Ía de ruta polo rio Tea e vin un pescador en col dunha rocha maldicindo. O home estaba enfurruñado co rio, coa cana, cos peixes, cos outros pescadores, e coa climatoloxía. Máis adiante estaba outro enfurruñado consigo mesmo pola mesma circunstancia que o anterior, os dous levaban a cesta baleira.
Un miraba para fora, e outro miraba cara adentro. Dinme conta que non habia unha formula matemática, nin un esquema sinxelo que che permita saber cal é a actitude máis axeitada, máis creo que a cuestión é achegarse o mais posible á verdade, independentemente do elemento que ún comece a mirar como causa.
Un miraba para fora, e outro miraba cara adentro. Dinme conta que non habia unha formula matemática, nin un esquema sinxelo que che permita saber cal é a actitude máis axeitada, máis creo que a cuestión é achegarse o mais posible á verdade, independentemente do elemento que ún comece a mirar como causa.
Si non hai peixe no río, si os peixes dese río son especiais e non atenden aos típicos enganos dos pescadores, si non se pode pescar co tempo metereolóxico que hai, si pasaron antes outros pescadores, si os peixes coñecen persoalmente aos dous homes e recibiron o encargo do señor da sorte de non picar nos seus anzois, a actitude xustificada sería responsabiliza-las circunstancias pola cesta baleira.
Pero si hai peixe, e os dous pescadores non teñen nin coñecementos nin as maneiras necesarias para pescar ben, sería a actitude do segundo a máis axeitada.
Todo é posible, mesmo pode ser que ningún saiba pescar, nin haxa peixe. Máis tranquilo irase para a casa o que apunta cara a falla de peixe, que o que apunta a súa falla de coñecementos. Pero cando haxa peixe no rio si o segundo decidiu aprender para arranxalo problema terá vantaxe sobre o que apunta sempre á falla de peixe como causa.
Para min a mellor actitude é a combinada, ainda que se empece mirando cara unha dirección, mirar tamén nas outras.
Si comezas enfurruñándote co rio, vaiche ir ben para sacala rabia da frustración fora, e si posteriormente vas reparando que pode ser que non saibas pescar axeitadamente, podes acabar pescando. Agora si non sabes, e cargas contra todo sen darte conta de que eres ti o que tes que mellorar, non creo que vaias a ningún sitio.
No segundo caso si o pescador mira para sí axudaralle a decatarse de que precisa mellorar e pescará outro día. Pero si non hai peixe e só sabe mirar para sí acabará nunha desesperación perpetua.
As receitas débense por en "corentena", no rio sempre hai quen pesca máis ca tí, si te pasas de autocrítica e autoesixencia podes acabar por non desfrutar da propia actividade pesqueira. Como nada che vale, xa non te fixas no devalar do rio, nin nas carballeiras que o arrodean, nin nas pedras traballadas en miles de anos, só ves a túa incapacidade para chegar ao máis alto da escala de pescadores, e aínda chegando sempre haberá quen non te ve de número un.
Por outra banda a falta de algo de autoesixencia, e autocrítica, pódete levar a aceptar unha ensinanza errónea como auto de fé e non aprender a pescar endexamais por tí mesmo.
Quizais sexa por iso que os sabios do pasado deixaron escrito que a virtude está no punto medio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario