O meu fillo comeza a andar, a investigar caixóns, a romper cousas, a estudar ruídos, é impresionante velo que fixo o desexo de vivir ao longo de millóns de anos.
Sempre tiven espíritu crítico, coa sociedade, co sistema educativo, co poder, e sempre tiven medo, teño que recoñecelo, de ter un fillo. Un fillo cambia a túa situación, depende de tí, pero non depende só de tí, depende do "outro". É un acto de creación, nunha maioría de casos, "de creación inconsciente"...

Un pode loitar no medio que lle tocou vivir e conseguir unhas circunstancias máis ou menos tolerábeis, pero cando tes un fillo, tes unha debilidade moi grande, unha dependencia da túa actividade laboral máxima, como se dicía na miña época de xuventude, "estas pillado".
Todo parece indicar que este sistema social vai camiño de usalas "debilidades", o "amor", a "xenerosidade", como "arma" contra un mesmo, coma un medio de presión para sacarche máis "zume", coma se fósemos limóns, algo propio da "camorra" e do noso pasado...onde hai corazón ao aire pódese "chantaxealas vontades", pódese dobregalo espiritu libre da xente, pódese ameaza-la ledicia de vivir, pódese converte-la auga en viño...
Todo indica que a histórica cloaca cheirenta que gobernou este Estado vai entrar a deforma-la vida cos seus santos de pau...
Aquel home, era un home, coa súa filosofia basada en non devolver golpes, en evita-lo enfrontamento, buscaba a felicidade aquí, na Terra, a felicidade de estar en calma. Era un home facendo o seu camiño, facéndose a sí mesmo, o único e derradeiro cristián, como dixo un filósofo hai máis de cen anos.

Morreu como moitos da súa época, nin máis nin menos, non era fillo de ningún deus, non era ninguén importante, era un home que naceu onde vivían seus pais, un home na súa época. Os apóstolos inventarono todo, o victimismo, a liturxia do sofrimento, inventaron o sacrificio desta vida por un "premio" noutra, recuperaron o deus malo con poder absoluto para os "castigos", crearon unha "casta de aristócratas avarentos de poder", implantaron o pecado orixinal, deshumanizaron o seu nacemento, converteron todo o que non fose "ovella" en "malo", inventaron todas esas mentiras, crearon todo ese noxento baño de sangue e torturas, provocaron todo ese sofrimento sicolóxico ao longo de dous mil anos a millóns de homes e mulleres. Preferiron ignorala sútil mensaxe do seu "maestro", preferiron o "espectáculo", o "poder", a humillación, e ahí seguen, agachados trala cruz, coas súas mil maneiras de mentir.
Esa negra cantinela multitonal, ese apoderarse do propio, do si mesmo, cun positivo entusiamo "el amate", cun suave aconsellar "non sexas orgulloso", "é o que hai", "todos creen", "¿qué mal che fai?"...ou cun ameazante "vaite castigar", "vas ir ao inferno".
A foto é do río Tea ao seu paso por Vilanova, a miña aldea de crianza, percorro este rio de cando en vez, faime chegar esa pacencia da natureza, esa beleza agachada en calquera recuncho, ese camiñar sen mentiras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario