A humanidade por sorte ou por desgraza repite os seus modelos, e acaberei crendo na reencarnación, sobre todo na reencarnación dos capullos.
Igual que na antiga Grecia, había uns expertos en aparentar que sabían a verdade, agora hai outros que nos levaron durante esta derradeira década polo camiño que quixeron.
Levannos meneando a vara como ás ovellas do rebaño para que acaben entrando na corte. Falannos diante da face cuspindo o seu lixo sen empatía algunha.
¿Cantos señores encorbatados e repeinados saíron a falar nos medios de comunicación falando de mercados, accións, bolsa, índices económicos....? ¿cantos miles?.
¿Cántos deses señores "dixeron" algo para que non caíramos no pozo?.
¿Cántos deses señores "dixeron" algo para que non caíramos no pozo?.
¿Seguirase deixando o traballo honrado da xente nas máns destes personaxes?
Recordanme a certos sacerdotes coñecedores dos "designios divinos" saíndo á falar coas súas brancas e puras vestimentas diante do pobo.
Recordanme a certos sacerdotes coñecedores dos "designios divinos" saíndo á falar coas súas brancas e puras vestimentas diante do pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario