mércores, 6 de abril de 2011

¿Qué facemos aquí?

A veces teño a sensación de que non somos nada máis que pó, o mesmo pó que eramos, e chegaremos a ser. Serei un nihilista?.

Xeralmente as relixións, pensamentos clásicos e primitivos cren que hai uns Seres Superiores que inflúen nas cousas terrestres. A situación de tales seres ten a súa gracia, uns situanos enriba das nubes cun raio na man, ou mesmo no sol regulando o clima. Tamén os hai que os sitúan nunha especie de mundo paralelo metendo a mán de vez en cando, como quen modifica unha peza que non lle gusta no taboleiro vital que él mesmo creou.

As relixións foron reducindo personal na Aristocracia Divina, e acabaron cun só Señor con auxiliares para segundo que cousas. Este Ser soese ver como un Pai Dominador pero con distintos e moi significativos matices:
  • Uns ven un pai tolerante, sempre amoroso e disposto a escoitar. Isto está ben, polo menos o individuo consolase, e ten esperanza en que algún día terá algún regalo polo traballo ben feito.

  • Outros ven un pai tiránico, que non ten piedade, ríxido coma unha columna de formigón, ao que lle gustan moito as grandes cruces, ou as inmensas catedrais.

  • Outros, describen un pai caprichoso e sádico, que nos somete a probas, mata seres queridos, castiga con enfermidades incurabeis, esixe sacrificios, todo para comprobar si seguimos sendo fieis. Este rasgo soese combinar moito co anterior.

  • Outros vían un monstruo que esixía "sacrificios" humanos, por sorte isto veu a menos.
Nestes esquemas temos unha liberdade-condicionada, somos escravos dunha vontade exterior que nos "xulga" e nos castiga polos nosos pecados.

Gustame máis pensar que non hai nada "exterior", e que non estamos sometidos a ningún xuizo agás o dos nosos paisanos, e o de nos mesmos, que xa lle chega.

Para min, todo-los datos indican que somos consecuencia das leis da natureza en corpo e alma. Somos unha consecuencia inevitable de tódolos procesos e circunstancias aleatorias anteriores cun toque de singularidade aportada polas nosas decisións e xenética.

Hai unha tendencia natural a crear consciencia. A vida é consecuencia das leis da natureza e a consciencia é unha ventaxa significativa para o obxectivo básico de toda especie, a supervivencia. Non quero nin imaxinar o que farían certas especies se a tiveran, creo que non nos quedarían nin dous telediarios.

O evolución por azar é unha necesidade para adaptarse a múltiples circunstancias e condicións, pero cando aparece a consciencia nunha especie, esta pasa a ter unha ventaxa importante. Sería bó usala, non fora ser que a teoría de ter fillos a barullo, ou gastar sen control tivera consecuencias funestas.

Si nos enviaran á vida tal como somos agora, é moi probable que non resistiramos as condicións fisico-quimicas da terra na orixe da vida, pero os organismos máis simples, e inconscientes, si resisten condicións extremas. Non só resisten, senon que crean as condicións para que poidan sobrevivir organismos máis complexos. Tal vez as leis da forza bruta que fan falla nas etapas primitivas, non sexan agora moi efectivas.

Parece que en nós desenrolouse unha etapa máis da consciencia, fomos un pasiño máis alá que os animais e as plantas, pero o noso cerne está feito da base anterior. Liberamonos da acción puramente instintiva, podemos planear distintas estratexias para satisfacer esas necesidades vitais.

Temos a oportunidade de influir no noso destino, non hai nada no mundo que impida que todo vaia a peor na nosa vida ou na colectiva, pero tampouco hai nada que impida que a cousa vaia a mellor. 

Creo que hai máis posibilidades de sobrevivir individual e colectivamente sendo conscientes dos nosos límites e dos límites do mundo.

Non creo que haia un destino, as persoas son un destino en si mesmas. Cando se abandona o camiño da consciencia, a forza bruta da natureza toma o mando, e o seguinte paso xa non está baixo o noso control.













Ningún comentario:

Publicar un comentario