"O pasado non existe", escribín alí. Supoño que calquera que lea isto pode optar por varias actitudes para enfrontarse a isto.
Si estas pensando que "este tio perdeu a "chaveta", debe estar ingresado e aconsellaronlle airear as súas ideas", podo dicir que ainda me deixan circular ao aire libre.
Tamén poderías pensar que "coa crise económica este está a preparalo camiño para non pagalas facturas que debe", de momento paguei tódalas facturas.
A ver si me explico. Creo que o tempo non é como un queixo onde un pode corter máis adiante ou máis atrás, e sempre está ahí. Creo que é algo puramente mental, propio da nosa mente.
Tódalas partículas atómicas e subatómicas que nos forman están ahí, no mundo, nun perpétuo movemento, nun perpétuo devenir. Non se sabe moi ben que son estas partículas, porque non podemos acceder á realidade en sí mesma, só dispomos dos efectos que esta produce nos nosos sentidos, que por outra banda están construidos pola mesma "inaccesible materia".

O "agora" é un momento de ese devenir, é o momento "real", "inmediato" i en realidade o único que existe. Eu pódome comer un bocadillo "agora", pero non o podo comer "onte", nin "mañán". O agora é o sitio que están ocupando as cousas neste preciso momento, só temos constancia do chamado "paso do tempo" porque as cousas cambian de sitio, de forma, de tamaño, de aspecto e aparecenos na mente unha "pelicula" da realidade construida coa nosa memoria inmediata, de medio e longo prazo.
Calquera momento do pasado é unha relación espacial entre tódalas particulas existentes no mundo, nós mesmos somos unha ordenación material que vai cambiando pero que deixa un poso, unha consciencia de como é ese devenir.
O pasado só existe na nosa mente. Xa non está nin volverá. Construiremos quizáis outra posición das cousas máis ou menos semellante, pero será outro presente, non aquel "estado de cousas que se deron naquel intre".
A mente captura o devenir da apariencia das cousas, i ela mesma é froito dese devenir. Algo hai atrapado na materia, que se manifesta cunha paciencia milenaria, que se recrea na súa propia construción.
Posiblemente non sexa só un "algo", senon alomenos dous "algo" que se contradín e se complementan.
Posiblemente non teña ningún obxectivo, pero existen, son reais, existen para sempre.
Supoño que a nosa mente é froito de esas "forzas", supoño que é o seu produto máis elaborado, polo menos aquí, e por este "agora".
Ningún comentario:
Publicar un comentario