Unha serie de verbas relacionadas co mercado son as máis empregadas hoxe en día.
Son termos como oferta, mercado, marketing, demanda, venderse, mercar...
Sábese como funciona o mecanismo, adorase o mecanismo, deixase que ese automatismo "MERCADO" teña o control...
Qué cousa tan extraña que nos goberne alguén sen nengún obxectivo vital, nin ético...estamos gobernados por unha máquina, por unha forza bruta da natureza.
Abandonados ao devenir inconsciente, a un autómata que se alimenta de mercancias e capital, que crea necesidades ficticias, que incluso fai o produto antes que a necesidade...
¿Qué cousa tan extraña que o destino de millóns de personas se abandone á forza irracional do mercado?
Os "curas do sistema" alaban aos que se "sacrifican" e traballan polo obxectivo de conseguir un produto "máis barato". Todo sacrificio do espiritu humano é ben recibido polo ben do produto.
Todo parece apuntar na mesma dirección:
Os "curas do sistema" alaban aos que se "sacrifican" e traballan polo obxectivo de conseguir un produto "máis barato". Todo sacrificio do espiritu humano é ben recibido polo ben do produto.
Todo parece apuntar na mesma dirección:
- Traballamos máis barato para que o produto sexa máis barato.
- Compramos máis barato porque o salario é máis baixo e non podemos permitirnos mercar outro.
Acaba resultando unha carreira para ver quen se deshumaniza i empobrece máis, quen vende o seu espíritu e o seu tempo de vida máis barato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario