Toda-las noticias que nos asulagan apuntan nun só senso, a recesión, o paro, a baixada ainda máis fonda da actividade económica no Estado Español, e na nosa terra. Eu traballo nun sector directamente relacionado coa construcción, son enxeñeiro técnico industrial, tristemente fun vendo como a xente coa que traballaba ía na mesma dirección que o indicador global, e con eles, eu mesmo. Hoxe, a once de decembro de 2012 vexo o 2013 con pouca esperanza de mellora, e coa case segura necesidade de pecha-la oficina por non poder atende-los custes fixos da miña actividade. Curiosamente isto coincide cunha etapa feliz da miña vida, desfruto inmensamente vendo a miña compañeira e ao noso pequeno con vitalidade e ledicia. Non hai nada mellor para min estes dias que darlle de comer, cambiarllelo cueiro e levar á escola infantil a Xián.
De repetirse os datos dos derradeiros tres meses vou quebrar, iso non ten dúbida, pero iso só é a miña realidade laboral persoal, e podería ser causada por moitos factores, polo que non me vou enlamar en ver "pecados" nin "culpas" nin "defectos", pretendo ver ¿qué se pode facer?.
Abstraéndome da miña situación persoal está a economía, ou sexa as actividades, a cultura, as normas e organización a traverso das cales administranse bens e servizos scasos para cubrilas necesidades das persoas pertencentes a esa sociedade. Velaquí a realidade presente e futura nalgúns aspectos básicos:
- Xa sabemos que hoxe en día os recursos consumidos pola economía global só se rexeneran nun 75%, é dicir, que o sistema económico actual baseado no crecemento continuo fixo "crack". A realidade está pitando e avisando de que por esa vía non hai saída. Podemos pechalos ollos e rezar ou abrilos e sermos conscientes de que hai que "reformalo sistema".
- Sábese tamén que o sistema enerxético ademáis de non ser sostíbel, ten unha vida limitada, i en breve tempo dara orixe a graves alteracións do equilibrio oferta-demanda no mercado do petróleo. Isto é así pola chegada ao "cumio de producción", a partires de ahí non se sabe o tempo que se pode manter, pero calquera actuación na cantidade dispoñible no mercado, ou ben, a continuidade do crecemento da demanda (crecemento económico) vai provocar subidas incontroladas dos prezos.
- E quedanos o factor máis grave, que foi tapado polos grandes poderes económicos, incluidos os gobernos dos paises máis poderosos durante todos estes anos, o chamado "cambio global", e digo global e non climático, porque afecta a tódolos ciclos "vitais" que se dan na Terra, incluidos os océanos. Isto, segundo parece, poderíase reducir si cambiaramos de actitude ante os custes ambientais da nosa economía.
En resume que as tendencias globais non axudan pero aínda non estouparon, aínda non son a "causa" desta crise. Ata hoxe en día non hai restriccións no consumo, nin na produción, seguimos como ata agora pensando que a Terra é infinita, programas gubernamentais baseados no crecemento do PIB, estratexias baseadas no máximo beneficio, "loro-economístas" falando de crecemento... ¿cal foi logo a causa da crise? só hai unha "a especulación" e o "libre mercado financieiro". A desprotección de tódolos tecidos sostibles por tecidos económicos "insostibles" que non teñen en conta o impacto destructivo que provocan, e por outra banda a especulación sen freo, da que se fixo participe a unha grande parte da sociedade.
En resume: non se impuxeron límites nos recursos a empregar, aumentou o capital, a riqueza, e a comida no mundo (globalmente pero non en tódalas mesas), non houbo limitacións nos sistemas de produción, non se limitaron as transaccións internacionais, non hai guerra, pero aínda así os bens e servizos non chegan á xente, e destrúese nembargantes o traballo, é dicir, o sistema económico non funciona, está podrecido, e no futuro imporanse condicións máis duras, reais, non inventadas por especuladores, sofistas, mentireiros, e corruptos, senon polos límites do mundo físico no que vivimos, e por desgraza, xente que viaxa en "jet privado e ten ducias de casas" só ten unha solución, "facer máis xente pobre, matar máis xente de fame, alienar máis persoas" para conseguir manter a directriz básica do funcionamento económico: "conservala taxa de beneficios ou aumentalos". Profesores de Economía e dirixentes da Banca Ética explicano claramente, cando se implantou o sistema de bonus ou primas por ganancias, a cobiza destruíu toda ética e todo control. No fondo ben sendo o mesmo que unha ditadura onde o personaxe que ten o control absoluto vai inchando e inchando coma un sapo.
¿Hai saída deste tobo?. Creo que sí, os detalles para unha saída máis humana xa se saben, hai economistas con vínculos emocionais coa xente que o están contando; Banca ética, enerxias renovábeis, ben común, límite máiximo na proporción salario máximo-mínimo, reparto do tempo de traballo, soberanía alimentaria, educación , empatía, taxa aos movimentos financieiros, creatividade, transparencia...
Pero hai unha dificultade importante, o factor "inercial". Os cambios son moi lentos na nosa estrutura mental, só hai que ver con que lentitude se introduciu a "liberdade, igualdade e fraternidade" da revolución francesa no mundo, ainda hoxe en día non se ten un coñecemento claro dos termos, compatible co pleno desenrolo do espírito humano. A gran camada especulativa que nos dirixe está entregada a unha "inercia económica" baseada na impotencia dos cidadáns para facer cambios. Conquistala liberdade, i establecer vínculos de solidariedade que substitúan á clasica pirámide de poder é a única saída para aplicalos cambios necesarios de maneira humana. Cambialos esquemas vellos e construir unha economía para a sociedade, e non sacrificala sociedade e o mundo (incluso a biosfera) para a permanencia dunha economía que só é boa para uns poucos. En resume, o mundo é físico e seguirá sendo físico, o único factor de cambio "real" é a mente de cada persoa, non nos enganemos con malvados inimigos e ocultas confabulacións, o mundo social é a suma da nosa vontade e da dos nosos antergos que persiste nos nosos esquemas.