![]() |
Miles de galaxias nun diminuto punto do ceo. |
Bento Spinoza era fillo de xudeus emigrados á Holanda desde Portugal, viviu nunha época de fanatismo e loita relixiosa terribel, no século XVII, e sen ningún dos datos científicos modernos chegou a visións moi profundas do mundo.
Este herexe de toda relixión convencional, expulsado da súa comunidade xudía e illado para sempre da súa familia, descubriu un sentimento relixioso humano, natural, libre, un sentimento que pertence a persoa e non a ningún predicador, un deus que non manda, nin xulga, nin castiga, nin premia, "o propio mundo incluíndonos a nós mesmos".
Era metódico e honrado, foi un liberador do terror do inferno e do azucre do ceo, foi descobridor das conclusións da ciencia antes de que se desenrolara tan brillantemente nos seguintes séculos. Pensaba e pulía lentes para ir ganándose a vida, ao mesmo tempo que a súa enfermidade pulmonar crónica avanzaba ata matalo.
Era metódico e honrado, foi un liberador do terror do inferno e do azucre do ceo, foi descobridor das conclusións da ciencia antes de que se desenrolara tan brillantemente nos seguintes séculos. Pensaba e pulía lentes para ir ganándose a vida, ao mesmo tempo que a súa enfermidade pulmonar crónica avanzaba ata matalo.
"Só hai unha sustancia", "tódalas formas posibles realizanse". Hoxe sábese que estamos nun Universo inmenso coas mesmas propiedades en tódolos sitios, estase chegando a unha teoria unificada sobre a materia que vai acabar concretándose nunha soa lei para a interacción e nunha soa sustancia, sábese que somos froito dun devenir imparable, sábese que hai moléculas orgánicas navegando por todo o espazo, e sábese que a vida é o resultado imparabel cando se dan as circunstancias físicas propicias.
Todo indica que temos un Universo cheo de seres vivos en calquera dirección na que miremos; agora mesmo pareceme case absurdo que non sexa así, hai miles de millóns de sitios onde unha bacteria pode sair adiante. Tamén hai que recoñecelo, a distancia que nos separa de calquera dos sitios posibles mais achegados parece insalvábel para que haxa un contacto endexamais.
É un pracer topar un pensador así, coma unha madeira a deriva nun mar de ideas cheas de fedor a poder barato, prepotencia, mediocridade e inxustiza. Sen dúbida tamén teria os seus erros, pero a súa ética e honradez intelectual, acabou abrindo unha fenda definitiva no muro teolóxico-político construido con sangue, tortura e morte ao londo de séculos. Enfrontouse ao "medo", ao castigo da "manada", á "ameaza divina", para construir unha casa sólida, unha ética baseada no si mesmo, na liberdade, e non no medo, deu un paso adiante e atreveuse a ser un home libre nun mundo escuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario