Lin o libro de Arthur C. Clarke, e vín a película de Stanley Kubrick. Pareceme unha historia xenial. A este director, desde logo, non hai verbas para eloxíalo, foi capaz en 1968 de facer unha película onde case nos fai crer que nos mesmos estamos viaxando polo espazo, ou camiñando pola lúa.
Na historia aparecen cousas interesantes, é como unha hipótese, ou ensaio sobre a solución dalgunhas inquietudes dos seres humanos:
- Existe un destino final para a evolución da vida?.
- Temos que pasarnos toda a nosa existencia atados ás nosas limitacións?:
- só podemos vivir na Terra, neste sitio no espacio-tempo, un máis entre os que agora vemos posibles, de forma natural.
- necesitamos unhas condicións físico-químicas para a subsistencia.
- temos un tempo de vida limitado.
- ¿Qué sitio ocupa o ser humano no Cosmos?.
- ¿Pode aparecer un "alma" incluso nunha máquina si ten a información e os mecanismos físicos suficientes para procesar a información?.
- ¿Existen seres vivos noutros sitios do Universo?
- ¿A Intelixencia e o coñecemento moi desenrolado leva ao respeto, a tolerancia e o amor á propia existencia, e a existencia dos demais?.
A hipótese que manexa a historia non deixa de ter unha carga "paternalista", "racionalista", "dualista" e moi "relixiosa":
- A razón, a intelixencia está máis alá do corpo. Desexa finalmente a división da alma do corpo, este último sería o seu cárcere, gracias a historia e a ciencia conséguese esta liberación do corpo evolucionado dun homínido. (Parece máis digno non ter intestino)
- Parece un destino que desexaría o propio Descartes.
- Esta intelixencia incluso se pode desenrolar nunha máquina (HAL 9000).
Esta idea xa non é tan tradicional, o home pasa a ser unha posibilidade máis de chegar á meta, pero calquera é válida, incluso as máquinas.
Dado que estamos feitos de átomos como elas, e só é cuestión de organizalos axeitadamente ¿por qué no?. Deixariamos unha vez máis aos pobres homínidos, nosos abós, atrás.
- A intelixencia superior volve a Terra a ensinar á especie humana a evolucionar e non autodestruirse. Na novela incluso acaba destruíndo armamento nuclear espacial que os paises en conflito teñen orbitando.
- Volve á Terra a espalla-la boa nova, á cuidar do seu pobo, baixa da montaña despois de descubrila verdade.
- Esta intelixencia superior, liberada do corpo xa existía hai millóns de anos e foi a que propiciou a evolución do animal cara ao home. Aquí vexo unha pequena incoherencia:
- Xa que tivo que haber unha especie inicial que naturalmente evolucionara cara a unha forma superior de ser, ¿para que a necesidade de intervir na evolución dos demáis si naturalmente esa especie pode chegar a ela. ¿por qué acelerar o proceso?.
- A historia acaba co nacemento do fillo das estrelas que volve a Terra.
- que parecido ao nacemento de Xesús, e a inmaterialidade da súa concepción.
- É curiosa a forma de ser da intelixencia superior, non lle afecta o calor onde nace (nunha estrela dobre a miles de ºC), pode desprazarse no tempo a onde lle praza, pode ver calquera sitio do Universo...
- eu xuraría que está falando do concepto xudeo-critiá de Deus.
- Nesta proposta somos un paso intermedio, un máis dos camiños que levarían á formación de intelixencia universal, eterna, e sen límites espaciais no Todo.
- O obxectivo final deste ser universal non está escrito, ten liberdade para construílo, para coidar dos pobres seres humanos, para disfrutar da súa existencia, ir a unha estrela, ou ao fin da Galaxia.
- Son grandes desexos humanos, non morrer, non sentirse absurdo, non ter limitacións enerxéticas, non sufrir deterioro físico, non sentirse impotente diante das circunstancias...ser omnipotente.
En resume, a película é inquietante, quere unir o destino da ciencia ao do ser humano... agardemos que isto non acabe sendo endexamais unha especie de relixión oficial, e se acabe sacrificando a vida dos insignificantes homínidos para chegar a unha rocha máis o menos lonxana flotando no espacio que nos vai convertir en DEUSES.
Supoño que algún día acabaremos valorando o que temos, ¿ou non?¿quén o sabe?.
Desde logo desexo que non acaben os nosos fillos construindo novas pirámides, e portas galácticas, sacrificando a posibilidade de ter destino propio, porque xa se sabe que os obxectivos divinos son inescrutabeis.
Na miña opinión vale máis un home libre e honrado nas súas limitacións, que todolos escravos dun destino superior.