A vontade de dominio, de posesion, estropea as mellores cousas, o amor de parella, o amor aos fillos, en definitiva, o amor, pero tamén se mete noutros terreos como a espiritualidade, a contemplación do infindo, ou do misterio da existencia, trata de apoderarse da outra persoa cun discurso aparentemente verdadeiro, parece copiar ideas que a priori eran xeniais, pero hai un pequeno retorcemento, un pequeno cambio na interpretación, unha praxis engadida, un sacar consecuencias de maneira rápida, un apropiarse das palabras, converténdoo todo en lixo, en cadea, en obriga, en medo, en ameaza.
Apropiase das palabras e do significado, baleirándoas, quitandolle a súa sutileza, sacando a alma da súa elevación e metendoas nun corral estercado.
Pode facelo co sexo, coa vida familiar, coas vivencias e pensamentos espirituais, todo o que xorde con sutilileza, elegancia, beleza é convertido en cadeas pola ansia de dominio, vinculado ao medo a perda, ao desexo de seguridade, .ao narcisismo, a vanidade, a vagancia, a estupidez.
O homo estúpidus sae saltando, dándose manotazos na espalda, facendo bromas rudas ou directamente crueis, e gana, imponse, bate co oso no chan e grita uuu, uuu, uuu a coro, a manada envolveo, sintese ben, todo cadra consigo mesmo, él é a lei.
O amor de verdade, require unha pequena perda de poder, un respeito polo outro, un traballo continuo, un esforzo, unha perda de enerxía na comprensión, é ineficiente, inseguro, non cadra ben na maquinaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario