Nas aldeas que coñezo, e por suposto tamén na miña, creceron as silveiras nas leiras, caeron as tellas das casas abandoadas ou venderonse para residencias de fin de semana para faceren "chalecitos de finde" co seu muriño exterior e piscina.
Este tecido rural tiña un corazón que aínda latexaba nos anos oitenta. Unha clase política corrupta e inepta, baseada no caciquismo e no "estupidismo" , e construida desde a idade media, un mundo mercantil e comercial "descoñecido" que impactou de maneira moi acelerada e unha renta moi superior do traballo industrial orixinou o abandono "total".

Abandoaronse terreos traballados durante centos de anos, nunha época na que se teñen coñecementos, e medios para traballar no campo, e seguir conectado ao mundo mantendo unha vida digna.
Non acabo de entender que economicamente compensara desmontar o sector da sociedade rural galega tendo en conta as "externalidades" que isto levou parello.
Si se ten en conta a perda economica que supom o deterioro de todos estes terreos abandonados, a perda do sistemas de riego, as perdas polo incremento do lume no monte, e o gasto social que supón manexar unha inxente cantidade de persoas paradas xeradas por un sistema supostamente "industrial"...non creo que compensara.
¿Por qué non se traballou en buscar saídas viables a toda este posible potencial de riqueza?¿Non sería posible unha combinación de agricultura, turismo agrario e rural? ¿Como é posible que haxa pobos que saquen riqueza do deserto e se ignorara todo o que tíñamos?

Había xente disposta, só había que darlle unha oportunidade viable, existía a posibilidade de producir leite, mel, augardente, viño, castañas, froita, carne, vexetais....
Sen o apoio das institucións para controlar e certificar, para crear un mercado propio para estes micro-produtores, sen unha axuda complementaria para conseguir unha renta mínima para unha vida digna e sostible tiña que morrer, non había saída.

Agora a factura de manter todo ese territorio sen que se convirta nunha selva, nun inmenso lume ou en desertos ocupados ocasionalmente vai ser moi alto.
Si algo se pode chamar sostible era "o que había nestes lares", o demáis son cantos de serea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario