Un mono sen pelo apareceu no mundo. Apareceu lentamente, non o fixo correndo ou sendo máis forte, senon pola necesidade de usalo seu cerebro.
Segundo dín os estudiosos do tema unha decisión sutil marcou a distinta evolución de dúas criaturas iguais. Unha decisión que provocaria o cambio do 1% dos seus xens ao longo de millóns de anos.
A novedade consistiu en que ante a falta de árbores, e a necesidade de baixar ao chán, uns optaron por usar só as dúas patas posteriores, e outros por apoiarse comodamente nas catro patas, quedando as mans desdes últimos máis limitadas para o seu uso.
Liberalas mans, conseguir máis destreza, perder capacidade de vivir nas árbores, verse ao mesmo nivel que os depredadores e comezar a facer instrumentos, obrigouno a usalo seu cerebro. E xa se sabe que o exercicio fai o músculo, canto máis usaba esa materia branda situada no seu cráneo máis éxitos e seguridade vital conquistaba. A natureza topara unha nova vía para o mono sen pelo, os individuos, ou grupos de maior capacidade mental sobrevivían e dominaban a situación.
Acabou sendo máis intelixente que o resto dos monos.
A súa habilidade deulle ferramentas coas que matar. Podía usalas co resto dos animais para conseguir carne, para amansalos, para vestirse coas súas peles, para facer cremas das súas graxas, como forza de traballo, e incluso como saída para un novo pracer, o pracer de xogar co sufrimento alleo. Podía dominar a natureza, podía e faciao.
Decatouse de que estas ferramentas tamén lle eran útiles cos seus semellantes. Podía e fíxoo, matou, ameazou e dominou aos demáis.
Desde ese primeiro enxeño para matar que lle deu tanto poder, a súa imaxinación foi cada vez máis fertil, a súa sensación de poder foise cada vez inflando máis. Podía dominar aos demáis, e xa endexamáis rematou esa loita por dominalo veciño.
Co tempo illouse en cidades do suxo chán, e dos perigos da natureza. De cotío tiña morriña do aire limpo e puro dos seus comezos, soñaba que nalgún momento fora quen de ser libre. Cada vez máis é escravo dos seus inventos, das súas ferramentas e o horizonte enchese de néboa. Inventa novas ferramentas para librarse das vellas, e acaba máis encadeado aínda.

O mono sen pelo chegou a levar moi mal iso de ser un tipo de mono, un mono un pouco máis intelixente, pero un mono ao fin e ao cabo, non podía ser, a súa orixe tíña que ser superior, e tiña que ter un destino superior, pero ¿cal?¿cara a onde camiñaba?.
Corría e corría, escapando do presente, escapando de si mesmo. No futuro seremos mellores, diciase a sí mesmo, e seguía insistindo nos mesmos erros. Conseguíu ir a Lúa, quizais para demostrar que tiña o poder de estar aquí ou irse para sempre, quizais para comezar a buscalo seu destino nas estrelas, ou quizais para conseguir máis poder..dominalo Universo, cantas películas levamos visto sobre guerras galácticas.
Algúns monos sen pelo pensan que "os líderes saben onde os levan porque son os líderes", os lideres pensan que "hai que facerlles crer que saben onde os levan para seguir sendo líderes" e así van todos xuntos, en manada, porque sen a manada non é ninguén.
Hai un mono sen pelo dando voltas nun grao de area que navega por un universo sen fin.
Elucubremos pois o que nos veña en gana, i eliminemos ao que non pense cama nos, pois este é o criterio de verdade predominante da nosa especie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario