A democracia esta presa polo capital. Organismos puramente económicos toman decisións políticas, quitan dereitos i envian as conquistas centenarias dos máis humildes ao lixo, cambian unha Constitución ata o de agora intocable, e comezan a tocala música do "tanto tes tanto eres".
Sen dúbida algunha iremos cara aos Estados Unidos de Europa, e os Bancos e as Grandes Corporacións xa van preparando a constitución.
Hai principios básicos para mín nunha sociedade que pretenda ser algo máis que unha granxa de consumidores, ou unha fábrica de autómatas:
- Todo neno ten dereito a unha educación aberta, gratuita e de calidade, independentemente do diñeiro que posúan seus pais. Os feixistas que tratan de privatizalo coñecemento son os mesmos que queimaron aos que tentaban abrilas fiestras da nosa mente.
- Toda persoa aínda que non teña diñeiro ten dereito a ser atendida pola Sanidade Pública con toda a calidade posible nese intre (non vale combatelo cancro con aspirinas, e dicir "iso é todo o que podíamos facer"). Os grandes investigadores non traballaron para curalos ricos, senon para darlle a toda persoa a posibilidade dunha vida mellor.
Si estas dúas columnas centrais non se respeitan, e se reduce todo a "si tes diñeiro estudias", e "si tes diñeiro eres curado", iremos cara a :
- Facer unha élite ou clase con diñeiro que podera formalos seus fillos e manterse nun "estatus" dominante xeración tras xeración.
- Darlle as empresas un poder absoluto sobre o destino das personas, e dos seus fillos, simplemente polo feito de controlalos seus ingresos.
- Como estas empresas van pertencer á clase con diñeiro e formación, o ciclo estará pechado, iremos cara unha sociedade pirámidal e aparentemente libre pero co "destino" xa establecido por nacemento.
"La Derecha Nacionalcatólica" ten claro este obxectivo, e "La Izquierda Centrada" aceptou un "marco de traballo" baseado na Globalización Económica sen ter en conta ningún valor humano, máis ben unha conversión de tódolos valores á diñeiro, quedando atrapada en traxes de seda, pisos de luxo, iates, e un discurso simplón nos días anteriores as eleccións.
Si se abandonan os dereitos básicos das persoas por enriba do diñeiro camiñamos cara a recuperación das sociedades do pasado.
Como se di pola miña terra "a vaca co vicio dá co corno no cú".
Ningún comentario:
Publicar un comentario