O diñeiro?, obxectos metálicos ou de papel con figuras impresas nas súas caras?, números escritos nun espazo virtual?, débeda futura?, un elemento de goberno?.
Din que simboliza un "valor". É dicir a "importancia" que lle damos a un obxecto ou servizo. Así unha patata pode valer 1 céntimo de euro, e unha xoia 1 millón de euros, o traballo dun médico 1.000 euros, e o traballo dun broker 1 millón de euros .
É o elemento que visibiliza do mercadeo. No caso da actividade laboral, segundo o que aportas, e/ou necesitan de tí, obtés un diñeiro.
É o elemento que visibiliza do mercadeo. No caso da actividade laboral, segundo o que aportas, e/ou necesitan de tí, obtés un diñeiro.
A sociedade nembargantes mecaniza cada vez máis tódalas tarefas, e deixa de haber "traballo", sitios onde participar para obter algo deste diñeiro. Por enriba, debido a sobreoferta de traballadores, os salarios baixan ata o nivel que queiran os posuídores deses "sitios".
Queda, así, calquera individuo sometido a unha curiosa situación; pode chegar a non valer nada (en diñeiro) para os demáis. E como todo vai ter un prezo, sinxelamente a falta de "ocos retribuidos" condeao á fame e consecuentemente á morte.
Pero incluso tendo traballo, pode estar condeado él e a súa familia a sofrimentos e discriminacións de todo tipo, debido a que non chega ao mínimo para unha vida digna. Os seus fillos entrarán no mundo pola porta datrás, sen educación, alimentación e sanidade, (ou roupa de marca) non valeran nada para a sociedade, fora do mercadeo.
Pero que lle pasa ao diñeiro? esfumase? non, acumulase nas máns dunha pequena cantidade de individuos ou organizacións que seguen e seguen sacando diñeiro da circulación, ou acumulando débedas dos demáis, en definitiva, apropiandose da maioría do "valor" en circulación.
Chegamos a un curioso sistema, onde os que controlan a circulación e redistribución do "capital", quedanse cunha gran maioría, sacandolles aos demáis a posibilidade de "valorar" a maioría das cousas. Van chuchando na riqueza, ata que se fan coa inmensa maioría dela.
Logo, qué temos ao final? hieráticos individuos enchidos de "kapital" que non se vai usar para valorar nada, e unha gran parte da sociedade condeada á morte, porque segundo o sistema non vale nada, e non pode valorar nada.
Pero se non vale de nada respeitalo código civil, as outras persoas e os seus bens, crialos fillos, respeitalo ben común, estudar no sistema predisposto.... qué sentido terá para esas persoas que caen no baleiro respeitalo pacto social?.
Para unha vida colectiva saudable e desexable, ogallá a brúxula cambie antes de chegar a un punto de non retorno.
Desde a miña subxectividade, resultame noxento, un sistema de presión controlado por xente perdida, xente mecanizada, que perdeu calquera sensibilidade, imperfección ou empatía cara aos demáis. Toparon o mundo perfecto para eles, o libre mercado, e eles están arriba cunha inmensa humanidade coa que xogar a ser deuses.