martes, 27 de outubro de 2026

O esquelete na gaiola (4)

O que se chama racionalidade humana, que xa ven sendo dificil de definir para os que estudan a historia, faise ainda máis dificil cando estudalos comportamentos das sociedades e dos individuos. Ainda así hai xente e pensadores que a defenderon como ferramenta de salvación dese obxecto de observación que o propio ser humano fai de si mesmo.

Dificil salvación si consegues facela abstracción de sairte da sociedade e mirar con distancia os sucesos e fenomenos que ocorren aí dentro. Os que se aferran a racionalidade como salvadora ignoran a súa función brutal en tódolos fenomentos de deshumanización,  colonización, sometimento i exclavización que ocorren dentro da especie humana. Eu véxolle máis unha función de doma e control, de cálculo e programación, de ordenación, mailas consecuencias da súa actuación, a fenomenoloxía fria do seu obrar no mundo dependen máis do sentimento do suxeito, da dirección subxectivada da vontade, da integración social, do vínculo co outro, do desexo, da irracionalidade, da infancia "feliz", que da capacidade de vela VERDADE con maiúsculas.

Moi ao contrario, esa verdade con maiúsculas inventase para o control e ordenación, para a estructuración e supervivencia do grupo, da manada, da sociedade. Esa verdade para grupos pequenos, recursos extensos cuasi-infinitos, pódese facer cunha orientación determinada, máis con recursos escasos e carencias faise de outra maneira, si os que escriben e falan publicamente están nunha situación, esa situación faise central no discurso, na racionalización dominante.

Como organo na nosa vida, pódese falar dela como responsable do espazo, do tempo, do principio de causalidade e da creación de conceptos-xuizos. Eu vexo máis posible que a necesidade de verdade brote da propia irracionalidade, das súas consecuencias, dos seus perigos.

Pasemos logo a este cuarto punto, dentro deste relato descarnado, sen apariencias, sen teatro, sen fantasía, en definitiva, un relato aburrido, sen ben, sen mal, sen héroes, sen salvadores, o desexo de pertencer a un grupo exclusivo, secreto, especial, con símbolos, códigos, bromas privadas, ritos de iniciación, relatos que só comparte o grupo. 

Qué pasa aí, que especial se sinte o suxeito, calquera ameaza a ese vínculo fai que se aferre ainda máis a el. Créase unha identidade, un comportamento, unha posibilidade de poder, de diferenciación e de seguridade. Convertese nun recurso das élites sociales que lles funciona moi ben, que mantén moi atada a vontade dos que teñen o poder, dos que dictan a normalidade; esa vontade queda atada ao interese dese grupo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario