Durante moito tempo moita xente defendeu que as persoas veñen o mundo "así" tal como son agora. Este "así" referiase ao seu comportamento, as súas cualidades, aos seu intereses, a todo o relacionado con ese individuo, incluso a súa condición ética ou moral...por esta vía esta claro que non se deixaba ningunha liberdade á persoa, todo era xenético, ou divino, e ademáis a estimulación, o trato, a educación, eran cousas insignificantes.
Outra corrente que se foi formando ao longo da historia recente rescataba ao individuo do determinismo xenético, para considerar que todo era orixinado no medio mediante a educación, as relacións, o medio físico, etc...Deixabase todo o peso no proceso vital de crecemento, todos podiamos chegar a calquera sitio. Este camiño parece esaxerado porque é evidente que non todo o mundo ten as mesmas características, capacidades e intereses.
Está claro que o tempo vai levando cada cousa ao seu sítio, os profesionais adicados a infancia, e ao coñecemento humán en xeral van chegando a unha aproximación cada vez meirande á realidade e recoñecen que hai cousas innatas e cousas aprendidas. Chegouse a un coñecemento ao que xa apuntaba Charles Darwin fai máis dun século na súa obra "A expresión das emocións nos animais e no home".
Entre as cousas innatas, ademáis da parte física, que tamén é mellorable e potenciable ata un certo límite, están as emocións innatas. Eu sorprendinme moito cando o meu fillo de poucos meses comezou a rir a gargalladas mentras eu facía monecadas ou determinados xestos, literalmente "partíase", dínme conta que esa capacidade de "rirse", de "alegrarse", xa estaba nel, non a aprendera de ninguén, era como din algúns sicólogos "unha sinal innata". É dicir que hai unhas "emocións" adquiridas coa nosa evolución ao longo de millóns de anos, que saen cara afora, que se manifestan ante o mundo e ao mundo, hai unha "comunicación", unha "información" que sae do pequeno ser que chega a este mundo.
Os estudiosos do tema sinalan tres emocións innatas de satisfacción ou positivas; o interés, a ledicia e a sorpresa, e seis sinais de axuda ou negativas; angustia, ira, medo, vergoña, asco e repulsión. A existencia de máis sinais de axuda que de satisfacción pódese deber a súa utilidade para a supervivencia ao longo da nosa historia.
Esas sinais, esas reaccións, esa expresividade ante o mundo configura o que chaman "temperamento do neno", logo sumarase a relación cos pais, a educación, a relación coas outras persoas, o entorno cultural que lles tocou, os traumas ou circustancias que o marquen, e as vivencias de todo tipo, para acabar formando unha persoa adulta.
A clave do asunto é que as emocións primarias están grabadas nos nosos xéns, nunha molécula por moi complexa que sexa esta.
Non deixan de non ser curiosas as raíces da nosa alma ¿inmaterial, eterna, íntegra?.
A clave do asunto é que as emocións primarias están grabadas nos nosos xéns, nunha molécula por moi complexa que sexa esta.
Non deixan de non ser curiosas as raíces da nosa alma ¿inmaterial, eterna, íntegra?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario