martes, 5 de abril de 2011

FUKUSHIMA

Cando se estudia o sistema de abastecemento enerxético como unha cuestión aritmética, parece claro que a enerxía nuclear é necesaria para que den as contas, e o sistema funcione tecnicamente ben, as outras solucións aparecen como moi "caras" ou tecnoloxicamente pouco desenroladas.

Agora cando se observa sen tapadeiras a capacidade humán para tratar coa radiactividade, non me cabe dúbida de que se está a xogar con lume, un "lume" moi intenso e duradeiro, un lume que pode abrasar 100 km a redonda onde se descontrole, e salpicar pingueiras de morte por todo o mundo.

Cando vexo sacrificar "á xaponesa" a centos de persoas ("heroes" chamanlle porque a morte xa lles entregou a súa invitación), para salvar unha situación que debería estar prevista, non parece que esté resolta ningunha das cuestións clave nin "residuos", nin "accidentes", nin "erros humáns".

Si se contemplan os custes reais da enerxía nuclear tendo en conta o "risco" e a sensación de vivir de "prestado", a enerxía renovable parece "regalada".

A sociedade non quere cambiar, non se quere recoñecer que estamos errados. Queremos "centralizar", acelerar,  subir sen parar producción e consumo. Non sei cal é a solución, pero fronte a isto hai cousas que parecen viables:


  • Descentralizar a producción eléctrica.
  • Invertir no desenrolo de tecnoloxías de acumulación de enerxía eléctrica para corrixir a producción discontinúa das enerxías renovables.
  • Apostar polas Enerxías Renovables.
  • Educar por enriba da competividade e da envexa.
  • Abandoar iso de "tanto tes, tanto vales".
  • Desenrolar un sistema público de transporte de calidade.
  • Non gastar innecesariamente.
  • Non destruir empresas que teñen o seu mercado e o seu sitio, só para repartir dividendos i eliminar competencia. Ademáis do prezo , creo que hai outros valores como a "diversidade" e a "calidade", e porque non a vida en si mesma.


Ningún comentario:

Publicar un comentario