Ter, poseer bens materiais parece sela meta da vida moderna ¿non haberá un límite de senso común a este proceso?.
Realmente é necesario que un individuo teña tres casas de 500 m.2, 10 coches de colección, un iate, unha illa, un jet privado?. Non debería existir un límite no sistema, un tope racional?
Creo que sería bó conseguir:
Creo que sería bó conseguir:
- unha menor explotación dos recursos non renovabeis.
- un desenrolo de outros "valores" diferentes ao "tanto diñeiro teño, tanto valo".
- un poder exercido máis desde o desenrolo humán, que desde o sistema "eu ordeno porque teño máis capital".
Pareceme que as propias persoas acaban sendo consideradas como "mercadurias" dentro do propio sistema. Unha mercaduria valorada segundo o seu éxito monetario. Todo o que ten éxito económico ten valor, o resto non vale nada, son persoas sobrantes ou prescindíbeis.
- Un pode estar traballando eficientemente nunha pequena empresa, aparece outra empresa ou circunstancia que a fai desaparecer polo sistema que sexa, e xa pasas a formar parte dos que "sobran".
- Un candidato é valorado nunha escala de 10 con un 9, outro con un 6, pois este último xa pasa a formar parte dos que "sobran".
- Un pai pode mercar roupa, e aparellos de marca, outro non, e os fillos desde último pasan a ser de segunda categoría.
- Un profesor, un médico polo simple feito de non estar onde flúe o diñeiro cobra unha milésima parte que un intermediario bancario.
Non parece moi xusto. O sistema crea unha poboación parada, alienada, que non pode acceder a un posto de traballo, que non pode aportar nada. Resultame díficil de entender como se pode tirar ao lixo toneladas de talento, empatía, esperanza...
Dinnos que hai que "ganar", que hai que ser mellor que o veciño, que o compañeiro, que o solicitante de traballo que está na fileira diante de nós.
Comprendo que en cada tarefa haberá xente mellor e haberá xente peor, pero tanto o que está detrás, como o que está diante, teñen moito que aportar, sobre todo si desexan aportar e o sistema lles deixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario