
No útero materno supoño que todo debe ser pleno, sen fallas, ata que aparece a primeira dificultade insalvábel, a falla de espazo, e a súa solución , o parto. Isto pasoulle ao meu fillo o 16 de xullo, día no que pasei a ser pai, aínda que eu creo que xa fun asumindo o rol de pai durante o embarazo da súa nai, debido aos controis que nai e fillo teñen que ir pasando, e aos plans que hai que ir facendo.
Agora é un pequerrecho que non chega aos tres kilos, que nun principio parece totalmente indefenso, pero que é capaz de deixarnos esgotados, a pesares de que a súa nai e máis eu aínda temos unha boa condición física.
Xa empezo a dubidar quén é o indefenso. Chora cando lle fai falla alimento, chora cando lle fai falla cariño, chora cando lle fai falla limpeza, chora coa dor, chora cando se aborrece, e cando todo está ben, quédase desfrutando do ambiente, ou durme.
Nós imos durmindo e comendo cando nos deixa.
¡Iso é poder!
Ningún comentario:
Publicar un comentario