Fálase de modificacións xenéticas, de nanotecnoloxía que eliminará a enfermidade, de bebés á carta, de seres cuasi-inmortais....de todo "isto" non sei que sairá, pero desde logo a "perfección" tal como a entenden algúns non creo que nos leve a ningunha parte que non sexa un estado ou situación onde xa estivemos.
A imperfección, a circunstancia, o defecto...danos algo, danos a posibilidade de superación, obriganos a desenrola-la "tolerancia". A perfección entendida como un ser estereotipado que non comete erros, nin ten faltas lévanos ao "elitismo"...e a outras cousas peores.
É posible que esté en marcha o "superhome" pero desde logo non será un verdadeiro "home". Será un ser sen un espíritu forxado no día a día, na imperfección, na busca da superación persoal das súas carencias e faltas.
A vida parece un camiño que facemos tratando de satisfacelas nosas "faltas", buscamos o que nos "falta", comida, amor, coñecemento, obxectivos vitais trascendentes...
Cando nos facemos ou cremos perfectos séguenos "faltando" algo, a inocencia, a imperfección, a naturalidade, os fallos humanos,...é algo que pode volverse na nosa contra de forma sutil, silenciosa, pero implacable.
A imperfección quizá sexa o factor desencadenante de todo o que existe, porque si todo fose inmutable , inanimado, perfecto, simétrico i equidistante, pregúntome qué sitio habería para algo que non fose unha ausencia total de temperatura.
No cosmos todo está en movemento, activo, vivo...desde a última partícula subatómica, ata a Galaxia máis distante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario