Sei que hoxe en día prima o obxectivo dun mundo máis plano, a nosa língua, a nosa riqueza, a nosa identidade cultural quedará soterrada no pasado coma un fósil...
Toda língua que agora consideramos moderna será transformada polo devenir pero unha desaparición de raiz como si fose unha mala herba non parece un signo de saúde espiritual, sobre todo cando é un acto realizado polo propio pobo que a creou.
Xogamonos unha perda de identidade, a desconexión coa nosa historia, pasaremos a ser "imitadores", e como xa está pasando, resulta cómico velos paisanos de Ferrol adicándose as procesións, e as sevillanas. Non me extranaria que acabaran subvencionando o chotis como baile rexional.
Por este camiño acabaremos sendo dirixidos, illados da nosa historia, illados da nosa raiz. O mundo vai por ese camiño actualmente, unificación, automatización, industrialización, imitación...
Deseñannos para sermos maniquís onde colgalos ideais impostos non se sabe moi ben por quen...
Camiñamos sí, pero ¿cara a onde?. A pior das dictaduras é facer un mundo tan plano que todos sexamos copia dun só modelo.
Eu creo que o amor profundo xorde dos "detalles", e os detalles do meu mundo estan esmorrecendo.
Eu creo que o amor profundo xorde dos "detalles", e os detalles do meu mundo estan esmorrecendo.
Non queremos ser gordos, nin feos, nin vellos, nin diferentes...e para solucionalo podemos chegar a ser absurdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario