É impresionante o traballo realizado polos veciños desta vila para a confección das alfombras florais. Póñenlle imaxinación, ganas, talento, compañeirismo, ledicia despreocupada.

Poñen o mellor deles mesmos, e usan o mellor da primavera.
A mín particularmente non me gusta o final, esa procesión acompañada de cargos políticos, forzas policiais e militares, esa noxenta inercia histórica, esa mestura da busca máis íntima do ser humano coas estuturas de poder de calquera natureza.
Aquel home desfilaría feliz deste xeito?. Aquel home sería feliz pola entrega do mellor destes veciños a tal "simbolismo"?.
Para entrar en algo considerado "espirutual" ou "relixioso" antes de nada un debería quitarse o "uniforme", as medallas, ou o bastón, porque si non o fas así, non entendes nada, todo se converte en vanidade, poder cutre, medo e obediencia estúpida.
Claro que, ben pensado, a miña reflexión é tamén estúpida, porque que é o catolicismo, si non este viraxe ideolóxico para darlle á mensaxe orixinal daquel home unha cor distinta, máis dourada, quizais. Nin sequera na "Rebelión da granxa" reescribiron e reinterpretaron tantas veces as propostas iniciais.