mércores, 13 de novembro de 2024

A nosa especie (Marvin Harris) - comentarios (4)

Harris continúa co seu relato sobre a especie humana investigando rasgos de adapatación física, e do despegue cultural.

A parte do crecemento do cerebro, hai outro aparato físico que permite un desenrolo importantísimo para chegar a ser o que somos, a estrutura larinxe-farinxe queda configurada dunha maneira que nos permite a elaboración de sons moi variados e sutiles, aparece a linguaxe, aparece o pensamento, a palabra, e despega a cultura.

A evolución cultural comeza a ter un peso importantísimo, sendo un factor determinante na forma de ser e comportarse, e influindo de maneira decisiva tamén na evolución física.

Hai unha interacción entre as condicións materiais e o factor cultural. A cultura de maneira máis ou menos consciente (decisións por interese dos individuos ou grupos), ou inconsciente, crea sistemas que permiten a continuidade da vida humana, un equilibrio co medio e coas características propias nosas coma especie e individuos, polo menos permite intentar un camiño diferente ao da extinción ou penuria permanente. Este camiño pode triunfar ou non, pode sosterse no tempo ou morrer, pero é un proceso que permite unha variabilidade moi ampla de comportamentos, o cal abre a porta a topar saidas exitosas, máis tamén nada impide que ese constructo cultural acabe fracasando.

Harris insiste moito nesto nos seus libros, hai prohibicións relixiosas que non son gratuitas, soen cumplir unha función importante para o equilibrio co entorno, máis hai que apuntar tamén o contrario, non todalas prohibicións cumpren esa función, en moitas hai intereses de parte, ou miradas particulares sobre a existencia.

Ao longo dos capitulos seguintes Harris responde desde o seu punto de vista antropolóxico, a moitas cuestións que nos plantexamos hoxe en día de maneira cotiá, como, por qué o sexo é así no sapiens? por qué a pigmentación da pel? por qúe a gordura? por qué a homosexualidade? por qué a guerra? por qué o machismo? etc..., vai capitulo a capítulo, desmontando mitos, prexuizos e pondo sobre a mesa argumentos vivos, é dicir,  dando exemplos de cultura viva, analizando a qué se deben as diferencias de trato, de igualdade, de guerra continua, de crueldade.

Sobre a sexualidade humana, Harris apunta ao exemplo de moitas especies de primates que na maioria dos casos se centra nun certo periodo, cando o óvulo feminino está preparado para a inseminación, as femias comezan a emitir sinais fisicas ou de comportamento que fan que a cópula se realice en datas determinadas, máis hai algunha especie de primate que ten unha estratexia totalmente diferente, non hai noticias especiais sobre a situación do óvulo, e os impulsos sexuais extendense  ao longo do calendario, sen discriminación algunha. Parece que a nosa disposición é deste segundo tipo.

Sobre a relación coa comida do homo sapiesn, conclúe que non hai un sistema de autoregulación, e o sistema cultural inflúe de maneira decisiva na relación coa comida, o cal está en concordancia co que experimentamos e sabemos desde o campo da sicoloxía e do coñecemento social hoxe en día, o sabor da comida, o desexo de experimentación, o desexo de satisfaccións inmediatas, a compensación de frustracións, os conflitos sociais, os rasgos obsesivos, soen desencadenar un desexo de comer compulsivo que soe traer como consecuencia desequilibrios metabólicos, excesos de peso continuación, etc..

Sobre a cor da pel, desenmascara os prexuizos raciais extendendose na explicación dos beneficios físicos da cor da pel, na dialéctica entre asimilación de Vitamina D, e o cancro de pel, o corpo ten que tomar un camiño pois hai dúas ameazas ou perigos encontrados. En base as condicións medioambientais e a comida dispoñible, foronse creando cambios na pigmentación da pel en distintos territorios do planeta. Novamente Harris confirma o poder o factor cultural, os rasgos sociais ou de manada do homo sapiens, fan que o prexuizo cultural da cor da pel esté na orde de día para crear mais unión e identidade grupal, fronte ao diferente. Tamén hai unha necesidade de gradación social, onde a discriminación dun pequeno grupo ou individuo favorece a saída de bilis que crea o constructo social.

Sobre a homosexualidade, relata como forma parte da normalidade do homo sapiens en case tódalas culturas, e incide na súa realación coa necesidade de frear ou non o imperativo reproductor. Dase a curiosidade de existir culturas de caracter intensamente homosexuais onde a relación coas mulleres estaba fortemente limitada, outras onde ocorre todo o contrario, e moitas onde se combinan periodos da vida homosexual e outros heterosexual. Hoxe en día, a parte das condicións materiarias que inconscientemente (e tamén conscientemente, coa tradición) crean tendencias culturais nunha determinada dirección no imperativo reproductor, tamén sabemos que os propios rasgos culturais máis eclépticos da busqueda do placer, da felicidade, e da liberdade fan que as escollas persoais na modernidade occidental sexan moi variadas.

Sobre o imperativo procreador, e o equilibrio sobre o medio, Harris repasa todo o que sabemos do infanticidio na historia do homo sapiens sobre a superficie terrestre, repaso realmente triste, e penoso de control da poboación, moitas veces de maneira soterrada, facendoo como realidade oculta, calando o que se fai, e contabilizando só aos que quedaban. É dicir, non só as formas rituais, si non tamén as formas escuras e intuitivas, incluso inconscientes, de solucionala superpoboación dun ecosistema, a base de ofrecer mala alimentación, ou deixadeces intencionais.

Algo moi interesante é a relación entre machismo e guerra...to be continued.









Nota:

A relación entre o ben e o mal no ser humano é moi flexible, eu diría voluble, case circunstancial, i está claro que a histeria relixiosa, e a busqueda da manada, ten tamén esa función de defenderse dese baleiro existencial, dese abismo.



xoves, 10 de outubro de 2024

A NOSA ESPECIE (Harris) - comentarios (3)

 A nosa especie (Marvin Harris) - comentarios (3).

Cando pensamos na evolución (ou en calquera outra cousa), adoitamos pensar de xeito personalista, eu ou alguén coma min evoluciona, meu fillo evoluciona, o meu pai evolucionou..., é algo relacionado, por suposto, co amor por sí mesmo, coa ferida narcisista, e coa realidade cuasi-estática na que transcorre a nosa vida. 

"Deus amate", fala contigo, comunicate con El, comportaste para El, i El amate, chega a darche incluso a Eternidade, noutras versións modernas, sustituese polo "Universo confabula ao teu favor", ou o Universo castígate, ou ti reencarnaste indefinidamente, asi pensa unha gran maioría de nós, e non só pensamos así, impoñemolo ao resto cando podemos.

Creo que a natureza non funciona así, as outras especies de homínidos e tódolos homínidos da nosa  morreron, pero a vida seguiu e os que mellores cualidades tiñan para as condicións en que existiron seguian adiante, non foi unha cuestión de chamarse dunha maneira ou doutra, tales divisións non existian, nós somos o que quedou dese camiño composto de alomenos duas variables ou planos (no noso caso), a evolución natural (xenética) e a evolución cultural. A evolución natural foi moi lenta, afundese no tempo, a evolución cultural, foi moi rápida, explosiva, pero vaiamos ao gran, o gran que deixamos no capitulo anterior (comentarios2) para comprender mellor o que quero dicir.

O cerebro creceu, a quen lle creceu? e felices decimos, a nos (Deus amanos!!, diria o cura), non foi un regalo, foi un accidente, un efecto da variabilidade, e unha transformación que se foi facendo útil na vida deses homínidos e homes modernos, manexaban máis datos, imaxinaban mellor as situacións repetidas, imaxinaban saidas existenciais, incluso tiñan esperanza, fronte a condicións escuras. Apareceu no pobo alguén que sabia facer pan, e ese foi panadeiro. Pero o proceso evolutivo, natural, non distingue especies, nin individuos, é o impulso vital, o desexo de persistir, (poderiamos dicir "a vida") a que determina polo ensaio-morte, o que queda e o que se vai.

Neste caso Harris, indica unha cousa moi curiosa, a necesidade de correr, a necesidade de seguir correndo con carencias de osíxeno provoca que se teñan que duplicar circuitos no cerebro, provoca a longo prazo un vector, necesario para a supervivencia, de crecemento e duplicación neuronal para preservar as funcións cerebrais con baixa osixenación. Unha circunstancia que sentaría as bases para un aumento de capacidade mental deses seres que corrian grandes distancias en persecución de presas polo sistema de esgotamento.



martes, 8 de outubro de 2024

A Nosa Especie (Marvin Harris) - comentarios (2)

Acabada a anterior entrada coa cuestión da perda do pelo na nosa especie. Harris fai fincapé na dialéctica  entre dous males, o cancro de pel (por excesiva insolación), e o calor excesivo. É moi interesante esta situación porque o feito de quedar sen pelo indica que a refrixeración pola sudoración e a exposición directa ao aire foi un factor determinante cara ao que camiñar, isto ao final lévanos a que fomos formidables camiñantes e corredores, seguramente especialistas en perseguir presas ata o esgotamento.

Curiosamente, o indicio da perda de pelo, reforza tamén outros indicios do home cazador, do home que desexaba ser depredador antes que carroñeiro, cara a ese fin fomos desenrolando ferramentas que nos complementaran.

É curioso como  un ser sen virtudes naturais que lle fixeran ser unha especie exitosa (sen necesidade de cambio), fixo desa falta un motor para desenrolar outras cualidades, outras ferramentas, abriu outros camiños laterais, outras posibilidades. O home moderno adoita actitudes opostas, negadoras, somos perfectos, somos a imaxe de Deus, hai que eliminalo disidente, o diferente, cando o fundamento do noso ser, seguramente foi totalmente o contrario.

Pouco a pouco, fomos perdendo pelo, pouco a pouco fomos creando signos e comunicación, pouco a pouco fomos construindo linguaxe, costumes, consciencia de ser, pouco a pouco fomos cara o despegue cultural.

O curioso é que andar de pé puido acabar sendo unha necesidade, pero tamén puido comezar sendo unha condición, unha variabilidade xenética que comezou a operar con éxito ao longo de miles de anos nos homínidos orixinarios porque habia algo que se ganaba. Esta claro que andar coa cabeza levantada, coa visión cara ao horizonte, xa é de por sí liberador, ampíase o campo de visión, e incluso pode axudar a curiosear nese horizonte.

Segundo leo o relato de Harris, faiseme mais patente que as nosas carencias foron o fundamento das nosas virtudes, o proceso de cambio e adaptación foi continuo, o desenrolo dunha mente que é capaz de aprender e imaxinar estratexias foi unha ferramenta necesaria, ou ao mellor convinte. O cambio continuo ante o entorno estableceuse como unha característica que nos axudou desde as nosas orixes a construilo noso mundo, tal é así que unha vez que construimolo entorno cultural, esta capacidade de cambio e adaptación foise potenciando.

....pero qué foi antes a ampliación mental, ou a necesidade de ampliación (o desexo)?, creceu o cerebro casualmente ou o desexo levou a escoller individuos co cerebro cada vez máis grande?