martes, 27 de setembro de 2022

O corpo en construción

 No artigo anterior tratei de plasmar o que pensaba do "Gran Reinicio", que no fondo non é outra cousa que "ante a realidade que nos ven enriba, qué imos facer nós (os que temos o poder, o capital, enténdase) co mundo que nós mesmos construímos de maneira insostible?".

A solución pasa por manter a unidade segundo moitos deles dunha maneira sútil, ainda que outros, como Tump, queren outra realidade máis disgregada, outro sistema de dominación máis clásico. A nosa querida Europa quere unha dominación total, pero de maneira máis calada (de momento), oculta, que non estrague nin a foto, nin o discurso.

No fondo, trátase de facer un só corpo, un corpo gobernado por alguén (ah, sorpresa, quen vai ser, eles mesmos, ooooh!, na súa busca de seguridade toparon un sitio, o mesmo sitio onde estaban). Nese corpo social débese obedecelas ordes, débese sacrificar a propia vida, débese ser o individuo desexado polo ideal dese cerebro do corpo social, débese negar o que non cadre, e aceptar o seu lugar na gran maquinaria. Isto xa é, pouco máis ou menos, o que a civilización foi facendo ao longo dos séculos, pero sempre queda algún sitio onde non se chega, obsesivamente buscase ese sitio no fondo da mente, o século XX deunos a base teorica, o XXI pódenos dar a base práctica de dominación total, viva a morte.

É incrible, como o espíritu humano, realmente renace cando todo isto frouxea, e se fisura, pero desde o punto de vista da forza bruta da natureza, da vontade de Shopenhauer, entendida como desexo de vida que nos impulsa a todos, é unha dirección incuestionable, é unha estratexia de supervivencia da especie por enriba de calquera inviduo, que consiste en axustar cada parte que existe e pode aportar algo, a un obxectivo común manténdoa con vida pero unha vida limitada á funcionalidade necesaria. O corpo construído depende de gran número de partes, pero póde prescindir do non necesario e seguir adiante, nese pulso coa nada, coa entropia despiadada que igual que é a orixe dunha explosión de enerxía, degrada toda estructura do universo nunha caída sen fin. A vida, cunha forza brutal, e implacable busca seguir persistindo, seguir e seguir, non importa o que quede atrás, non se pode caír no abismo.

Pero que pasa con nós, o indiviuo, a identidade concreta, o dono dunha memoria, dunha sensibilidade, dun desexo propio?, somos un erro no proceso, na natureza?, ou somos un eslabón máis na construcción de poder de subsistencia e consciencia que a propia natureza non lle importa aplastar cando a seguinte fase está madura?. Así se vai unha flor, un impresionante corzo, unha marabillosa vida de loita, unha especie de inmensa beleza, sen que nada importe a ninguén. Ante esa desesperación, virán de novo os deuses a salvar aos bós, aos que se definan como bós e que teñan o poder de matar e castigar aos malos...terrible destino ser humano e desenrolar o espirito crítico ata o final, pero é certo que despois da acumulación de desesperanza, despois de chorar sen control e maldicir ao universo pola túa existencia, podes sentarte na herba un día e desfrutar un momento de algunha cousa con beleza que aínda quede en pé, apartado da miseria dunha especie que ten a condena de construilo seu propio camiño, ignorando case sempre, os pulsos que a moven.

Pero aínda podemos escrutar máis, hai algo en perigo, a primeira cousa que está en perigo de morte, é a entidade colectiva global baseada no puro mercantilismo, xusto esa que defenden estas élites, pero realmente importa salvar iso? qué prezo ten para o futuro tentar salvar o que non ten futuro?. 

Aquí poderíase seguir, hai intentos de construir un corpo, de que ese corpo sexa o máis grande, organizado e poderoso posible, pero tamén hai intentos de construir corpos máis pequenos, ese pulso vaise enfrontar as posibilidades reais de supervivencia, que van depender da propia esixencia de cada parte do corpo, e das posibilidades de satisfacción que se constrúan. Os límites vanse ir achicando, distintas construccións mentais van ir caendo, ata que se tope un equilibrio ou definitivamente non se tope. Xa sabemos que cando a última árbore sexa cortada, cando o último paxaro caía, cando a última abella morra...poucos de nós quedaremos xa para contalo, as bibliotecas serán pó e combustible da terra para un novo reinicio, dun novo pulso por seguir persistindo, a vontade de vida non desaparece, esa é eterna, pertence si se quere á materia, ao universo, estaba na estrela que arde, i está na fría pedra da noite invernal.

venres, 23 de setembro de 2022

O Gran Reinicio?

 Está claro para min que detrás da pandemia de deseño que vivimos estes anos pasados hai un intento de "control totalitario" da poboación a nivel planetario coma nunca foi posible na Historia da humanidade. 

En primeiro lugar xogouse cos conceptos mesmos de "pandemia" e "vacina" cambiando a súa definición para poder meter con calzador os novos produtos de deseño. Cando premios nobel son calados desde o poder, cando se xoga de maneira tan agresiva e coordinada en tódolos ámbitos coa "cenoura e o látigo", cando se chegou a dicir "que o que non se vacina non é cidadán e queda fora da sociedade", realmente quedou patente, claro, nítido a forza que ten o proxecto totalitario que se plantexa a nivel global polas élites occidenttais.

A cuestión básica é que estamos no fío da navalla, a "civilización" levou a especie humana máis que "a estar entre a espada e a parede", a estar entre dúas espadas, por unha banda o que chaman "cambio climático", que en realidade é "unha xigantesca destrución medioambiental planetaria" e a chamada "crise enerxética", é dicir, que non temos tanta enerxía como queremos ou necesitamos para o noso mundo desexado. As dúas espadas son en realidade consecuencia do que está supostamente ameazado, é dicir, a propria "civilización" tal como funciona. Ela mesma é a causante de atoparse diante da súa morte. O curioso é que a propia civilización, calificando como "insostíbel" o que fai, encubre realmente o significado profundo e terrible desa verba, o que non se sostén "morre".

Sobre esta base teórica, que xa se coñecía desde hai décadas pero que ninguén quixo cambiar, as élites pensan, i en qué pensan, pois no primeiro que pensa un individuo, unha élite, unha clase social, unha sociedade, un pais, en distindos graos, ¿cómo podo mantela miña posición?, e unha vez mantida ¿como podo mellorala? ¿cómo podo aumentala dominación? ¿cómo podo sentirme máis seguro?.

As élites teñen medo de perdelo control, e intentan implantalo "control" con medo. ¿Qué pinta un magnate da informática facendo vacinas e meténdose no goberno global?, ¿Por qué tanto interés no carnet dixital cando as supostas vacinas non son garante da inmunización?, ¿por qué vacinar nenos cando o risco de efectos secundarios é superior ao da propria enfermidade?.

Na súa fantasía de poder, realizada en gran medida, pois xa controlan medios de comunicación, partidos políticos, Estados, OMS, revistas médicas como Lancet, etc, quédalles a guinda, a dixitalización total da sociedade, o control dixital de tódolos movementos e de tódalas actividades de cada persoa. O primeiro paso pode ser "o carné vacinal dixital", o primeiro documento global co que censurar e controlar cada movimento físico, para logo ir a un segundo nivel, a dixitalización aumentada (cada compra, cada escolla, cada desexo quedará rexistrado), e finalmente ao nivel final, implantando no propio corpo humano un sistema de transmisión de datos dixital a nivel celular ou cerebral. ¿Qué vantaxes ten?. Para o poder moitas, toda reacción, toda emoción, toda "resistencia ou rebeldía" contra o establecido pódese detectar e anular ou bloquear de maneira inmediata, incluso fisiolóxicamente, facendo unha depuración case xenética (ou sen case) de indiviuos pouco proclives a aceptala escravitude como forma de vida. É a morte da liberdade humana.

Temos que decatarnos de que as condicións de vida en menos de 10 anos van ser moi duras, mantelo control vai requirir de ferramentas realmente agresivas, e as élites ven aquí a súa saída.

¿Onde está o fallo?, a dixitalización esixe unha sociedade de consumo, e sobre todo unha economía industrial a pleno rendimento, con enerxía barata (con alta TRE), minería, transporte, construción de equipos...todo se vé afectado cando non chegan os modernos chips á cadea de montaxe.

Pode que este sexa o punto débil da súa fantasía de dominación, ¿qué vai pasar cando non haxa enerxía suficiente para mantelas moedas dixitais, os nodos de información, ou mesmo os terminais de cada persoa e institución?. ¿Qué vai pasar cando o Estado non sexa quen de mantelo "status" de cada clase economico-social?. ¿Vaise gobernar co terror de maneira permanente?. 

Todo pode ser, pero tamén é certo que dinosaurios máis grandes teñen caído polo seu propio peso.

Tamén se podería engadir que o ser humano sen un mínimo de liberdade morre, pero iso a eles non lles importa, nin o van ter en conta, posto que na súa mente só hai unha preferencia, a seguridade da súa posición. Sabén que a solución a todo isto pasa por unha transformación tal da sociedade, que implicaría que tódalas élites desapareceran para establecer outros paradigmas alonxados do poder, onde xente que non quere o poder tivera máis poder. Tamén se constata ao longo da Historia, que o que non pensa, o que non se adapta, o que non permite a confrontación de ideas, acaba morrendo convertido nun autómata que camiña cara ao seu propio final. Xusto iso, é o que creo que nos está pasando, e si teño tempo plasmareino neste blog algún día destes.




venres, 2 de abril de 2021

A maceira


 A maceira vella, a maceira de setenta anos que prantou a señora Rogelia, a cal viviu nesta casa ata o final dos seus dias, froreceu deste xeito na primavera de 2021.

Merquei a casa fai catro anos e a pesares de que non dá mazás saborosas,  de que estaba chea de hedras e parecia que ía morrer en calquera intre, decidín non cortala.

Hoxe mostranola súa beleza, regalanos un momento de pracer. E o pracer implica unha valoración intimamente favorable do que se vé.