O segundo berme na racionalidade humana, se callar o máis importante, o medo ao rechazo. Qué dicir disto, mirar para outro lado, botarlle terra enriba nas beirarrúas a cousas soterradas, defendela postura que nos asoballa, lambela cadea que nos ata. Todos tentamos xustificalo con discursos e relatos, pero no fondo un terror paralizante impide o movimento e pecha a fiestra do ser, da honradez, da visión aberta para agacharse no relato salvador que nos separe da gaiola de ferro.
Con que velocidade se moven as institucións relixiosas para creala coraza de ferro sobre o recén nado, sabendo da poderosa forza que desatan. Atar, atar cos propios xens dese novo ser. Nace o neno nunha piscina de ideas e algo moi poderoso fainas necesarias, hai un esquelete pendurado alá fora.
E por suposto, tes que darte conta, que non fai falla velo esquelete pendurado, non fai falla a tortura burda e miserable, todo isto existe e ocorre na calma máis agradable, con risas e o sol brilando no ceo.
Cantos filosofos deron saltos mortais para meter o que habia que meter no seu relato, e o que habia que meter era a él mesmo na estima do rebaño, porque un abismo abriase aos seus pes. Só algúns foron valentes, suicidas, tolos, e romperon o límite do que se podia "dicir", puxeron no pensamento conceptos, ideas e visións "perigosas" que os deixaban soíños na noite dos tempos.
É gracioso cando comezan os discursos con "a comunidade científica bla, bla, bla...". O método científico non necesita dunha comunidade de borregos rebuznando, con un home honrado revisando os datos e comprobando a veracidade las proposicións, das candidatas a verdades, a leis da natureza, chega.
Fixémonos no efecto que ten tanto un puñetazo na mesa, metaforicamente un falar desde a posesión da forza como un discurso onde se introduce a idea de que o falante é parte do grupo maioritario, case o todo, onde só quedan fora os tolos, os malos, os raros, etc. Lembremonos de cando nos dician que o que non participara no experimento de control global da seudovacina anticovid quedaba fora. Lembremonos como comparaban esa seudovacina con outras vacinas contrastadas e útiles, como comparaban os argumentos dubitativos sobre ese produto cos argumentos terraplanistas, como identificaban ese lixo mal desenrolado co opción única e racional. Estade tranquilos (dician sen dicilo) vos estades dentro da cidade amurallada, vos non seredes ese esquelete.
Un silencio, unha resposta máis fria, unha falta de entusiasmo, e actívase o medo, activase o dispositivo de protección, e a culpa comeza a traballar, qué fixen mal, repasas o pasado, buscas como recuperala aprobación. Alguén ten que ter a chave, será o que pega os puñetazos na mesa? será o que vive nas nubes? a angustia traballa, perfora, doblega, somete.
Canto valor hai que ter para enfrontarse a si mesmo, e sair a un deserto a camiñar sen saber si voltarás. E logo voltar, e logo disimular, no medio das pantasmas, é terrible. Lembraivos sempre da gaiola, dos pequenos límites nos que nos movemos, coidadevos de quedar fora das murallas, mentide, mirai para outro lado, sede bós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario