luns, 22 de xuño de 2015

A palabra

Nunha conversa este fin de semana sobre a liberdade, chegamos a unha pregunta, existe a liberdade?, podemos cambiar ou escoller outro modo de vivir?, eu defendía que sí.  O meu argumento era que podes facer unha reflexión sobre os nosos fundamentos persoais (valores-ideal), i escoller outros, pódese tentar, pódense facer pequenos cambios, que a larga producen unha nova realidade, é dicir, a vida é cambio e nos podemos cambiar (esa foi a miña postura). O pensamento está encadeado a moitos cousas, pero coa "palabra" pódese ir construíndo outra maneira de pensar, logo de facer, i en consecuencia de ser.

Esta postura chocou coa que mantiven anteriormente de "posible colapso económico" pola imposibilidade de cambiar que se manifesta na sociedade, en xeral, pero é debido a que considero que o ruído da sociedade de masas impide unha reflexión real, con palabras non contaminadas.

Co que hai pódese facer algo e co que somos pódese facer algo, será dificil, pero estando aberto ao cambio pódese conseguir, en certa maneira, cambiar i escoller outro destino, pero tampouco creo nunha liberdade total, a nosa orixe, e a nosa historia, son ligaduras importantes coas que hai que bailar..

A historia humana demostra que podemos cambiar de comportamento, podemos pensar, falar, dialogar, enfrontarnos a realidade, pero temos que ter en conta, que levamos dentro compoñentes emocionais que sempre van estar aí, non falemos do agradable de ver, poñamos enriba da mesa os que custa manexar, o pracer da crueldade, a agresividade, os celos e a envexa mal levada, os conflito mal resoltos, i en definitiva unha historia de violencia que nos dá forma, unha forma que fomos limando, pero que está aí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario