martes, 8 de outubro de 2024

A Nosa Especie (Marvin Harris) - comentarios (2)

Acabada a anterior entrada coa cuestión da perda do pelo na nosa especie. Harris fai fincapé na dialéctica  entre dous males, o cancro de pel (por excesiva insolación), e o calor excesivo. É moi interesante esta situación porque o feito de quedar sen pelo indica que a refrixeración pola sudoración e a exposición directa ao aire foi un factor determinante cara ao que camiñar, isto ao final lévanos a que fomos formidables camiñantes e corredores, seguramente especialistas en perseguir presas ata o esgotamento.

Curiosamente, o indicio da perda de pelo, reforza tamén outros indicios do home cazador, do home que desexaba ser depredador antes que carroñeiro, cara a ese fin fomos desenrolando ferramentas que nos complementaran.

É curioso como  un ser sen virtudes naturais que lle fixeran ser unha especie exitosa (sen necesidade de cambio), fixo desa falta un motor para desenrolar outras cualidades, outras ferramentas, abriu outros camiños laterais, outras posibilidades. O home moderno adoita actitudes opostas, negadoras, somos perfectos, somos a imaxe de Deus, hai que eliminalo disidente, o diferente, cando o fundamento do noso ser, seguramente foi totalmente o contrario.

Pouco a pouco, fomos perdendo pelo, pouco a pouco fomos creando signos e comunicación, pouco a pouco fomos construindo linguaxe, costumes, consciencia de ser, pouco a pouco fomos cara o despegue cultural.

O curioso é que andar de pé puido acabar sendo unha necesidade, pero tamén puido comezar sendo unha condición, unha variabilidade xenética que comezou a operar con éxito ao longo de miles de anos nos homínidos orixinarios porque habia algo que se ganaba. Esta claro que andar coa cabeza levantada, coa visión cara ao horizonte, xa é de por sí liberador, ampíase o campo de visión, e incluso pode axudar a curiosear nese horizonte.

Segundo leo o relato de Harris, faiseme mais patente que as nosas carencias foron o fundamento das nosas virtudes, o proceso de cambio e adaptación foi continuo, o desenrolo dunha mente que é capaz de aprender e imaxinar estratexias foi unha ferramenta necesaria, ou ao mellor convinte. O cambio continuo ante o entorno estableceuse como unha característica que nos axudou desde as nosas orixes a construilo noso mundo, tal é así que unha vez que construimolo entorno cultural, esta capacidade de cambio e adaptación foise potenciando.

....pero qué foi antes a ampliación mental, ou a necesidade de ampliación (o desexo)?, creceu o cerebro casualmente ou o desexo levou a escoller individuos co cerebro cada vez máis grande?

Ningún comentario:

Publicar un comentario