Esperaba topar algo que pechara a pregunta, que pechara as cuestións e non o topei. No lugar diso atopei algo que non pechaba e non podía pechar, algo aberto sen resposta, como dicindo, "cómo vai haber un sentido único?, iso sería un cárcere brutal, algo mortal, anda e respóndete ti mesmo". Moita xente non quere enfrontarse a iso e pide que alguén responda por eles, quere que lle digan o que ten que pensar, sentir e ser, e a pesares diso, ou ao mellor debido a iso cargan con ira contra todo aquel que non sigue a súa grabación, porque todo o mundo quere ter ideas i opinar, pero ninguén quere a angustia de enfrontarse a un horizonte sen resposta.
Queremos ser útiles aos demáis, ser bós, encaixar a pesares de que o global non teña sentido. Parece que estou escoitando xa o "pero como?, o global ten sentido xa que nos permite comer, e vivir". Efectivamente construíuse unha forma posible do mundo, pero ten un problema moi gordo no seu sentido, asegura a súa propia destrucción a curto prazo, iso fai que se perda unha parte do sentido humano do mundo. Por qué digo sentido humano, porque comer e vivir no presente está moi ben, compartimolo cos animais, pero nós temos un engadido obrigatorio, temos que consideralo pasado i o futuro, si non se integra isto corremolo perigo de caír na "vida puramente animal" co engadido da malicia humana.
O máis sinxelo sería aceptatalo que vemos de maneira evidente e intuitiva diante nosa (a finitude da Terra, e o dano causado a vida), pero ainda así témolas técnicas de cálculo, o coñecemento do medio e as institucións suficientes para reflexionar sobre o alcance global do que facemos, de feito, están calculadalas consecuencias, pero non están integradas no pensamento, na racionalización, na vida colectiva e política, deixáronse fora porque amolaban o desexo, descalifican o establecido.
Vexo como se educan os nenos, e tremo só de pensar na traxedia de formarse para un mundo que pode desaparecer en menos de dúas décadas pola caída do mundo industrial e a destrución da natureza que permitiría reenfocala sociedade doutra maneira. Paréceme que camiñamos cara a desesperación, cara a guerra, as epidemias e a fame, cara a morte.
A solución non pasa por seguir igual que sempre, pasa por cambiala nosa maneira de pensar e valorar, primeiro iso, logo todo se irá engranando. Si se sigue construíndo a sociedade sobre a cobiza, e o egoismo puro, calquera cousa que fagamos non servirá para nada.
Primeiro sería mellor velo que é necesario conservar, cómo imos producir comida e repartila, como imos transportalos excedentes dun sitio a outro, como imos conservalo coñecemento e os logros conseguidos, e logo decidimola estratexia para enfrontarmonos a ese cambio.