novo Real Decreto-Lei para unha máis perfecta alienación emocional.
Así sen máis ían pasando unha detrás doutra, nun devalar ininterrompido, miles e miles de submisas persoas.
Baixaban a escaleira da Gillotina sen cabeza, pero nembargantes tódalas súas funcións motoras seguian intactas, o mundo seguía funcionando, ¿para qué ou para quén?.
Para nada e para ninguén, era mellor así, total si o destino xa estaba escrito ¿para qué as cabezas? qué sofrimento máis inútil, cunha mecanización dos movementos axeitada "todo seguiría igual" e reduciríase a cero a conflictividade social.

Ningún comentario:
Publicar un comentario