...un esquelete dentro dunha gaiola pendura na muralla.
Un filósofo (J.D.) dí que "non hai nada fora do texto", non fala dun esquelete, nin do que vou a dicir nos seguintes parágrafos, fala do sentido da realidade, da interpretación do mundo, non nega a existencia de algo chamado "real", ou "físico", pero todo pasa polo relato que facemos das nosas impresións sensoriais e vivencias, mundos cheos de significados, textos, simbolos, cultura, toda visión pasa por aí, todos estamos afectados. E de onde sae o texto? do outro, dese outro sempre presente, da linguaxe, esa construción colectiva que nos ven dada.
Qué nos lembra o esquelete, de que nos advirte; coidado, fai moito frio aí fora!!. Fora de onde?
Entón, por qué escribir isto? non é contradictorio escribir estes textos, intentar ser sinceiro, honrado, intentar aprender do escrito, negarme a ter en conta o que vou describir a continuación?. Por qué non estar calado e usar todo o aprendido de maneira mais "racional", con "senso común", para o interese propio?.
Ben, o interese propio é máis amplo do que vou describir aquí, pero aquí vou intentar falar de nós, dese ser que se move coma o resto de seres na superficie terráquea, pero que a veces camiña orgulloso coa súa libretiña de notas, outras mata a un membro da mesma especie, outras cala, outras decide vivir deprimido o resto da súa vida, outras mira para outro lado, e incluso a veces ponlle fin a súa propia vida.
Cogito ergo sum, as monadas, o ser racional, o cidadán libre, o espiritu absoluto da historia, ...mantequilla na tostada?. A quén sirve esa suposta racionalidade, qué carreiros colle nas súas decisións e conclusións o homo sapiens sapiens, nos seus relatos, nas súas análises, nos seus xuizos, na súa suposta busca da verdade, no carreiro marcado ao longo da súa Historia? Qué se agocha no fondo da súa mente racional e orgullosa?.
Por qué se deforma a realidade vista por uns a outros dunha maneira tan esaxerada? por qué un edificio parece fluctuar, cairse, achicarse para uns e para outros convértese nun palacio? por qué moitas persoas votan en contra dos seus intereses básicos e os dos seus fillos? ou votan a outros intereses supostamente superiores? ou votan desde un sitio oculto no seu interior? por qué podemos contemplar unha matanza sen aflixirnos e incluso xustificala? de onde sae o mal, o ben, o normativo?
Compre comezar xa a debullar cousas da nosa mente que non merecen ser negadas, ou si?, meu deus, non quero ser un esquelete pendurado ao frío.
O primeiro berme agochado na racionalidade:
A NECESIDADE DE SENTIRSE ESPECIAL, o ego non soporta ser un máis na masa, quere ser único, especial, superior, posuímos unha grandeza incomprendida, unha eminencia, un número un, o mellor, un creador marabilloso, unha persona talentosa, especial, diferente, con estilo propio, diferenciada, un ser bondadoso e perdedor nesta sociedade cruel camiñando solitario pola beira do río Hudson. Diríase que aí está asentada a nosa vanidade, a diferenciación, non somos masa, non somos prescindibles, somos un, algunha fibra primitiva fai convinte conservar este senso, por qué? ao mellor, no fondo, quizais foi útil para a supervivencia, quen sabe o que lle pasaba aos que non se vian como importantes, significativos ou diferenciados.
Qué pasa coa nosa capacidade crítica, coa nosa honradez intelectual, si nos eloxian, si nos condecoran, si nos dan grandes recoñecementos, si aprecian a nosa condición de seres especiais, sensibles, e bondadosos, qué pasa si nos sentimos especialmente situados no Cosmos, neste marabilloso momento no que o Cosmos pode disfrutar da nosa presenza. Qué pasa coa nosa racionalidade cando nos dan unha palmadiña na espalda no bar?, e a inversa qué pasa si esa palmadiña non se dá.
Ignatius Reilly camiña orgulloso nos tempos modernos en case tódalas mentes, e onde non se vé, convén revisalo todo para topalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario