Como individuos estamos sumerxidos nunha dinámica de separación-alienación, ou unificación-diversificación. Esta dinámica natural se non se bloquea patoloxicamente desenrolase libremente creando novas persoas pero vinculadas coas do seu entorno e orixe, como di o sicoanalise somos "suxeitos" porque estamos "suxeitos".
O noso modo de ser levounos ao éxito actual sobre a natureza. Desde o punto de vista de especie unha estructura parece verse no horizonte, unha unificación, un desexo de paz mundial, pero tamén un odio contra todo o que non estea uniformizado, normalizado. Sexa como sexa as culturas máis agresivas, máis ansiosas de poder co seu entorno impuxeronse, estableceron a dinámica dominante, e agora estamos nese proceso de goberno global, de unificación da Lei.
Pero unha vez conformada esa "orde mundial" ¿qué? ¿a onde ir? ¿qué sistema temos como referencia? ¿qué veciños nos quedan para discutir, comparar, contrastar ou guerrear? pois claramente ningún. Quedaria a especie pechada sobre si mesma, sen diversidade, sen capacidade de cambio, neurotizada buscando inimigos no seu interior cunha policia interna axigantada, perderianse rapidamente tódolos matices.
As estrelas están tan lonxe, e necesitamos tanto un sitio onde ir!, e si topasemos un inimigo exterior, qué ledicia, que forza unificadora e pacificadora tan poderosa, un inimigo común a toda a humanidade, ata os elefantes se poderian librar da nosa agresividade máis noxenta, pero non sendo así, na unidade de toda a humanidade só vexo morte, a fin do proceso criativo, a derrota do individuo. Un sistema monstruosamente grande, vai ser flexible e tolerante?, onde se viu tal?.
Os sistemas internos "nacións soberanas" condicionan ao individuo, tentan formalo, estandarizalo, pero o individuo "resistese", busca, cambia, rebelase, vive buscando a súa liberdade, o seu ser. A existencia de diversas maneiras de facer, opinión, valores, e obxectivos permiten manter vivo ese "buscar" do que "busca", do home que quere ser libre. No momento en que a vida quede estandarizada, e automatizada, comezaranse (e comezan) a producirse fenómenos relacionados coa fixación mental, coa falla de desexo, co pensamento único, coa morte.
A soberania mundial, provocará e xa está provocando a incapacidade non só dos individuos, senon das minorias para facer nada relacionado co seu desexo, non se pode chegar ao poder para cambiala mínima cousa, é o final, a morte da esperanza, a morte en vida.
Por iso a vida non ten un destino "exterior" a si mesma, iso é un invento cultural, a vida págase a si mesma co pracer de crear, e cada ser vive ata onde lle é posible "co seu modo de vivir". Non somos tan importantes, desde o punto de vista co que contemplamos esta cuestión (o dominio, a xerarquización, o poder, o mito, a vanidade), pode haber millóns de planetas e millóns de seres que escolleron outra filosofía de vida diferente, pero non fai falla elucubrar, xa houbo centos de culturas e sentimentos diferentes que morreron, e impresionantes especies que desapareceron.
En realidade creo que buscamos dicir, ¡sí, somos nós, somos o obxectivo de papa, somos nós o cumio da creación! , ¡Non podemos estar equivocados!, ¡Deus non pode estar equivocado! ¡A nosa vida non pode depender das nosas decisións e sabiduria!. Pois sí, e non só diso, por suposto da pingueira de "azar" agachado tralo descoñecemento do devenir do universo do que formamos parte.
Tal vez se poida dicir, somos nós, somos tan mundo como a pedra, a árbore e o animal, somos tan universo como a estrela máis distante, e témola sorte e o perigo, de poder velo, de descubrilo, ainda que ninguén nos vai librar do perigo que supón estar vivo.
A inflamación da importancia, ese xoguete roto da nosa vanidade! Buscamos esa importancia por tódolos sitios cantos hai, eu diria máis, inventámola e o peor de todo, necesitámola desesperadamente. Por iso non nos podemos desapegar da manada, qué valores íamos usar, qué vivencias poderiamos ter!.
Unha anarquia ética, tódolos individuos abrazando a súa liberdade, o seu desexo, i en equilibrio, sen violencia contra a integridade física do outro. Eu creo que é posible, pero a súa construcción esixe unha ética persoal aceptada por todos, por enriba da vida ou a morte. Non se pode aniquilalo veciño só polo feito de que nos baixou un pouco o nivel de vida.
Un mundo baseado no coñecemento de sí mesmos, unha etapa cultural onde todo o mundo tope libremente o seu sitio, onde a educación sexa para aprender a buscar. Endexamáis estivemos tan preto de conseguir algo parecido.
Un equilibrio co medio, e un progreso no saber que permita unha vida digna durante miles de anos ¿será isto posible a partires do momento cultural en que nos atopamos ou virá inexorablemente unha época negra, unha degradación imposible de parar da vida humana?
O máis increible do mundo é que todos podemos estar equivocados ou acertados nas decisións que tomamos, desde o individuo máis perfeccionista, aplaudido e enmedallado, ata un grupo, ou a especie enteira. Tal vez por isto, tamén a tolicie ten a súa razón de ser, non convén ser demasiado serio en todo momento.
Realmente o Estado Moderno é unha institución para encamiñarmonos cara a liberdade coma unha especie de mal necesario (escaiola ou muleta temporal) ou simplemente é un mecanismo colectivo de homoxenización e control co único fin de acumular poder pero sen ningún interese en construir algo da suficiente dignidade para que calquera persoa poida xustificala súa vida sen recorrer á mecanismos de alienación?.
Un equilibrio co medio, e un progreso no saber que permita unha vida digna durante miles de anos ¿será isto posible a partires do momento cultural en que nos atopamos ou virá inexorablemente unha época negra, unha degradación imposible de parar da vida humana?
O máis increible do mundo é que todos podemos estar equivocados ou acertados nas decisións que tomamos, desde o individuo máis perfeccionista, aplaudido e enmedallado, ata un grupo, ou a especie enteira. Tal vez por isto, tamén a tolicie ten a súa razón de ser, non convén ser demasiado serio en todo momento.
Realmente o Estado Moderno é unha institución para encamiñarmonos cara a liberdade coma unha especie de mal necesario (escaiola ou muleta temporal) ou simplemente é un mecanismo colectivo de homoxenización e control co único fin de acumular poder pero sen ningún interese en construir algo da suficiente dignidade para que calquera persoa poida xustificala súa vida sen recorrer á mecanismos de alienación?.