Non resulta fácil saber o que somos, quén somos, a fin de contas e cunha expresión empregada por pensadores e sabios, non é sinxelo "coñecerse a si mesmo". Ao longo da miña vida tenme feito unha agarimosa compañía o desexo de saber, topeime con codias duras de roer, a ilusión, a fantasia, os prexuizos, as idealizacións, as represións, a herdanza, o poder, a conveniencia social, as expectativas, os celos, a envexa e coa miña propria subxectividade. Roendo e roendo, ou como diría aquel pensador, "rumiando", fun dixerindo e asimilando algunhas delas (digamos codias, digamos herba dura) e volveume un destes días á tona dese mar profundo que levamos dentro, unha humilde verba ao sol que parecía case insignificante, "persoa".
Levo visto e escoitado moitas palabras para referirse a un ser humano. Unhas son tristes e degradantes "escravo, ovella, paria", outras grandilocuentes "señor", outras fan referencia as relacións máis ou menos achegadas "parente, paisano, membro do partido, un dos nosos", outras son construcións políticas máis abertas como "cidadán", outras son frías, case estadísticas como "individuo, tipo" outras limitadas ao mundo do traballo "traballador, operario, dono, capitalista" e incluso hai algunha de profundo significado na teoría sicoanalítica como "suxeito", pero para mín a palabra que fai cambiar por sí mesma a estrutura política e sicolóxica da sociedade e da especie pola propia definición dunha das súas partes é a de "persoa". É unha verba liberadora, non engade nin quita nada, e deixa a todo o mundo coa súa dignidade intacta.
Os nazis, tiñan que dicirse a sí mesmos que os xudeos non eran persoas para poder gasealos, tiñan que mentirse radicalmente a sí mesmos. Un dos fundadores da primeira constitución dos E.U.A. falaba da liberdade das persoas, e tiña 700 escravos (negros, dician) nas súas prantacións, é dicir, tiña que mentirse a sí mesmo tódalas mañáns namentras escribía doces artigos constitucionais sobre a liberdade humana.

Busquei nos diccionarios a súa etimoloxía:
Do lat. persōna, máscara de actor, personaxe teatral, este do etrusco phersu, e este do gr. πρόσωπον). A súa orixe reside no teatro grego. Persoa (prósopon, en grego) era a máscara que utilizaban os actores e que tiña unha dobre función: a de encarnar dalguna maneira a “personaxe” que o actor representaba e, ademáis, servía como “megáfono”. (As máscaras estaban deseñadas de tal maneira que servían para amplificala voz. Os teatros eran ao aire libre).
A sociedade crea os papeis a representar, mais desde o intre en que sabemos que calquera de nós ou dos nosos seres queridos, podemos ser os inxustamente tratados, ou esquecidos, sabemos que as leis teñen que ser para todos, e que non hai que descoidar ningún "papel". O mundo leva implícito algo que podemos chamar "estrutura para todos" na que o muiño do tempo xira e calquera pode ter ocasión de vivilo papel que axudamos a crear, e aínda que non sexa un o que actúa, qué máis da!, sabemos que podereiamos estar alí, no seu sítio.
Tamén ten outra consecuencia máis filosófica, ou íntima, decatamonos por outra vía (a lingüística) de que todos estamos formados da mesma forza, sustancia ou espirito, que emerxe na materia, non importa quen sexa, sabemos que algo desa persoa sexa boa ou mala para nós, alta ou baixa, negra ou branca, intelixente, profunda, perspicaz ou estúpida, forma parte de nós. ¿Cómo, senon, aprendemos do comportamento de todos aos que ollamos "os impulsos, desexos e sentimentos que nos moven"? ¿Cómo, senon, desfrutamos tanto vendo aos outros no teatro, sabemos que o seu interior é da mesma sustancia que a nosa?.