Lendo a antropólogos como Marvin Harris no seu libro "cerdos, vacas, guerras e bruxas" un decátase de que na nosa "cultura", ou "civilización" actual falta algo que tiñan noutras culturas antigas e primitivas. Ese algo é o que se necesita para vivir en equilibrio co medio, cando se rompe ese equilibrio chegamos a consecuencias irremediables, a degradación continua ata a súa destrucción e con ela a morte desa civilización. Todo sistema de ideas humano debe recoller este equilibrio co entorno ou aceptalo camiño cara o seu final, cara a morte.
Teño a intuición de que a nosa civilización agacha unhas carencias terribles no seu interior, a principal é esa separación da natureza que nos leva por un camiño absurdo que se converte en normal polo uso e repetición, e que nos impide aceptalo que somos. Quén pode cambiar isto agora mesmo?, non o sei, ninguén supoño. Cómo vai evolucionar o sistema mundo? pois, mal para os nosos intereses, creo. Superamola capacidade de carga do planeta, os ecosistemas estanse desequilibrando, as especies vexetais e animais das que dependemos están esmorrecendo, e seguimos pensando que só imos quedar nós e que iso é suficiente. É absurdo, imos quedar sos?, onde?, flotando no espacio?, estamos dentro dunhas dinámicas naturais que aproveitamos, e das que dependemos. Os economistas que consideran o aire, a terra, a auga i a enerxía unha "externalidade" que non hai que meter nas contas, levannos ao desastre.
Qué nos pasa? estamos namorados de nós mesmos, do noso éxito, e non nos damos conta de que imos cara ao barranco?. "Ningún ser vivo pode vivir sen o seu ecosistema", non somos seres abstractos, cunha vida no máis alá, somos seres vivos, somos parte da natureza, somo natureza, somos froito dese proceso de diversificación, competición e cooperación de toda viva. Pero non temos depredador, nin inimigo, nin pai que nos guie, e iso deixanos moi sós, nun baleiro.
Quen de nós planta unha patata para colleitar unha patata? só un suicida, pero nós facemolo ao grande, facemos biocombustibles, e provocamos miseria e fame, sabendo que non é viable, que ten un rendemento inferior a 1. O homo-colossus está desesperado, sacará a súa histérica prepotencia día tras día, unha e outra vez, fraking, desertización agraria, megacidades, zonas mortas marinas, son para él, sacrificios útiles para a súa cara vanidade. Todos somos colaboradores necesarios, todos aplaudimos i escollemos aos políticos que queremos, todos preferimos unha doce mentira que unha dolorosa verdade, por iso, non paga a pena andarmos buscando "culpábeis", compre, máis ben, buscar solucións; economías estáticas, sostibilidade enerxética a medio prazo, agricultura natural, ecolóxica...
Temos terra, sol, enerxía suficiente, qué nos pasa? xa é seguro que vai morrer o noso actual modelo mental de aproximación á realidade, é esa "cultura", esa "civilización", ou "estrutura mental" a que nos leva ao desastre, deixemola morrer, vaiamola abandoándo máis cedo que tarde, pegandonos a ela morreremos con ela, uns agarrados aos billetes de 500 euros, outros aos móbiles, outos aos dioses que nos trouxeron aquí. Temos que quitarnos as gafas virtuais que agachan o real. Non vivimos do coche, vivimos da terrra, da auga, do aire, do sol, e do afecto dos demais, non necesitamos unha aceleración continua da actividade, un gran negocio, un gran beneficio, somos quen de repartir tarefas, actividades, riqueza, comida, e temos para facer moito, somos quén de cultivar sen grandes máquinas, somos quen de apostar pola cooperación. Ao mellor ten razón Masonobu Fukuoka, abandonamola intuición, e desintegramolo saber en cachos, o conxunto é máis que a suma dos cachos, é posible velo elefante examinando só o rabo? incluso co elefante enteiro non se ve o elefante, so temos que velos convertidos en seres neuróticos, dando voltas nun corral, nun circo, nun zoo, quén pode entender un elefante sen a sabana, sen os outros elefantes, sen a manada, sen o perigo, sen a súa alegría vital?. Qué carallo nos pasa?, de onde ven toda esa estupidez?, de onde ven todo ese sadismo indeterminado, inconsciente?, de onde ven todo ese malestar na cultura?, como dicia Freud.
Os cientificos sen ética, sen visión global, desestruturados, pendientes só da súa parcela, entregados ao seu estatus persoal, sen integridade intelectual son un desastre para a humanidade. Por qué funcionou ata o de agora? Había camiño, habia mundo para destruir e transformar, había enerxia solar acumulada durante millóns de anos, pero iso vaise acabar, imos pasalos límites de tódolos materiais escasos, enerxía, auga, alimentos, comida, ímolo perder case todo, e ainda así, pode haber un futuro, porque o sol seguirá aí, e a terra, e a auga, e o coñecemento, e ademáis o afecto e a estima pola nosa vida só depende de nós, da nosa mirada, dos nosos valores.
Cando notaremos o devalar económico? Xa está pasando, coa Tv posiblemente endexamais sexamos conscientes de nada, porque mestura o real coa ficción e a propaganda; cairemos polo barranco da desesperación comendo patatas fritas e sentados no sofá?, non o sei, os mellores estudios falan dunha decada, ou dúas para chegar a un punto de inflexión crítico, quén sabe? algo farase ou non?. Usase moito a metáfora da ra cocida a fogo lento que non se decata da situación porque a súa mente non é capaz de comprender o que está a pasar, "fai 1 segundo só había unhas décimas de grao menos", pensa ela, en cambio cando a meten de súpeto salta fora, salva a súa vida. É posible, o peak-oil do petróleo convencional foi no 2006, é dicir, xa estamos vivindo o proceso, ninguén quere aceptalo, ninguén quere sacalo de baixo da alfombra, "estropea o negocio"...é a ostia, agarrados ao cofre dos cartos ata morrer afogados na riada. Outra historia das rans, fala de que querian un gran rei, querian a sumisión, entón puxeronlles unha grulla reinando, e esta acabou comendoas a todas.
Este incrible descobrimento, que digo no título da entrada, feito por xente honrada que aínda non se vendeu, que aínda acepta a ética intelectual como camiño, ven sendo que "estamos nun punto de inflexión histórico", imos pasar dun futuro sempre mellor materialmente, a un futuro de limitacións materiais i enerxéticas, imos pasar dun camiño onde a agresividade e a competitividade eran útiles para incrementala producción de riqueza a conta do que fora, a un futuro onde temos que cooperar ou aceptala desintegración rápida da sociedade.
Non topáramos (como especie) ata hoxe un "no" axeitado, o homo-colossus non cre nos límites, pero xa o topamos, está aí, cambio climático, colapso do sistema financieiro, desintegración dos servizos sociais, guerras en paises produtores de petróleo, propaganda política no canto de información... temos que escoller entre a pastilla bermella, e a azul, en calquera caso, o camiño non será doado escollamos o que escollamos.