martes, 27 de decembro de 2011

No sentido inverso.

Estamos nunha situación sen volta atrás, o modelo económito construído no último século derrúbase. Si se mira máis no fondo do asunto o que de verdade se derruba é o pensamento construido para soportar e xustificar un sistema de reparto da riqueza, e de explotación do medio. Algunhas das hipóteses iniciais estaban erradas:

  • Os recursos naturais, tanto materia prima como combustíbeis fósiles non son infinitos.
  • O que lles pase aos demáis importa. Aceptar a miseria e a ignorancia noutras partes do mundo seguirá traendo malas noticias para todos, aínda que inicialmente sirva para venderlles armas i expolialos seus recursos.
  • A capacidade de asimilación da atmosfera-océanos non é infinita, noutras palabras non somos tan insignificantes na Terra, temos unha capacidade de impacto significativa, incluso na temperatura. 
  • Matar un rinoceronte no cú do mundo para pola súa cabeza na parede, ten un impacto medioambiental, i emocional para todos a medio ou longo prazo.

Nas cidades vaise camiño de perdela luz do sol, os nenos van camiño de perder de vista de onde veñen, contaranlles mentiras, verdades a medias, faranse conformistas e o tempo irá pasando, convertiranse na masa inerte que convirte a sociedade nun cárcere colectivo, a neurose será un carreiro moi usado, dando voltas unha e outra vez no mesmo sitio.

A solución non será inmediata, porque a solución sempre sae da inocencia, da verdade, do amor que flue na xente honrada á que lles importa a beleza do equilibrio, a existencia de todolos seres.

Isto é ben sabido nos inmensos pantanos e xa van os boitres en dirección aos colexios para evitalo. 

Rir a gargalladas.

O meu fillo xa pasou dos cinco meses, xa ten bastante habilidade coas máns e desde hai xa dous meses sorrí a miúdo. Todo o vai aprendendo a partires dunha mente cada vez máis estimulada e desenrolada. O que me sorprende e me produce máis ledicia son os momentos nos que rí as gargalladas, cun son inocente e magnético, ante cousas que lle sorprenden ou lle resultan graciosas. Ante isto que se pode dicir, a vida crea os seus propios valores, as súas propias retribucións.

Outro aspecto sorprendente de rir as gargalladas con esa inocencia, e ledicia é que isto xa ven de fábrica, xa está no ser que nace, tanto no meu fillo como en tódolos que naceron desde hai moitos miles de anos. Esa inocencia que ven nos nosos xéns, esa capacidade de sorprendernos, de descubrir cousas que nos fan "gracia", a simpatía, a empatía, esas cousas que non poden ser trocadas por un monótono devalar de ideas racionais, ou por un sistema de presión construido sobre o illamento social dos que ven por sí mesmos. É triste o que se fixo con esta sustancia do noso ser ao longo da nosa historia, como se preferiu a dor e a guerra, sobre a simpatía e a convivencia.

Esa inocencia innata que todos traemos está máis preto da verdade que toda a enmerdada pantomima que lles agarda, por iso creo que hai que educar propondo hipóteses pero non impondo verdades a medias. Si de esa inocencia orixinal chega algo á madurez o mundo irá mellor.

Hai que deixar a ventana da mente aberta, fainos falla o aire fresco das mañáns de cando en vez.

martes, 13 de decembro de 2011

Como Deuses.

O intocable xerarca que non ten que responder ante ninguén fai da súa vontade a vontade divina, e da súa necesidade algo absoluto.

Creo que todos nos, do mesmo xeito, ao vernos como "a especie superior", vemonos case como deuses fronte aos nosos irmáns xenétivos, podemos utilizalos, sacrificalos, maltratalos e usalos como nos praza.

Cando pomos en dúbida sela "cima indiscutible do Universo", e comezamos a pensar na posibilidade de que outra especie, ou parte "desta" (cousa que pasa a miúdo) se sinta "superior" e nos use do mesmo xeito, como un "recurso", aproveitándose das nosas carencias, como un consumible para a súa vanidade, ou para a súa omnipotencia, comezamos a decatarnos do violenta que é a nosa actitude.

Porse na pel dos outros é moi san para velo que estamos facendo, ou permitindo facer en moitos casos. É dificil facer cadrar conceptos como humanidade, empatía, ou persoa coa visión de outros grandes mamíferos enxaulados e medio tolos nos zoos das cidades, e non falemos xa do sacrificio de touros nas prazas públicas para diversión do personal, sen dúbida un espectáculo moi pedagóxico para os nenos.

Cousas como estas reflexan o longo camiño que nos queda. Si non somos capaces de controlalo poder que temos sobre outros seres moi achegados xeneticamente, como imos ser quen de conseguilo control da enerxía nuclear, o cambio climático, a destrucción de recursos naturais ou o reparto da riqueza.


Acumulación de enerxía eléctrica.

O sistema eléctrico actual ten un punto fraco que lle impide ter flexibilidade fronte a recursos enerxéticos variabeis no tempo, "non permite a acumulación de enerxía de forma masiva".

Necesitamos aproveitalos recursos cando se presentan, e non hai demanda.
  • O vento cando sopra.
  • Os raios atmosféricos cando aparecen.
  • As ondas do mar cando se producen.
  • As mareas.
  • A radiación solar.

O sistema de acumulación debe ser de baixo volume e masa por unidade enerxética acumulada, barato, non contaminante e que dure moito tempo. Debería ser "distribuido"; en toda instalación de consumo debería haber unidades de acumulación, ademáis de centralizada parcialmente nos puntos de xeración masiva.

Sorprendeme que non se destinen recursos a resolver esta pedra angular para o futuro das enerxías renovábeis.  

Abririase un inmenso mercado, e accederiamos a unha enerxía case sen fin, e sen prexuizo para as xeracións futuras.

Ademáis resolveriamos o problema da mobilidae, xa que o problema que teñen os coches eléctricos ten que ver con esta carencia na tecnoloxía. Calquera podería cargalo acumulador do coche e circular unha distancia similar á actual ou superior.

A autoproducción eléctrica fotovoltaica ou eólica iriase achegando máis á rendibilidade económica necesaria,  xa que actualmente vese ancorada na baixa fiabilidade das baterias.

De tódalas maneiras un sistema distribuido de xeración entra en conflito co "sistema actual", onde alguén ten que ser o posuidor do recurso centralizado para vendelo aos demáis.

Ogalla que o obxectivo sexa resolvelo problema, e non que a solución faga que nada cambie.

martes, 22 de novembro de 2011

Un parlamento con voto proporcional

Se a Lei Electoral fora proporcional esta é a configuración que resultaria no Parlamento. Loxicamente a Lei actual favorece a acumulación de poder nos partidos maioritarios, é unha Lei feita para o bipartidismo, e para favorecer a "gobernabilidade" antes que a "representación" precisa da vontade do pobo.

Igual estamos nunha aplicación parcial daquel principio do despotismo "todo para o pobo pero sen o pobo".

E ainda faltaria a representación do voto nulo, en blanco e do non-voto, que deberian contar nunha representación precisa da vontade que "emana" do pobo.

Como representantes  dos non-votantes podiase por deputados aborrecidos xogando aos marcianiños, anarquistas facendo cortes de manga, amas de casa en mandilón limpando as butacas, pasotas arrotando de cotío tirados na butaca e vendo un partido nunha pequena pantalla do seu sillón, namentras as súas señorias falan de conxelarse "por xenerosidade e responsabilidade" o seu soldo este ano, ou de eliminala paga extra dos traballadores máis desfavoreciddos para asemellarse máis a China, ou de non axudar aos dependentes pola súa baixa productividade.

Isto recordame o chiste dos seis que ían nunha piragüa, catro directivos e dous remeiros, e acaban despedindo a un remeiro porque a cousa non ía ben, non avanzaban.



sábado, 12 de novembro de 2011

¿A onde vas neutrino?

Fai unhas semanas saiu a noticia de que o neutrino superaba a velocidade da luz. Segundo parece é bastante probabel que se descobra algún erro e sexa rexeitada a proposición que tira abaixo nada máis e nada menos que a teoría da relatividade de Einstein.

Unha das razóns de sentido común para que o ensaio sexa incorrecto é que o neutrino ten algo de masa, e o fotón non ten ningunha masa, polo que a resistencia inercial ao cambio de velocidade deste último é nula.

A teoría da relatividade acheganos a unha visión do tempo relativa, segundo afirman os divulgadores científicos. Unha persoa voando preto da velocidade da luz vería pasar unhas poucas horas, e outra sobre a Terra, poñamos por caso, vería pasar días ou incluso anos.

Visto isto, parecería que para un viaxe preto da velocidade da luz habería colas kilométricas de millonarios dispostos a conseguir o soño que os convertiría en divinos, a inmortalidade.

Pois non lles iría moi ben, creo eu. Viaxarían ao futuro iso sí, pero na viaxe únicamente terían vivencias moi limitadas no tempo (vivencias de unhas poucas horas) e posiblemente o único que chegara foran as súas partículas subatómicas.

Que o tempo sexa relativo implica que nunha nave onde só pasen unhas horas só teras vivencias de unhas horas, tomarte un bocadillo e ver unha película. Chegaras novo ao destino pero en realidade teras unha experiencia de unhas horas. O que quedou na Terra, será máis vello, pero viviu experiencias propias dun ano (a vida cotián, naceu un fillo, creceu e xa fala, etc...).

En resume a vida humana está composta de vivencias, que non aumentan si nos imos nunha nave espacial a visitar Plutón preto da velocidade da luz. Ainda que sí, poderíamos vivila experiencia de viaxar ao futuro e vivir o que nos quede de vida nese novo tempo.

Non poderiamos voltar ao pasado, os nosos seres queridos ao mellor xa non estarían, e o mundo que coñeciamos seria diferente.


venres, 11 de novembro de 2011

A Mente

Partindo do que escribín no artigo "o tempo" pretendo escribir algo sobre a mente á miña maneira. .

"O pasado non existe", escribín alí. Supoño que calquera que lea isto pode optar por varias actitudes para enfrontarse a isto.

Si estas pensando que "este tio perdeu a "chaveta", debe estar ingresado  e aconsellaronlle airear as súas ideas", podo dicir que ainda me deixan circular ao aire libre.

Tamén poderías pensar que "coa crise económica este está a preparalo camiño para non pagalas facturas que debe", de momento paguei tódalas facturas.

A ver si me explico. Creo que o tempo non é como un queixo onde un pode corter máis adiante ou máis atrás, e sempre está ahí. Creo que é algo puramente mental, propio da nosa mente.

Tódalas partículas atómicas e subatómicas que nos forman están ahí, no mundo, nun perpétuo movemento, nun perpétuo devenir. Non se sabe moi ben que son estas partículas, porque non podemos acceder á realidade en sí mesma, só dispomos dos efectos que esta produce nos nosos sentidos, que por outra banda están construidos pola mesma "inaccesible materia".

O "agora" é un momento de ese devenir, é o momento "real", "inmediato" i en realidade o único que existe. Eu pódome comer un bocadillo "agora", pero non o podo comer "onte", nin "mañán". O agora é o sitio que están ocupando as cousas neste preciso momento, só temos constancia do chamado "paso do tempo" porque as cousas cambian de sitio, de forma, de tamaño, de aspecto e aparecenos na mente unha "pelicula" da realidade construida coa nosa memoria inmediata, de medio e longo prazo.

Calquera momento do pasado é unha relación espacial entre tódalas particulas existentes no mundo, nós mesmos somos unha ordenación material que vai cambiando pero que deixa un poso, unha consciencia de como é ese devenir.

O pasado só existe na nosa mente. Xa non está nin volverá. Construiremos quizáis outra posición das cousas máis ou menos semellante, pero será outro presente, non aquel "estado de cousas que se deron naquel intre".

A mente captura o devenir da apariencia das cousas, i ela mesma é froito dese devenir. Algo hai atrapado na materia, que se manifesta cunha paciencia milenaria, que se recrea na súa propia construción.

Posiblemente non sexa só un "algo", senon alomenos dous "algo" que se contradín e se complementan.

Posiblemente non teña ningún obxectivo, pero existen, son reais, existen para sempre.

Supoño que a nosa mente é froito de esas "forzas", supoño que é o seu produto máis elaborado, polo menos  aquí, e por este "agora".

martes, 11 de outubro de 2011

20N

A democracia esta presa polo capital. Organismos puramente económicos toman decisións políticas, quitan dereitos i envian as conquistas centenarias dos máis humildes ao lixo, cambian unha Constitución ata o de agora intocable, e comezan a tocala música do "tanto tes tanto eres".

Sen dúbida algunha iremos cara aos Estados Unidos de Europa, e os Bancos e as Grandes Corporacións xa van preparando a constitución. 

Hai principios básicos para mín nunha sociedade que pretenda ser algo máis que unha granxa de consumidores, ou unha fábrica de autómatas:
  • Todo neno ten dereito a unha educación aberta, gratuita e de calidade, independentemente do diñeiro que posúan seus pais. Os feixistas que tratan de privatizalo coñecemento son os mesmos que queimaron aos que tentaban abrilas fiestras da nosa mente.
  • Toda persoa aínda que non teña diñeiro ten dereito a ser atendida pola Sanidade Pública con toda a calidade posible nese intre (non vale combatelo cancro con aspirinas, e dicir "iso é todo o que podíamos facer"). Os grandes investigadores non traballaron para curalos ricos, senon para darlle a toda persoa a posibilidade dunha vida mellor.
Si estas dúas columnas centrais non se respeitan, e se reduce todo a "si tes diñeiro estudias", e "si tes diñeiro eres curado",  iremos cara a :

  • Facer unha élite ou clase con diñeiro que podera formalos seus fillos e manterse nun "estatus" dominante xeración tras xeración.
  • Darlle as empresas un poder absoluto sobre o destino das personas, e dos seus fillos, simplemente polo feito de controlalos seus ingresos.
  • Como estas empresas van pertencer á clase con diñeiro e formación, o ciclo estará pechado, iremos cara unha sociedade pirámidal e aparentemente libre pero co "destino" xa establecido por nacemento.

"La Derecha Nacionalcatólica" ten claro este obxectivo, e "La Izquierda Centrada" aceptou un "marco de traballo" baseado na Globalización Económica sen ter en conta ningún valor humano, máis ben unha conversión de tódolos valores á diñeiro, quedando atrapada en traxes de seda, pisos de luxo, iates, e un discurso simplón nos días anteriores as eleccións.

Si se abandonan os dereitos básicos das persoas por enriba do diñeiro camiñamos cara a recuperación das sociedades do pasado.

Como se di pola miña terra "a vaca co vicio dá co corno no cú".

xoves, 6 de outubro de 2011

O que nos une

Durante moitos anos busquei algo que se puidera considerar "a resposta" as preguntas que me facía, pero o que atopei ata o día de hoxe é unha ventana aberta que non se pode pechar porque nos pode matala falla de aire.

O método científico aplicado ao cosmos levou ata o momento presente á mesma ignorancia sobre as preguntas fundamentais de sempre,  non se sabe moi ben que había antes de comezalo devenir temporal, non se sabe si o universo é finito ou infinito, non se sabe si é único ou multiple, non se sabe para qué estamos aquí despois de millóns de anos de evolución da vida e do cosmos.

Ese misterio do ser une a tódolos seres humanos. Cada individuo ten dereito a responderse a sí mesmo pero non ten dereito a impor algo indemostrable ao outro. Cando para impor unha verdade ameazase con algún tipo de dano, dificilmente pode ser unha resposta fiable.

Frecuentemente "as respostas" a estas preguntas son un motivo para a conquista, para o poder, para exercer un dominio, para establecer un control férreo sobre a mente dos demáis. Como dixeron moitos estrategas ao longo da historia, necesitamos unha "excusa" para iniciar esta conquista.

Esas preguntas non se poden respostar de maneira infantil, permitennos investigar, aprender máis de nos mesmos, ser tolerantes, comprender a nosa debilidade, a nosa vanidade e deixanos liberdade para construilo noso destino.

Creo que cada un pode responderse a sí mesmo o que queira, pero sendo consciente de que él o que pecha a ventana.

Desgrazadamente os iluminados seguen entrando por esa ventana ao corazón dos nenos, pechandoos con grosas cadeas que arrastraran penosamente durante toda a súa vida.

mércores, 5 de outubro de 2011

Eses vellos deuses que queren voltar.

Creamos deuses á nosa imaxe e semellanza, hoxe en día ainda hai moitas persoas que cren no deus xusticieiro e vengativo do antigo testamento, persoas que soen acabar topando un "pecado", ou unha "diferencia" pola que crucificar aos demáis ou a sí mesmos.

Estes grupos queren colocalo seu deus vengativo nas Escolas, no Parlamento e na Xustiza, e converter en "absoluta" a súa fantasia.

Non se sabe si existe deus, de existir non se sabe como é, non se sabe o que pensa, non se sabe o que quere, o que responde a isto respóndese a si mesmo.

Cada un é moi libre de responderse a a si mesmo como queira, cun sistema sadomasoquista se o desexa, pero non ten ningún dereito a imporllo aos demais.

A nosa capacidade de asombro, o misterio do descoñecido, esa dificultade insalvable de non sabelo todo, está no máis profundo da nosa existencia, ogalla que non permitamos que sexa arrasado de novo pola "barbarie" das antigas cadeas.

luns, 26 de setembro de 2011

A sorte no futbol

Falando do futbol serio, ese no que parece que se decide algo si gana un equipo ou o outro, ou si un queda na clasificación máis arriba ou abaixo. Tratase dun xogo colectivo, pero tamén individual porque necesita das aportacións das habilidades de cada xogador, incluindo imaxinación, intelixencia, táctica, forza, calidade técnica, seguridade, responsabilidade, ambición, e liderado.

Sendo un xogo tan serio aparecen como na vida Deuses axudando a uns e perxudicando a outros. Moitos xogadores rezanlle a Alá, a Deus, a Yavé, ou a Jehová, como se estes Deuses non tiveran nada mellor que farcer un sábado pola tarde que ver un Extremadura-Levante. Si se tratara dunha final do Campionato do Mundo ainda se entende, soe ser unha data máis sinalada no calendario e poida que lle interese aos do maís alá definir quen é máis merecedor da gloria.

Tamén, relacionado coa parte máis eterea do futbol, aparece entre os motivos da derrota "a mala sorte". A sorte existe, ninguén pode controlar tódolos factores que influen nun acontecemento, pero hai que reducila a súa xusta medida. Por exemplo vas tirar a gol e saeche unha toupeira nese preciso momento no que rematas, ou saelle unha bocha ao balón e mándala ao graderio..., pois sí, ahí sí, pero co campo chán e un balón normal, darlle ao poste non é mala sorte, habela mandado 20 cm máis abaixo, ¿quén cho impide?, ¿de quén é o pé que impactou ao balón?.

A decisión errónea, ou o acto fallido sempre estan ahí, sempre é posible na natureza, hai que aceptalo, incluso un lagarto pode entrar nunha cociña co piso pulido e recén fregado, por moite que patine e se desespere, está en perigo, non pode meterse no seu burato. Decides algo e saeche mal, non se pode controlar tódolos factores, pero forma parte das posibilidades existentes. Normalmente equipos que fan un fútbol mediocre, que non aportan nada máis que os demáis, queren ganar e ter boa sorte, simplemente por ser "eles mesmos", e por crer que a sorte a reparte un crupier sentado nunha nube de algodón, ao que se pode conmover chorando, e créndose mellores moralmente que os demáis.

Non creo que se morra ninguén por aceptar que eres un xogador máis, que estas nun equipo máis, e que si non se aporta máis que os demáis, pódeche sair a ficha negra de vez en cando, igual que lle pode sair ao veciño.

Non me acabo de crer que se lle vai enviala derrota ao rival polo simple feito de agachala cabeza diante do Xuiz divino. Hai unhas regras que nos demos para xogalo partido, hai que respeitar iso, o demáis é talento e traballo, ganar e perder forman parte das circunstancias que ten que vivir un xogador.

Regalámonos a nós mesmos o código civil e os dereitos do ser humano despois de miles de anos cheos de sangue e sofrimento, non vexo nada bó en agachala cabeza esperando desde o máis alá a "boa sorte para nós mesmos" , sen decatarnos de que somos nós quen facemola obra de teatro, non hai intervención de ninguén, agás de algún árbitro con prexuizos ou corrupto, que quere mangonealos resultados ao seu gusto ou beneficio.

venres, 23 de setembro de 2011

Un anaco de futbol

Xoguei a futbol durante moitos anos, e aínda xogo agora. É un xogo sorprendente que se parece moito á propia vida e quizais por iso ten tanto éxito.

O normal é que un xogo de pelota se fixera predominantemente coas mans coas que temos máis habilidade, pero a uns ingleses ocurriuselle facelo exclusivamente cos pés, unha idea que parecía nun principio surrealista, provocando unha separación do  roogby moi exitosa.

Os elementos para que se dé un partido son dous equipos, un campo, unha pelota, unhas regras, e si se vai moi en serio un arbitro.

"O Campo", considerase calquera sitio onde se vaia xogar, nunha leira, na carretera agardando polo bús escolar, nunha terraza, no corredor do teu piso, nun descampado do barrio ou mesmo nun campo de futbol.

"O Equipo", póde estar constituido polo número de xogadores que se queira, o número oficial son 11, pero pódese facer desde un xogador, dous, ou polo número total de asistentes dividido a metade.

"A pelota", sirve calquera cousa que non provoque dano nos pés e que sexa máis ou menos esférica, o normal é un balón de coiro.

"As regras", están as básicas, non tocalo balón coa mán e non dar patadas ao rival, as demáis son variables. Como na vida hai quen se pasa do límite e soe ser castigado, pero tamén como na vida ese límite é flexible e depende dos criterios do arbitro se o hai, do grande e parvo que sexa o infractor, e das ganas de seguir xogando.

Personalmente endexamáis o pasei mellor que xogando ao fútbol anarkiko da miña infancia, o tempo non se medía, o xogo duraba ata que te cansabas, a estratexia non existía, o balón era na maioría das veces unha pelota de plástico medio pinchada, unha liña de banda era o desnivel coa levada e a outra as silvas do monte, como porteria dúas pedras, como criterio de falta o ruido da patada, ou a queixa sinceira, o campo era asimétrico, e aínda tocándoche o campo grande, a veces ganabas.

xoves, 22 de setembro de 2011

Apareceu un mono sen pelo.

Un mono sen pelo apareceu no mundo. Apareceu lentamente, non o fixo correndo ou sendo máis forte, senon pola necesidade de usalo seu cerebro.

Segundo dín os estudiosos do tema unha decisión sutil marcou a distinta evolución de dúas criaturas iguais.  Unha decisión que provocaria o cambio do 1% dos seus xens ao longo de millóns de anos.

A novedade consistiu en que ante a falta de árbores, e a necesidade de baixar ao chán, uns optaron por usar só as dúas patas posteriores, e outros por apoiarse comodamente nas catro patas, quedando as mans desdes últimos máis limitadas para o seu uso.

Liberalas mans, conseguir máis destreza, perder capacidade de vivir nas árbores, verse ao mesmo nivel que os depredadores e comezar a facer instrumentos, obrigouno a usalo seu cerebro. E xa se sabe que o exercicio fai o músculo, canto máis usaba esa materia branda situada no seu cráneo máis éxitos e seguridade vital conquistaba. A natureza topara unha nova vía para o mono sen pelo, os individuos, ou grupos de maior  capacidade mental sobrevivían e dominaban a situación.

Acabou sendo máis intelixente que o resto dos monos.

A súa habilidade deulle ferramentas coas que matar. Podía usalas co resto dos animais para conseguir carne, para amansalos, para vestirse coas súas peles, para facer cremas das súas graxas, como forza de traballo, e incluso como saída para un novo pracer, o pracer de xogar co sufrimento alleo. Podía dominar a natureza, podía e faciao.

Decatouse de que estas ferramentas tamén lle eran útiles cos seus semellantes. Podía e fíxoo, matou, ameazou e dominou aos demáis.

Desde ese primeiro enxeño para matar que lle deu tanto poder, a súa imaxinación foi cada vez máis fertil, a súa sensación de poder foise cada vez inflando máis. Podía dominar aos demáis, e xa endexamáis rematou esa loita por dominalo veciño.

Co tempo illouse en cidades do suxo chán, e dos perigos da natureza. De cotío tiña morriña do aire limpo e puro dos seus comezos, soñaba que nalgún momento fora quen de ser libre. Cada vez máis é escravo dos seus inventos, das súas ferramentas e o horizonte enchese de néboa. Inventa novas ferramentas para librarse das vellas, e acaba máis encadeado aínda.

O mono sen pelo chegou a levar moi mal iso de ser un tipo de mono, un mono un pouco máis intelixente, pero un mono ao fin e ao cabo, non podía ser, a súa orixe tíña que ser superior, e tiña que ter un destino superior, pero ¿cal?¿cara a onde camiñaba?.

Corría e corría, escapando do presente, escapando de si mesmo. No futuro seremos mellores, diciase a sí mesmo, e seguía insistindo nos mesmos erros. Conseguíu ir a Lúa, quizais para demostrar que tiña o poder de estar aquí ou irse para sempre, quizais para comezar a buscalo seu destino nas estrelas, ou quizais para conseguir máis poder..dominalo Universo, cantas películas levamos visto sobre guerras galácticas.

Algúns monos sen pelo pensan que "os líderes saben onde os levan porque son os líderes", os lideres pensan que "hai que facerlles crer que saben onde os levan para seguir sendo líderes" e así van todos xuntos, en manada, porque sen a manada non é ninguén.

Hai un mono sen pelo dando voltas nun grao de area que navega por un universo sen fin.

Elucubremos pois o que nos veña en gana, i eliminemos ao que non pense cama nos, pois este é o criterio de verdade predominante da nosa especie.

martes, 13 de setembro de 2011

Pescando no río Tea

Ía de ruta polo rio Tea e vin un pescador en col dunha rocha maldicindo. O home estaba enfurruñado co rio, coa cana, cos peixes, cos outros pescadores, e coa climatoloxía. Máis adiante estaba outro enfurruñado consigo mesmo pola mesma circunstancia que o anterior, os dous levaban a cesta baleira.

Un miraba para fora, e outro miraba cara adentro. Dinme conta que non habia unha formula matemática, nin un esquema sinxelo que che permita saber cal é a actitude máis axeitada, máis creo que a cuestión é achegarse o mais posible á verdade, independentemente do elemento que ún comece a mirar como causa. 

Si non hai peixe no río, si os peixes dese río son especiais e non atenden aos típicos enganos dos pescadores, si non se pode pescar co tempo metereolóxico que hai, si pasaron antes outros pescadores, si os peixes  coñecen persoalmente aos dous homes e recibiron o encargo do señor da sorte de non picar nos seus anzois, a actitude xustificada sería responsabiliza-las circunstancias pola cesta baleira.

Pero si hai peixe, e os dous pescadores non teñen nin coñecementos nin as maneiras necesarias para pescar ben, sería a actitude do segundo a máis axeitada.

Todo é posible, mesmo pode ser que ningún saiba pescar, nin haxa peixe. Máis tranquilo irase para a casa o que apunta cara a falla de peixe, que o que apunta a súa falla de coñecementos. Pero cando haxa peixe no rio si o segundo decidiu aprender para arranxalo problema terá vantaxe sobre o que apunta sempre á falla de peixe como causa.

Para min a mellor actitude é a combinada, ainda que se empece mirando cara unha dirección, mirar tamén nas outras.

Si comezas enfurruñándote co rio, vaiche ir ben para sacala rabia da frustración fora, e si posteriormente vas reparando que pode ser que non saibas pescar axeitadamente, podes acabar pescando. Agora si non sabes, e cargas contra todo sen darte conta de que eres ti o que tes que mellorar, non creo que vaias a ningún sitio.

No segundo caso si o pescador mira para sí axudaralle a decatarse de que precisa mellorar e pescará outro día. Pero si non hai peixe e só sabe mirar para sí acabará nunha desesperación perpetua.

As receitas débense por en "corentena", no rio sempre hai quen pesca máis ca tí, si te pasas de autocrítica e autoesixencia podes acabar por non desfrutar da propia actividade pesqueira. Como nada che vale, xa non te fixas no devalar do rio,  nin nas carballeiras que o arrodean, nin nas pedras traballadas en miles de anos, só ves a túa incapacidade para chegar ao máis alto da escala de pescadores, e aínda chegando sempre haberá quen non te ve de número un.

Por outra banda a falta de algo de autoesixencia, e autocrítica, pódete levar a aceptar unha ensinanza errónea como auto de fé e non aprender a pescar endexamais por tí mesmo.

Quizais sexa por iso que os sabios do pasado deixaron escrito que a virtude está no punto medio.


venres, 19 de agosto de 2011

Xente pasando.

O día que naceu o meu fillo saín a comer algo, a pesares de haberme pasado case 24 horas na planta da "vida" do Hospital, ao sair dela vese moita xente que pasa mirando con tristura pero resistindo. Sempre me preguntei como cando as cousas van moi mal un pode seguir sempre buscando unha saída. Ao longo da miña vida decateime que a fé e a esperanza son necesarias para vivir. Fé en que vas sacar adiante os teus proxectos, i esperanza en que a ledicia vai a vir a visitarte. Son rasgos do ser de carne e oso, e da terra mollada pola chuvia.

Dame tristura que esa fé i esa esperanza propia do noso ser, sexa usurpada polos fanatismos relixiosos.

Os aloumiños que nos deron de recén nados, ese cariño que nos deron cando chorábamos e ainda non sabiamos nada, agachado, inalcanzable, inconsciente, sempre nos acompaña, reforzando os alicerces do noso ser.

Qué peso ten todo na balanza, cada abrazo, cada experiencia, cada verba, cada xesto, cada emoción, todo é rexistrado, todo pasa ao fondo do sí mesmo.

Agora que teño na miña vida a unha nova persoa moi importante para mín, despídome con tristura e afecto doutra persoa importante que se foi estes días, unha persoa honrada, capaz de chamar a cada cousa polo seu nome, capaz de ver máis alá dos prexuizos ou do estúpido egoismo inmediato, alguén co que pagaba a pena falar.

Si existira a posibilidade dun ceo real feito á súa medida deséxolle que disfrute del para sempre. Co meu afecto e respeto, adeus G.P.M.

venres, 12 de agosto de 2011

Aos corenta.

Hoxe seriame moi fácil dicir que a vida é maravillosa, chea de luz i esperanza, que merece a pena participar. Hoxe podería xeneralizar e esquecerme de todo o que non cadra ben neste lenzo, hoxe podería pechalos ollos e non velas duras pedras do camiño, máis non o vou facer, desfruto ainda máis véndoas tras de mín.

No útero materno supoño que todo debe ser pleno, sen fallas, ata que aparece a primeira dificultade insalvábel, a falla de espazo, e a súa solución , o parto. Isto pasoulle ao meu fillo o 16 de xullo, día no que pasei a ser pai, aínda que eu creo que xa fun asumindo o rol de pai durante o embarazo da súa nai, debido aos controis que nai e fillo teñen que ir pasando, e aos plans que hai que ir facendo.

Agora é un pequerrecho que non chega aos tres kilos, que nun principio parece totalmente indefenso, pero que é capaz de deixarnos esgotados, a pesares de que a súa nai e máis eu aínda temos unha boa condición física.

Xa empezo a dubidar quén é o indefenso. Chora cando lle fai falla alimento, chora cando lle fai falla cariño, chora cando lle fai falla limpeza, chora coa dor, chora cando se aborrece, e cando todo está ben, quédase desfrutando do ambiente, ou durme.

Nós imos durmindo e comendo cando nos deixa.

¡Iso é poder!

xoves, 14 de xullo de 2011

Só ante o perigo

Fai cousa de ano e medio, nun pequeno pobo e nunhas frías navidades, produciuse unha separación matrimonial. Cada un dos membros da parella foi polo seu camiño e non se toparon máis.

No estado caótico no que me atopaba habendo sido parte da historia do parrafo anterior, rescato unha vivencia que ten a súa graza.

Estaba só, máis perdido aos meus 39 anos que un esquimal no deserto, chegaba á casa, cabreado comigo e co mundo, e tiña pensado facerme un bistec á prancha, e isto foi o que pasou e así o anotei como a miña primeira receita de cociñeiro voluntarioso.

"Bisté con ovos fritidos:

Chegas tarde e canso, a túa vida parece unha merda pinchada nun pau, e posiblemente o sexa, dirixeste a cociña para prepara-la comida...qué mala cabeza!, só tes bisté e esqueceuseche sacalo pola mañá do conxelador. Quedas algo fodido, pero unha prancha ben quente pode con todo.

Dirixeste ao conxelador, para a túa sorpresa, ao deixalos xuntos na mesma bolsa quedan pegados coma unha pedra, ¡que  importante é separalos antes!. Debian ser sobre catro unidades perfeitamente unidas, pero amiguiño é o que hai.

Qué complicado é sacarlle-lo papel aluminio nese estado!, pero si hai vontade conséguese. Tal como quedan tiranse na prancha, vaslle dando voltas ata que comezan a desconxelar. O proceso soe ir acompañado coa aparición de moitos gases e condensación no ambiente, pero cunha ventilación axeitada pódese ir aturando.

Aparecerá tamén muita auga na tixola, hai que ila tirando polo fregadeiro, co tempo vanse despegando unhas unidades das outras, respiras satisfeito, a cousa vai ben, xa se poden ir dourando por ambolos dous lados.

É posible que algún papel de aluminio quedara pegado, agora é o momento de irllo quitando.

Se sigue aparecendo auga, hai que seguir botandoa polo fregadeiro.

¡A sal!, esquecíaseme, un pouco de sal por enriba, non vaia ser que por un detalliño che quede a cousa mal.

Si xa se van vendo brandos a cousa vai ben.

Pouco a pouco van collendo a cor axeitada, e xa se poden ir sacando, pero cada un faino segundo o seu gusto.

Agora os ovos. Dous ou tres caben ben na mesma prancha onde fíxechelos bistés. Facendoos todos xuntos aforrase moito tempo, e usando o mesmo aparello aforrase moito traballo de lavado.

Tíranse na prancha, e vanse esparramando por toda a superficie, aferrándose teimudamente aos restos dos bistés. Non pasa nada,  na prancha e debido a falla de aceite é un comportamento totalmente normal.

Rascando con forza consigues que saian, xa van esnaquizados, e aforras moito traballo de corte.

Xuntas todo nun prato, e ata queda artístico."



martes, 5 de xullo de 2011

Adeus vida sostible...

Nas aldeas que coñezo, e por suposto tamén na miña, creceron as silveiras nas leiras, caeron as tellas das casas abandoadas ou venderonse para residencias de fin de semana para faceren "chalecitos de finde" co seu muriño exterior e piscina.

Este tecido rural tiña un corazón que aínda latexaba nos anos oitenta. Unha clase política corrupta e inepta, baseada no caciquismo e no "estupidismo" , e construida desde a idade media, un mundo mercantil e comercial "descoñecido" que impactou de maneira moi acelerada e unha renta moi superior do traballo industrial orixinou o abandono "total".

Abandoaronse terreos traballados durante centos de anos, nunha época na que se teñen coñecementos, e medios para traballar no campo, e seguir conectado ao mundo mantendo unha vida digna.

Non acabo de entender que economicamente compensara desmontar o sector da sociedade rural galega tendo en conta as "externalidades" que isto levou parello.

Si se ten en conta a perda economica que supom o deterioro de todos estes terreos abandonados,  a perda do sistemas de riego, as perdas polo incremento do lume no monte, e o gasto social que supón manexar unha inxente cantidade de persoas paradas xeradas por un sistema supostamente "industrial"...non creo que compensara.

¿Por qué non se traballou en buscar saídas viables a toda este posible potencial de riqueza?¿Non sería posible unha combinación de agricultura, turismo agrario e rural? ¿Como é posible que haxa pobos que saquen riqueza do deserto e se ignorara todo o que tíñamos?

Había xente disposta, só había que darlle unha oportunidade viable, existía a posibilidade de producir leite, mel, augardente, viño, castañas, froita, carne, vexetais....

Sen o apoio das institucións para controlar e certificar, para crear un mercado propio para estes micro-produtores, sen unha axuda complementaria para conseguir unha renta mínima para unha vida digna e sostible tiña que morrer, non había saída.

Agora a factura de manter todo ese territorio sen que se convirta nunha selva, nun inmenso lume ou en desertos ocupados ocasionalmente vai ser moi alto.

Si algo se pode chamar sostible era "o que había nestes lares", o demáis son cantos de serea.


xoves, 30 de xuño de 2011

Romanos

Os romanos foron grandes economistas, para enchelas arcas conquistaron outros pobos, exclavizaronos e   "adxudicaronse" as súas riquezas. Esta estratexia foi alabada e imitada por todo Occidente ata os nosos días.
Intúo que si alguén lle dixera a Xulio Cesar, "é mellor facela riqueza traballando e distribuíndoa mellor" acabaría crucificado nunha praza romana.

Traballando é moi dificil tanto fasto, millóns de persoas deben pasar a unha situación de pobreza i escravitude, para que den as contas. 

Como moito sendo honrado, xusto e traballor, podes vivir dignamente, pero que é iso fronte a un fascinante desequilibrio de riqueza, fronte ao xogo do triunfador e o vencido, fronte ao pulso de dominador e dominado. 

A unha silla de tres patas caiuselle unha.

 Neste Real Estado adicamonos ao ladrillo, ao sol, e aos coches. No seu tempo escravizaronse pobos americanos, e incluso ibéricos, pero xa non se leva.

Facemos coches para distintos fabricantes porque no seu día saíamos baratos, agora xa hai quen pon o listón máis baixo.

Arrasamos os pequenos pobos costeiros para facer residencias, hoteis e divertimentos para os turistas.

Facemos vivendas para nos mesmos. ¿Cómo as pagamos? Endeudándonos. Fixemos tantas que pode vivir aquí media Europa.

Metémonos nun bucle pechado escapando de ser pobres, endeudarse para construir, construir para dar traballo, e traballar para pagalas deudas. A termodinámica ten un principio básico, non se pode sacar enerxía da nada, a enerxía só pode  transformarse ou repartirse.

Pregúntome ¿qué carallo imos por no capítulo adicado a "ladrillo"?

Aceptaremos felizamente a teoría de que hai que someter á meirande parte da poboación á cuasi-escravitude para que uns poucos vivan o soño do triunfador?

Si non se aposta pola vía tecnolóxica, polo desenrolo das enerxías renovábeis, polo impulso do pequeno comercio, polos produtos propios en tódolos ámbitos, por crear unha industria propia que constrúa moitos dos trebellos que importamos, por construir unha vida sostible, polo reparto da xornada traballo, pola conciliación da vida familiar e laboral, pola racionalización dos medios de transporte...non creo que se poida sair deste círculo vicioso.



A morte por aburrimento

Cando era neno gustabame pensar que o mundo podía ser xusto, i ético.

Hoxe pareceme que o mundo é algo moi extenso, e moi dificil de cambiar. Hai fios que unen dous extremos en tódalas cuestións. O que benefia unha cousa perxudica outra. Temos dificultades para velo "ben" si non aparece diante nosa o "mal". Cando fallamos por un extremo si nos pasamos ao outro tamén fallamos.

O mundo esta feito como unha rede, os fios entrecruzanse e endexamais se sabe onde se acaba cando se escolle un camiño, pero ten que haber un, é imposible escapar de facer un.

Aprendín que a inxustiza dase ou pódese dar na vida persoal, e non se pode agardar compensación. Non hai compensación. Hai que espertar do soño da xustiza, hai que superala rabia e seguir adiante.

Intento ir tirando, e soportalas miñas carencias e fallas. Por veces pareceme que o mundo podía ser mellor, pero aínda si fose mellorando ata a perfección non seriamos felices, sempre ten que faltar algo, sempre ten que quedar algo por facer na nosa vida e no mundo, sempre ten que haber distintos criterios, sempre ten que haber distintas visións.

As cousas pendientes, o que nos falta, é un motor, posiblemente o único motor do que dispomos para vivir, o motor que nos permite non cair no aburrimento.

Esta obsesión de industrializalos seres humanos, facer plantacións de ideas modificadas xeneticamente, levará a destrucción da biodiversidade mental, e esta diversidade é vital no ser humano.

Ao final podemos acabar matando a nosa mente por aburrimento.


O que gana ten razón?

A Historia está feita dunha das maneiras posibles, existen moitas mais posibilidades pero non se deron, só se pode dar unha.

No desenrolo histórico creo que hai un factor clave que explica moitas cousas: "o que morre non pode falar". Este rasgo da vida humana, a morte física agás que haxa testigos ou herdeiros das nosas ideas acaban cunha maneira de pensar. Explicaría tamén porque moitos pobos acaban morrendo, no canto de dar un golpe de timón para endereitala nave, deixanse ir na inercia establecida ata o final.  E non pode ser doutra maneira xa que os que podían aportar unha visión diferente xa estaban baixo terra.

A idea de que "o que gana é o mellor" debeu ser moi boa para conservala cabeza no seu sitio en datas ainda recentes, e ainda na actualidade na maioría dos paises do mundo. Debeu ser tan útil que se quedou no fondo da nosa mente por si acaso. En Galiza usase moito para a xestión pública.

Na democracia nembargantes ninguén gana totalmente, incluso non sendo maioria se pode influir moito na sociedade. Desde este punto de vista gana moito con respecto a outros sistemas. Normalmente o goberno dunha cor acaba sentando as bases para a reacción cara a outra banda.

O certo é, que imos escribindo páxina a páxina pero cara a onde imos non o sabe ninguén.





mércores, 29 de xuño de 2011

Idolos da Historia.

Non sei moi ben os criterios que sigue a Historia "Oficial", pero resultan admirables eses periodos nos que culturas con moi distintas formas de velas cousas convivían en paz.

Pola contra eses "grandiosos" momentos nos que os conquistadores entraban coa cruz na man, e a espada na outra, non parece outra cousa que non sexa o capítulo que vín estes días sobre un gorila penetrando no territorio do rival. 

É curioso ver o que se destaca nos libros de Historia (alomenos nos destinados á educación), cantos Idolos, e cantas "Anédotas", parecen xornais da pasarela Fashion Week, crónicas de vencedores tralos que imos por seren verdadeiros machos alfa.

Non o podemos evitar, saenos do baixo ventre.

luns, 13 de xuño de 2011

O lagarto Xoaquín nun día de primavera.

O lagarto Xoaquín levantouse como cada mañá no seu húmido burato, sentíase frio e famento, pola súa "mente" non pasaba outra cousa que non fose sair ao sol, e zamparse un bó saltón.

Agardou quedo por algún desgraciado que se achegara ao seu dominio. Non sabía porque facía aquilo, pero repetíao todolos días e íalle ben. Achegouse unha mosca, íase pousar alí mesmo, nunha áxil e feroz manobra, cazouna, pero esvarou na pedra. Coa barriga chea comezou a caír valado abaixo sen dar creto ao que lle estaba pasando, non sentía nada baixo súa, e ía como frotando. Acabou o voo de súpeto, estaba no chan, case se aleixou, deu unha rápida reviravolta e púxose de pé.

Por sorte non había un lagarto morto no medio do camiño, podrecendo baixo o mencer do día, senon que estaba agabeando pola empinada parede para voltar a súa humilde casa.

Estaba adoecido, e pasouse o resto do día tirado na pedra da entrada, desfrutando das raiolas do sol. Cando finou o solpor, e ventou algo de fresco meteuse no burato esperando a mañá do seguinte día.

venres, 3 de xuño de 2011

Sen culpa

Que naturais soan as verbas dos gregos para describilo mundo, que real se mostra este cando hai un fondo desexo de vivir como na nenez.

Qué real a "terra" que me sostiña cando corría, coa que me golpeaba cando saltaba dun balado ou me caía da bicicleta.

Qué real o "aire" que enchía os meus pulmóns despois dunha carreira, que movía as copas dos piñeiros, ou despeinaba as cabeleiras máis concienzudamente ordeadas.

Qué real a "auga"  no río, na chuvía sobre a viña, ou  cantaruxando polo rego.

Qué real o "lume" que queimaba o monte ou o sol que quentaba as costas no vran.

A materia inorgánica, a terra, o aire, e a auga, xunto coa enerxía, o lume, están no noso mundo como algo natural desde que nacemos.

Nós mesmos estamos feitos a partires deses componentes. Aínda hoxe en día moita xente discutiría que comemos alimentos pero que non estamos feitos da mesma sustancia.

Pero para mín hai algo máis sorprendente aínda, é que todolos elementos que compoñen un ser vivo organizanse a sí mesmos sen intervención de "ninguén" . Somos froito das mesmas leis que gobernan o mundo.

Adoitamos darlle a responsabilidade de estar neste mundo a noso pai e a nosa nai. Evidentemente son o teatro onde nace o novo ser, posibilitan a xuntanza de dúas células, presentanas en sociedade, pero a súa laboura constructiva non vai máis alá.

Logo de feita a fecundación a célula váise reproducindo, absorvendo materia i enerxía que recibe a través da súa nai. Crece e crece, crea organos, crea fluidos, crea un cerebro...crea un ser que resultou ser eficaz para a supervivencia ao longo de miles de anos.

Si resumimo-lo proceso, e tomamos distancia, parte desa terra, desa auga, dese aire e dese lume do mundo combinaronse para formar un ser autonomo sen a intervención de "ninguén".

Logo se non interviu ninguén, o arquitecto é xusto dicir que son as propias leis que gobernan a materia e a enexía. Podemos dicir que hai impreso no mundo unha vontade ou instinto de vida, unha forza bruta da natureza que nos impulsa desde dentro a seguir.

Desde o primeiro momento no que comezou o devenir do Universo, a vida xa estaba inscrita nos seus xenes, como si fose unha longa canción que se ía cantar sen compasión, sen lamentos, sen culpa algunha, porque ninguén hai a quen "culpar".


martes, 31 de maio de 2011

Os sofistas...

A humanidade por sorte ou por desgraza repite os seus modelos, e acaberei crendo na reencarnación, sobre todo na reencarnación dos capullos.

Igual que na antiga Grecia, había uns expertos en aparentar que sabían a verdade, agora hai outros que nos levaron durante esta derradeira década polo camiño que quixeron.

Levannos meneando a vara como ás ovellas do rebaño para que acaben entrando na corte. Falannos diante da face cuspindo o seu lixo sen empatía algunha.

¿Cantos señores encorbatados e repeinados saíron a falar nos medios de comunicación falando de mercados, accións, bolsa, índices económicos....? ¿cantos miles?.

¿Cántos deses señores "dixeron" algo para que non caíramos no pozo?.

¿Seguirase deixando o traballo honrado da xente nas máns destes personaxes?

Recordanme a certos sacerdotes coñecedores dos "designios divinos" saíndo á falar coas súas brancas e puras vestimentas diante do pobo. 

  

luns, 30 de maio de 2011

O bipartidismo cordial






Antes era Viva España Nacionalcatólica, agora Viva España Bipartidista Cordial, 
viva o pensamento único. 

Haberá cambio de modelo

O ritmo de produción de residuos e produtos innecesarios, xunto ao consumo irrecuperábel de enerxía fósil provoca un impacto medioambiental e climático que chegará a ser dramático. Isto fai que o modelo consumista actual extendido a 7.000 millóns de persoas sexa unha especie de "suicidio colectivo" sen remisión.

A pesares de que o que se repite polos megáfonos dos fanáticos do sistema acaba convertíndose nunha especie de verdade incuestionábel, a certeza dunha deriva autodestructiva mobilizará ao mellor de nós mesmos para parala debacle.

Non sei moi ben si será antes, ou despois, si será máis tarde do debido, pero será, tentarase modifica-lo sistema, tentarase ir a unha economía máis sostible.

A realidade é que se pode facer, e cando algo é posible só hai que esperar que o amor comece a traballar para crear esa vía.

É un proceso lento pero sen pausa.

A veces somos como autómatas, imos andando en liña recta dicindo "eu son así", "nós somos así", pero cando vemos claramente que o barranco nos espera, non cabe outra que dicir, "eu son así, pero tamén podo ser doutra maneira máis razoable".

Cremos nas milagres, pero pouco, ninguen se tira polo barranco abaixo agardando que os anxos o rescaten.

venres, 27 de maio de 2011

Máis alá dunhas eleccións

O PSOE foi castigado nestas eleccións municipais fortemente. Os dirixentes actuais dín que foi culpa da crise.

Efectivamente foi culpa da crise, e da xestión da crise, pero no fondo esquécense de que foron compracentes co sistema durante todos estes anos.

Esqueceronse da especulación, esqueceronse de que tiñamos unha economía do ladrillazo consistende en dilapidar suelo en zonas protexidas, unhas zonas sobre todo as costeiras que nunca volveremos a ter esa riqueza e beleza que tiñamos.

Non se protexeu a economía propia, parece que o propio era o ladrillo...sobraban as vacas, os zapateiros, as costureiras....toda a pequena empresa de calidade sobraba porque a explotación laboral e a copia indiscriminada sae máis barata...

Esquecéronse desde o comezo desta Monarquía Democrática ou Democracia Monarquica (¡qué cousa tan rara!, soa como a dictador dialogante, ou a claridade escura...) de que o sistema onde nos integraron é o capitalismo de mercado sen control, e globalizado.

Abandoaronse ao sistema, aceptaron o goberno dos Mercados (¡qué señores tan raros! ¿alguén coñece a familia dun mercado, alguén ten unha foto deste Gobernador dos nosos destinos?).

Agora dín que hai que regulalos, a boas horas.

Admitiron as horas extras, a economía sumerxida, e o desmantelamento de toda economía de subsistencia, e o enriquecimento por enriba do razoable.

O importante era telo goberno. Agora adicanse a imitala dereita, e a sacar recursos exprimindo a base da pirámide social.

Resulta que temos que traballar ata os 67 anos, pero os responsables desta debacle están de vacacións no Caribe agardando que veña o novo ciclo para sacar tallada...

Aceptaron a globalización....aceptaron que un produto feito por un neno traballando 15 horas ao día poida venderse no mercado a menor prezo que outro feito nunhas condicións de vida digna.

Aceptaron que un produto feito sen ningún respeto polo medio (que é de todos) se venda a menor prezo que outro fabricado con esforzo de protección medioambiental.

Agora a compasión de uns, e a ansia de riqueza de outros podennos levar á degradación das condicións de vida, e a involución cara a destrución dos dereitos humanos.

E seguiremos desexando topar outro planeta, porque este faise pequeno.

Cando se mesturan tódolas cores sen control queda unha cor tirando a negra...

xoves, 26 de maio de 2011

Etica urnamental

O presidente da nosa comunidade acaba de dicir que os votos dan un respaldo ético. Xa llo teño oído a outros políticos noutras comunidades.

Non fai falla romperse moito a cabeza para rebatir esta tese. Hitler gañara as eleccións en Alemania cando chegou ao poder, pero creo que iso non respalda a súa ética.

A dignidade dunha persoa está por enriba do número de votos que recibe, e endexamáis hai que confundir medo, simpatía, cabreo, ou submisión con ética.

mércores, 25 de maio de 2011

Detalles...

Sei que hoxe en día prima o obxectivo dun mundo máis plano, a nosa língua, a nosa riqueza, a nosa identidade cultural quedará soterrada no pasado coma un fósil...

Toda língua que agora consideramos moderna será transformada polo devenir pero unha desaparición de raiz como si fose unha mala herba non parece un signo de saúde espiritual, sobre todo cando é un acto realizado polo propio pobo que a creou.

Xogamonos unha perda de identidade, a desconexión coa nosa historia, pasaremos a ser "imitadores", e como xa está pasando, resulta cómico velos paisanos de Ferrol  adicándose as procesións, e as sevillanas. Non me extranaria que acabaran subvencionando o chotis como baile rexional.

Por este camiño acabaremos sendo dirixidos, illados da nosa historia, illados da nosa raiz. O mundo vai por ese camiño actualmente, unificación, automatización, industrialización, imitación...

Deseñannos para sermos maniquís onde colgalos ideais impostos non se sabe moi ben por quen...

Camiñamos sí, pero ¿cara a onde?. A pior das dictaduras é facer un mundo tan plano que todos sexamos copia dun só modelo.

Eu creo que o amor profundo xorde dos "detalles", e os detalles do meu mundo estan esmorrecendo.

Non queremos ser gordos, nin feos, nin vellos, nin diferentes...e para solucionalo podemos chegar a ser absurdos.






venres, 20 de maio de 2011

Que se di.

Unha serie de verbas relacionadas co mercado son as máis empregadas hoxe en día.

Son termos como oferta, mercado, marketing, demanda, venderse, mercar...

Sábese como funciona o mecanismo, adorase o mecanismo, deixase que ese automatismo "MERCADO" teña o control...

Qué cousa tan extraña que nos goberne alguén sen nengún obxectivo vital, nin ético...estamos gobernados por unha máquina, por unha forza bruta da natureza.

Abandonados ao devenir inconsciente, a un autómata que se alimenta de mercancias e capital, que crea necesidades ficticias, que incluso fai o produto antes que a necesidade...

¿Qué cousa tan extraña que o destino de millóns de personas se abandone á forza irracional do mercado?

Os "curas do sistema" alaban aos que se "sacrifican" e traballan polo obxectivo de conseguir un produto "máis barato". Todo sacrificio do espiritu humano é ben recibido polo ben do produto.

Todo parece apuntar na mesma dirección:

  • Traballamos máis barato para que o produto sexa máis barato.
  • Compramos máis barato porque o salario é máis baixo e non podemos permitirnos mercar outro.
Acaba resultando unha carreira para ver quen se deshumaniza i empobrece máis, quen vende o seu espíritu e o seu tempo de vida máis barato.

luns, 16 de maio de 2011

2001, UNHA ODISEA DO ESPACIO

Lin o libro de Arthur C. Clarke, e vín a película de Stanley Kubrick. Pareceme unha historia xenial. A este director, desde logo, non hai verbas para eloxíalo, foi capaz en 1968 de facer unha película onde case nos fai crer que nos mesmos estamos viaxando polo espazo, ou camiñando pola lúa.

Na historia aparecen cousas interesantes, é como unha hipótese, ou ensaio sobre a solución dalgunhas inquietudes dos seres humanos:

  • Existe un destino final para a evolución da vida?. 
  • Temos que pasarnos toda a nosa existencia atados ás nosas limitacións?:
    • só podemos vivir na Terra, neste sitio no espacio-tempo, un máis entre os que agora vemos posibles, de forma natural.
    • necesitamos unhas condicións físico-químicas para a subsistencia.
    • temos un tempo de vida limitado.
  • ¿Qué sitio ocupa o ser humano no Cosmos?. 
  • ¿Pode aparecer un "alma" incluso nunha máquina si ten a información e os mecanismos físicos suficientes para procesar a información?. 
  • ¿Existen seres vivos noutros sitios do Universo?
  • ¿A Intelixencia e o coñecemento moi desenrolado leva ao respeto, a tolerancia e o amor á propia existencia, e a existencia dos demais?.

A hipótese que manexa a historia non deixa de ter unha carga "paternalista", "racionalista", "dualista" e moi "relixiosa":

- A razón, a intelixencia está máis alá do corpo. Desexa finalmente a división da alma do corpo, este último sería o seu cárcere, gracias a historia e a ciencia conséguese esta liberación do corpo evolucionado dun homínido. (Parece máis digno non ter intestino)
  • Parece un destino que desexaría o propio Descartes.

- Esta intelixencia incluso se pode desenrolar nunha máquina (HAL 9000). 

  • Esta idea xa non é tan tradicional, o home pasa a ser unha posibilidade máis de chegar á meta, pero calquera é válida, incluso as máquinas.

  • Dado que estamos feitos de átomos como elas, e só é cuestión de organizalos axeitadamente ¿por qué no?. Deixariamos unha vez máis aos pobres homínidos, nosos abós, atrás. 


- A intelixencia superior volve a Terra a ensinar á especie humana a evolucionar e non autodestruirse. Na novela incluso acaba destruíndo armamento nuclear espacial que os paises en conflito teñen orbitando. 
  • Volve á Terra a espalla-la boa nova, á cuidar do seu pobo, baixa da montaña despois de descubrila verdade.

- Esta intelixencia superior, liberada do corpo xa existía hai millóns de anos e foi a que propiciou a evolución do animal cara ao home. Aquí vexo unha pequena incoherencia:

  • Xa que tivo que haber unha especie inicial que naturalmente evolucionara cara a unha forma superior de ser, ¿para que a necesidade de intervir na evolución dos demáis si naturalmente esa especie pode chegar a ela. ¿por qué acelerar o proceso?.
- A historia acaba co nacemento do fillo das estrelas que volve a Terra.
  • que parecido ao nacemento de Xesús, e a inmaterialidade da súa concepción.
- É curiosa a forma de ser da intelixencia superior, non lle afecta o calor onde nace (nunha estrela dobre a miles de ºC), pode desprazarse no tempo a onde lle praza, pode ver calquera sitio do Universo...
  • eu xuraría que está falando do concepto xudeo-critiá de Deus.
- Nesta proposta somos un paso intermedio, un máis dos camiños que levarían á formación de intelixencia universal, eterna, e sen límites espaciais no Todo.

  • O obxectivo final deste ser universal non está escrito, ten liberdade para construílo, para coidar dos pobres seres humanos, para disfrutar da súa existencia, ir a unha estrela, ou ao fin da Galaxia.
- Son grandes desexos humanos, non morrer, non sentirse absurdo, non ter limitacións enerxéticas, non sufrir deterioro físico, non sentirse impotente diante das circunstancias...ser omnipotente.

En resume, a película é inquietante, quere unir o destino da ciencia ao do ser humano... agardemos que isto non acabe sendo endexamais unha especie de relixión oficial, e se acabe sacrificando a vida dos insignificantes homínidos para chegar a unha rocha máis o menos lonxana flotando no espacio que nos vai convertir en DEUSES.
Supoño que algún día acabaremos valorando o que temos, ¿ou non?¿quén o sabe?.

Desde logo desexo que non acaben os nosos fillos construindo novas pirámides, e portas galácticas, sacrificando a posibilidade de ter destino propio, porque xa se sabe que os obxectivos divinos son inescrutabeis.

Na miña opinión vale máis un home libre e honrado nas súas limitacións, que todolos escravos dun destino superior.










venres, 13 de maio de 2011

CREBINSKY (SURREALISMO MOI REAL)

(Esta é a miña crítica en filmaffinity)


Se trata de una película que vista en TV posiblemente provoque en el espectador la compulsión del zapeo. No se trata de la típica película fácil, que te enganche por su acción o por su trama. 


Resulta difícil pensar cuando se está viendo por primera vez, que cada secuencia pueda tener un sentido, que todo pueda pertenecer al universo personal de una persona o personas, pero una vez vista entera las piezas tienen sentido en su sinsentido aparente.



El paisaje interior de un personaje no tiene porque tener la coherencia teórica que nos inventamos en nuestras elaboradas elucubraciones sobre lo que somos, o queremos ser. Los sentimientos se generan en las situaciones más absurdas, o trágicas, formando unas motivaciones en cada uno de nosotros que para un observador exterior pueden parecer estúpidas o surrealistas.



Los personajes son entrañables, tan entrañables como es casi toda mi tierra, el aislamiento, y los pequeños afectos, el aprovechar todo lo disponible sin despreciar nada, o el cariño a una vaca, son pinceladas de una tierra difícil de entender con el cronómetro y la métrica moderna.



mércores, 11 de maio de 2011

Xogando co zoom

Si reducimo-la dimensión do sistema solar proporcionalmente:
  1. O sol con 22 cm de diámetro.
  2. A Terra teria 2 mm de diámetro.
  3. A terra estaría a 23,6 metros do sol.
Si Ampliamo-la Escala do sistema atómico:
  1. Si un protón do núcleo tívera un diámetro de 1 mm i estivera no centro dun estadio de futbol (o núcleo ocuparía un espazo aproximado dunha canica pequeniña).
  2. Os electróns serían partículas de pó movéndose polas gradas.
Si seguimos ampliando o sistema atómico ata que coincida aproximadamente co primeiro zoom, e partindo de:
  1. Támaño dun protón: 1x10(-15) m (masa do protón nun átomo de hidróxeno 99,9%)
  2. Distancia entre un protón da Terra a un protón do Sol: 1 U.A. = 150x10(9)* m
Aplicando o zoom ata:
  1. Protón = Bola de 1 m diámetro (para simplificalos cálculos)
  2. Distancia  Terra-Sol equivalente = 150 x 10(24) m = 150 x10(21) km = 150x10(15) millóns de kilómetros = 1x10(15) UA
  3. Sabendo que 1 ANO-LUZ = 63.000 UA = 0,6x10(6) UA
  4. Distancia equivalente = 1,6x10(9) anos-luz....máis de mil millóns de anos luz.
Seria unha escala equivalente inalcanzable, imposible de visualizar.

A pesar de isto o mundo comportase como si cada protón do sol interaccionara con cada protón situado na Terra.

Ainda ninguén sabe que é iso que chamamos gravidade, e que nos une á Terra, e a Terra co Sol, e ao Sistema Solar coa Via Lactea, e a Via Lactea co Resto do Cosmos 

Si existen planetas e estrelas, sistemas planetarios e galaxias, é debido a esta propiedade ou forza da natureza, si podemos andar sobre a terra e sentirnos seguros de non irnos ao espacio é grazas a isto, e ninguén sabe de maneira certeira de qué se trata. 

*10(9) quere dicir 10 elevado a 9 = 1.000.000.000 (mil millóns)

domingo, 8 de maio de 2011

Desenrolo

Ter, poseer bens materiais parece sela meta da vida moderna ¿non haberá un límite de senso común a este proceso?.

Realmente é necesario que un individuo teña tres casas de 500 m.2, 10 coches de colección, un iate, unha illa, un jet privado?. Non debería existir un límite no sistema, un tope racional?

Creo que sería bó conseguir:
  •  unha menor explotación dos recursos non renovabeis.
  •  un desenrolo de outros "valores" diferentes ao "tanto diñeiro teño, tanto valo".
  •  un poder exercido máis desde o desenrolo humán, que desde o sistema "eu ordeno porque teño máis capital".
Pareceme que as propias persoas acaban sendo consideradas como "mercadurias" dentro do propio sistema. Unha mercaduria valorada segundo o seu éxito monetario. Todo o que ten éxito económico ten valor, o resto non vale nada, son persoas sobrantes ou prescindíbeis.
  • Un pode estar traballando eficientemente nunha pequena empresa, aparece outra empresa ou circunstancia que a fai desaparecer polo sistema que sexa, e xa pasas a formar parte dos que "sobran".
  • Un candidato é valorado nunha escala de 10 con un 9, outro con un 6, pois este último xa pasa a formar parte dos que "sobran".
  • Un pai pode mercar roupa, e aparellos de marca, outro non, e os fillos desde último pasan a ser de segunda categoría.
  • Un profesor, un médico polo simple feito de non estar onde flúe o diñeiro cobra unha milésima parte que un intermediario bancario.
Non parece moi xusto. O sistema crea unha poboación parada, alienada, que non pode acceder a un posto de traballo, que non pode aportar nada. Resultame díficil de entender como se pode tirar ao lixo toneladas de talento, empatía, esperanza...

Dinnos que hai que "ganar", que hai que ser mellor que o veciño, que o compañeiro, que o solicitante de traballo que está na fileira diante de nós.

Comprendo que en cada tarefa haberá xente mellor e haberá xente peor, pero tanto o que está detrás, como o que está diante, teñen moito que aportar, sobre todo si desexan aportar e o sistema lles deixa.





venres, 29 de abril de 2011

A perfección da imperfección.

Fálase de modificacións xenéticas, de nanotecnoloxía que eliminará a enfermidade, de bebés á carta, de seres cuasi-inmortais....de todo "isto" non sei que sairá, pero desde logo a "perfección" tal como a entenden algúns non creo que nos leve a ningunha parte que non sexa un estado ou situación onde xa estivemos.

A imperfección, a circunstancia, o defecto...danos algo, danos a posibilidade de superación, obriganos a desenrola-la "tolerancia". A perfección entendida como un ser estereotipado que non comete erros, nin ten faltas lévanos ao "elitismo"...e a outras cousas peores.

É posible que esté en marcha o "superhome" pero desde logo non será un verdadeiro "home". Será un ser sen un espíritu forxado no día a día, na imperfección, na busca da superación persoal das súas carencias e faltas.
A vida parece un camiño que facemos tratando de satisfacelas nosas "faltas", buscamos o que nos "falta", comida, amor, coñecemento, obxectivos vitais trascendentes...

Cando nos facemos ou cremos perfectos séguenos "faltando" algo, a inocencia, a imperfección, a naturalidade, os fallos humanos,...é algo que pode volverse na nosa contra de forma sutil, silenciosa, pero implacable.

A imperfección quizá sexa o factor desencadenante de todo o que existe, porque si todo fose inmutable , inanimado, perfecto, simétrico i equidistante, pregúntome qué sitio habería para algo que non fose unha ausencia total de temperatura.

No cosmos todo está en movemento, activo, vivo...desde a última partícula subatómica, ata a Galaxia máis distante.


luns, 25 de abril de 2011

Pasaba por aquí...

A condición básica da existencia pareceme que é a "soidade". Nacemos sendo agradables para nosos pais, inocentes, inofensivos, dependientes. Cando algo nos falta choramos, gritamos...e si temos sorte aparecerá unha nai que nos satisfaga. Crecemos e as cousas non son xa tan fáciles. É posible que haxa persoas que se sentiran sempre acompañadas, pero no propio significado da palabra acompañado xa se está recoñecendo que partimos dunha situación existencial de soidade....

Nesa soidade, cando non topamos unha maneira de encaixalas "nosas necesidades" no "grupo" ou no mundo aparece a "angustia".

Tentando solucionar ese "estado" podemos acabar aceptando solucións que nos acaban quitando cousas importantes como a liberdade, a ledicia de vivir, ou simplemente sentirse un mesmo...

Falo de solucións como:

-  Despreocuparse desta vida coa fantasía de que a verdadeira vida está despois da morte.
-  Abandoarse diante do primeiro "pastor" que nos apareza.
- Conseguir "diñeiro" e "altura social" a calquera prezo.
- Aceptala "autodestrucción" como vínculo de unión cos demáis.
- Deixarse caer no odio inxustificado a "outros grupos".

Eu desde logo non sei cal é a saída, pero simplemente con non entregarme a esas vías xa conseguín moito. Teño carencias, e problemas, vou tirando como podo, pero só o feito de non aceptar unha destas solucións fáciles á primeira de cambio, deume moitas posibilidades para ir descubrindo o aberta e misteriosa que é a existencia propia e axena.

Aceptar esa "falta", deixalos interrogantes abertos para seguir buscando, pesa-las ideas con espíritu crítico, non me dá unha "solución absoluta" pero polo menos permíteme manter un certo grao de inquedanza ante as cousas tendo xa 40 anos.

Parece sinxelo, pero somos animais sociais, e a "manada" pesa moito.

Si nos dín que temos que ser "superiores" aos nosos veciños en "algunha cousa" creo que temos que preguntarnos antes ¿Para qué?¿Por qué?...É convinte ter cuidado de non acabar conseguindo "medallas" en obxectivos que non son os "nosos", non vaia ser que cando miremos atrás no camiño nos demos conta do "erro de dirección". Si acabamos "fanatizados" será moi dificil sair do aramio de espiño.

Si unha "manada" nos "humilla" , nos "discrimina" , nos "desprecia" ou nos "ignora" por non pensar ou comportarnos según o seu "modelo", hai moitas "manadas" no mundo, e algunha haberá que nos acepte tal como somos. E si non é unha manada, uns poucos amigos, ou unha parella sirve para ir tirando.

Para xogar a ser só manada xa están as ovellas e os lobos. A manada é importante e absolutamente necesaria, pero a existencia é algo individual e intransferible.

Existo, son de carne e oso, estou pegado a un mundo que da voltas sobre sí mesmo cada 24 horas, os demáis déronme moitas decepcións pero tamén alegrías, erro moitas veces, pero aínda sigo vendo claramente que para o ser humano non hai nada escrito.

Segundo tódolos datos que se dispoñen ata o de agora, a materia que nos da forma forxouse nas estrelas, o impulso que nos da vida é unha forza bruta inherente á propia estructura da materia, pero a consciencia da nosa propia "existencia" danos os ladrillos para constuir o noso propio mundo, sen convertilo nun exercicio de copia e dictado.






martes, 19 de abril de 2011

Internet e os libros.

É triste que os coñecementos base para o desenrolo tecnolóxico e intelectual foran aportados por xente compromotida coa humanidade, e agora a información só sirva para sacar partido económico.

Todo ser humano debería ter acceso á información contida nos libros e Internet sería un bó medio para facelo. Todo está en venta, incluso a normativa, que xa manda truco. Con todo o coñecemento que se ten conseguido é case imposible atopar fontes de información de calidade na Rede. Calquera libro técnico ou de outro tipo, non se atopa accesible. Dise que é algo polo que hai que pagar.

A sociedade debería crear un módelo que non privatice o coñecemento nas máns exclusivas dos que teñen capital.

Habería que crear un sistema que compensara aos autores e ao mesmo tempo permitira a transmisión gratuita para toda persoa independientemente de donde naza.

Creo que apropiarse dos libros limita a libre distribución universal do coñecemento. Desde logo que os autores deben ser compensados, non faltaría máis, pero dunha maneira que non limite o acceso, desde calquera sitio do planeta, a uns coñecementos que mellorarían as posiblidades de desenrolo.