Querido lector supoñamos que ti éres un cidadán anónimo máis que vai tirando nunha sociedade que non entende totalmente, é dicir, que non está plenamente integrado, que non se cre a fé oficial que lle venden pola tele, polos periódicos, pola propaganda, e polo "que se debe dicir e pensar".
Supoñamos que sabes algo de física, e coñecela lei de conservación da masa-enerxía, coñeces o que é entropía, e sabes que a Terra é redonda. Supoñamos tamén que coñecelos rendementos dos procesos industriais-tecnolóxicos que poñen á nosa disposición enerxía neta para as nosas actividades. E finalmente supoñamos que entendes que algo finito pode ir usándose de maneira crecente durante un tempo pero logo comezará a mostrar signos de esgotamento. Si sabes todo isto, vives no planeta Terra, sufrichela crise actual e a curiosidade empuxate a levantala alfombra, podes comezar a topar datos que te deixen inquedo.
Asi me pasou a mín, buscando e buscando, un día acabei un master en enerxía que non me deu ningunha solución definitiva, ao contrario tiven acceso a moitos datos que deixaban o "tema enerxético" demasiado aberto. Logo disto atopei un Blog falando do Peak-oil (qué carallo é iso?, cómo pode ser que non se falara de peak-oil nun máster de 1 ano na universidade?). Vale que o petróleo é finito, moi ben, xa o sabía, pero hai reservas para centos de anos, espera no, o problema non é ese sinon a curva de explotación dun recurso finito consumido a un ritmo xa de 90 millóns de barriles ao día ¿cando será o seu máximo? Ah! que xa foi o de petróleo convencional no 2005!, entón a qué esperamos para cambiar?. Logo atopei unha morea de reseñas sobre ese libro dos anos 70, "os limites do crecemento" e ves as proxeccións do BAU (Bussiness As Usual, é dicir, tirar pra diante tal como imos que non pasa nada), e nese libro aparece a gráfica que poño arriba (está é a hipótese BAU).
Comezas a pensar polo dia e a ter pesadelos pola noite, algo vaite inundando, uns pensamentos terribles, increibles, unha visión do mundo que non cadra co impoluto modelo de futuro que temos enriba da mesa. Estas pillado, anos e anos de reflexión sobre enerxía, entropía, rendimentos, fundamentos do mundo fisico, anos de rigurosidade, de seriedade ante os números e os datos, e agora aplastante contra unha visión, contra uns cálculos de sistemas que poñen diante nosa un posible futuro ao que iremos si se sigue igual. E qué dicir do que ven despois, Antonio Turiel, co seu "The oil Crash", Pedro Prieto, Jorge Riechmann, Carlos de Castro, Richard Heinberg, Ugo Bardi, Civilización Post-petróleo, Redes de Transición, Os movementos ao decrecemento, "La espiral de la energía"...É dicir, non se trata dunha burbulla especulativa, cada ano que pasa temos máis e máis datos sobre os límites dos recursos, e os límites de Gaia.
Sumando e sumando ao longo dos anos, tratando de entender, tratando de asimilar e tratando de pensar, e agora qué? qué fago con esto? qué fago co meu fillo? qué fago co futuro? Qué sitio ocupar? Cómo negociar coa miña historia e o meu presente?.
Non é fácil topar un sitio onde colocar isto, tampouco é fácil para unha persoa crítica liberarse do pesimismo, e do catastrofismo. Parece estar claro que no horizonte comezase a deseñar un "no", un no á organización do traballo darwinista, un no a nosa concepción do sistema socioeconómico, un no a concepción da natureza como recurso de usar e tirar. Isto pode dar vertixe, como parar cando estamos a tanta altura?, ao mellor non é tanto parar como transformar, "co que hai pódese facer algo".
Segue habendo fanáticos do productivismo e da acumulación de capital, que negan o cambio climático, e os demáis síntomas de sobreexplotación nin os teñen en conta. Hai moito camiño por andar, a transformación agro-ecolóxica, a transformación neo-rural, a permacultura urbana e rural, sistemas que poden darnos un horizonte vital máis longo sen destruir totalmente o desenrolo técnico-científico e industrial. Gustame moito esa idea de "podemos construir un novo barco". Si se segue por este camiño a economía industrial baseada no productivismo e no consumismo colapsará, e crearará unha grave crise social (innumerábeis estudiosos do asunto din cousas peores). Vanse dar sinais de alarma que o gran público por dicilo dalgunha maneira vai mirar, pero non esta preparado para percibilo seu sentido. Quén pode dubidar do homo-collosus, cos seus móbiles e cos seus cohetes espaciais, si se queda sen enerxía vaina inventar, si se queda sen terra fértil vaina rexenerar con produtos da industria química, si se queda sen pesca salvaxe vai criar peixes en granxas ou inventar algunha especie indestrutíbel (que acabe con tódalas demais), o tecnooptimismo invádeo todo coma unha especie de omnipotencia, pero toda omnipotencia ten a súa orixe nunha impotencia inicial, é posible que haxa algún tipo de desequilibrio na nosa sociedade, un desequilibrio "cultural", construido no propio sistema civilizatorio. Está claro que a "ferramenta", a tecnoloxía que descubrimos levounos a ser o que somos, da impotencia de comer raices e froitos descubrimola posibilidade de "dominalo mundo", parece que agora nos pasamos de frenada, e debemos convivir máis que co mundo (que para a maioría non pasa do seu entorno inmediato), coa natureza viva e con tódolos ciclos da biosfera que nos sosteñen.
Quén pode saber cantas civilizacións houbo, hai e haberá no cosmos?. O home construíuse nuns poucos millóns de anos, quén pode saber cantas civilizacións xa existiron ao longo da historia do universo coñecido?. Si a resposta é afirmativa, só somos unha posibilidade máis. Miremos sobre a Terra, cantas civilizacións e cantas maneiras de ver, de valorar, de buscar sentido houbo e hai, agora temos unha visión unificada e agresiva que devora tódalas demáis, pero significa iso algo?, acaso o que decide gozar eliminando tódolos recursos que ten a súa disposición non se suicida?. A pregunta que deberiamonos facer é; por qué decide suicidarse unha civilización?. Non topamos, ao mellor, un sentido que calme a nosa angustia?, non topamos "algo" que colme a nosa existencia, que calme a salvaxe liberdade que temos?. Sendo a natureza o que nos mantén vivos, porque se acaba instalando esta agresiva deriva, será por esa raiba contra a mamá natureza por ser tan dura?, será porque humanizamolas forzas inconscientes do mundo e acabamos vendo deuses vingativos e perversos?.
Pode ser ao mellor ese "o home é perigo", que dicía Ortega, pode ser ese pasar polo fío da navalla, ese construir ao límite, servíndose da traxedia, do trauma e do horror, para chegar a conclusións que non somos capaces de ver no sofá, na vida cotiá, ou no run-run diario. Pode esta forza bruta do crecemento económico, da globalización, da unificación ser un paso previo para construír, digámolo así un home diverso, pero con conciencia de home universal, un camiñar na diversidade desinhibida, sen esquecer que somos no fondo iguais, a mesma sustancia, pero cada un de nós somos un. Pode ao mellor ser unha forza que nos poña ao límite da subsistencia e que abra a posibilidade de construír a consciencia de pertenza á natureza, de inclusión, de integración. Platón sacounos do mundo, un mundo suxo, cheo de caca e imperfeccións, e hoxe creo que estamos preto de ver que non hai ningunha "caca", hai unha forza creativa brutal tratando de subsistir, de vivir, contra outras forzas destrutivas, contra o propio frio do universo, contra a nada que o quere devorar todo, contra a xeometría perfecta que faría que nada existira. Non hai algo na fría materia que a fai menos fría, menos perfecta, menos seria, como se pode entender o surrealismo, a imperfección, a humanidade, a risa, a traxedia, a falta, sen ese devenir.
Queixamonos da entropía, degradase a enerxía, por qué?, no fondo é o mesmo que dicir por qué temos que estar aquí?. Esa lei do cosmos de degradación da enerxía é a que fai que o mundo teña un devenir, que a historia teña unha dirección, que exista vida. Esa lei fai que toda a enerxía que non veña do sol se acabe, o cal fai que unha civilización que se basea en destruir tódolos procesos renovables, para convertelos en non renovables estea condeada a súa desaparición ao cabo dun tempo, o tempo no que se esgoten eses recursos finitos. A Terra, por incrible que pareza, é finita, esa creo que é un tipo de verdade da que non podemos escapar.
Se o PIB mundial segue e segue crecendo, a capacidade de carga do planeta seguirá sobrepasandose a niveis brutais ata que se chegue ao límite de explotación, onde a creba dos sistemas bio-físicos, provocará unha caída dunha intensidade díficil de predeterminar. Si ese proceso de crecemento non pode seguir, posiblemente estamos xa nun proceso de estancamento e decrecemento forzado polo cumio de recursos. Como un corolario do punto anterior poderíase dicir que "o progreso material ten tamén un límite temporal", e posiblemente teremos que adaptarnos a un estancamento e decrecemento da economía mundial no noso horizonte vital.
Tamén intúo que a situación actual é natural, xa que todos estamos cómodos sen límites e sen cambios, é dicir, non é algo que unhas persoas malas fan ou fixeron, todos queremos un futuro mellor, chalé con piscina, facer a nosa empresa co noso produto estrela, triunfar, calefacción automatizada, pensións, subida de soldos, garderías, escolas e universidades, museos do leghon feitos por Calatrava, grandes remedios para as enfermidades, vivir mais (ser eternos), traballar menos, estar seguros, facer viaxes (ter mundo), desfrutar vacacións.... ese desexo de cada un de nos, configura o que somos como todo, como humanidade (entendida como o conxunto de tódolos seres humanos). Agora veñen uns tocapelotas a dicirnos que a enerxía a nosa disposición vai ir minguando, i a min qué?, "Deus provirá", os que mandan saberán, quen son eu para dicir nada... É dicir, hai un choque brutal entre os desexos i expectativas cos límites da realidade que aparecen no horizonte.
Difiro dos que pensan que a raíz primeira do problema é o capitalismo, xa que o comunismo que se deu e se da en distintos sitios do mundo chega a situacións parecidas. O problema é máis profundo, o que se chama progreso humano basease en rompelos sistemas renovables e convertelos en non renovables, o propio pensamento pasou do eterno retorno, ao pensamento histórico, e toda historia ten un principio e un fin.
E por último, os dous mecanismos de relación que temos, a cooperación e a dominación, xunto á pulsión da diversidade-uniformidade, deberían producir solucións de tódolos tipos. Aínda que no mundo actual a globalización e os medios de comunicación parecen construír un modo de vida cada vez máis similar, (unha mortal uniformidade), todo iso require enormes cantidades de enerxia fósil que van ir minguando (límite físico), e isto pode implicar o comezo de outro ciclo de diversificación post-imperial, post-globalización.