martes, 25 de novembro de 2025

Qué está pasando?

É unha boa pregunta, ademáis de base para a demagoxia, a politica, a loita de poder, o engano, a manipulación mediática, etc..

Desde o meu punto de vista, o que pasa é que vivimos o fin o crecemento económico, crece o capital, a débeda, pero a riqueza real non. De momento o sistema exprime o melón, sacrifica as sociedades máis débiles, coloniza, mata, extrae recursos de tódolos sitios posibles pero o límite terráqueo comeza a pitar en tódalas súas variables.

Ao mesmo tempo a loita de poder entre clases debilitouse coa identificación da cooperación e a solidaridade co sistema soviético caído. As élites económicas, o poder real, hai xa moitas décadas que saben o que está pasando, e impuxeron a acumulación sen limite de capital en poucas mans como sistema, individualismo extremo, poder. Lóxicamente o reparto de riqueza, os servizos públicos, as relacións sociais, as agrupacións, a solidaridade, a cooperación, son conceptos que hai que derrubar, conceptos aos que hai que declararllela guerra.

Un alicerce básico desta sociedade, ao mellor de todas, pero desde logo das modernas, é a conservación do estatus. Isto permite comprender que unha limitación na riqueza global, crea unha situación de necesidade de empobrecemento dos pobres e medianos para seguir mantendo a vanidade dos moi ricos. A medida que a produción de comida e riqueza se limite máis a bomba social irá collendo máis presión.

Outro alicerce dos individuos, das Sociedades, das Nacións, e dos Estados, a nivel histórico, é o "prestixio", a situación no discurso, na dialéctica global, e isto fai que a acumulación de riqueza, e o potencial económico sexa a berza trala que corren todos.

No fondo de todo está o poder na manada global, a violencia e capacidade de destruir, como medida do poder e da sumisión, a dominación como sistema encuberto, que sae ao descuberto, que emerxe sobre os doces discursos  que xa non son útiles aos que marcan a pauta.

A nivel interno, a disputa sobre o poder, o prestixio, e o status nas sociedades, sobre todo o tema da liberación da muller, e a definición da sexualidade, pon en tela de xuizo a sociedade patriarcal e toda a estrutura sobre a que se basa a civilización occidental. Ainda que desde o punto de vista, de construir unha sociedade líquida, sen identidades claras, e sen construcións solidarias fortes, estes factores tamén favorecen a disgregación, a individualización extrema, e poden ser usadas para o transito a unha sociedade máis individualista e fascista.

Todo está en disputa, a caida da URSS, e o uso dese modelo como demonización da solidaridade (o comunismo como 0), e o capitalista como liberdade individual extrema (1), permitiu construir un discurso bipolar onde calquera tipo de solidaridade i empatia co outro é comunismo, e o estado actual é froito do individualismo extremo. Todo isto é unha grande mentira, porque o comunismo de Estado, naceu como resposta a explotación extrema contra o outro, unha resposta ao canibalismo da vida do outro. Ese comunismo tiña xa en si mesmo unha enfermidade tamén terrible, a oposta, negalo individuo e o pensamento propio e libre. Máis grazas a existencia  da URSS, nas socidades capitalistas, co medo e a ameza do comunismo e a solidaridade obrera, construironse os servizos sociais e un maior reparto de riqueza. 

En resposta a todo isto, a sociedade e o individuo, necesitanse e definense mutuamente, o individuo constrúe a súa identidade na sociedade, e a sociedade é construida pola cooperación dos individuos, aqui ten que haber un equilibrio, unha proporcionalidade.

O camiño actual é cara á posición inicial, o poder e o capital, en poucas mans, e unha grande masa de excravos sen dereitos, e criados na ignorancia.

Actualmente a ignorancia constrúese coa sobredose de información i entretemento.

E os dereitos de todos calificanse como ataduras, fronte ao despotismo duns poucos que se define como liberdade.


En todo caso o obxectivo real, é destruila verdadeira liberdade, o home libre na súa conciencia, e retornar a tiranía.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario