Os diccionarios, e a Física dí que a enerxía é "a capacidade para realizar un traballo". É unha curiosa formulación física que en realidade non dí case nada. ¿Qué é esa capacidade? ¿Hai enerxía como "algo" diferenciado, definible, describible?.
Algúns divulgadores teñen escrito, "a luz é enerxía pura". "?", ¡qué liviano! a luz é un fenómeno electromagnético, unha onda-corpusculo, "algo" que se transmite, un sumatorio de "fotóns", de partículas subatómicas, cos efectos que teña....pero soamente é unha parte do mundo Onde hai luz hai capacidade para realizar un traballo, si!, unha onda electromagnética é equivalente a enerxía, non! .
A enerxía haina nos catro fenómenos básicos, electromagnetismo, gravidade, interacción forte e débil, logo ten que ser algo máis alá, algo propio dos catro fenómenos.
Pódese entender qué hai ahí? Véxoo díficil, qué é un cacho dese fío de enerxía?....diranche, non, esa enerxía é indivisíbel, mentalmente vexo un fío, ¡enganome!, non se pode "ver", é unha corda é inferior a un fotón, non se pode interactuar con él, fin!. Pódese definir como unha ecuación matemática, construida cos parámetros macroscópicos pero eses parámetros non nos permiten comprender que hai ahí, qué é en sí memo a enerxía, solo fan referencia a magnitudes físicas cuantificabeis.
Fálase de enerxía potencial, atómica, química, mecánica, solar...en realidade só se sabe que un fenómeno natural permite obter un "traballo", un efecto "ordenado", "interesado", para o "noso proveito", no noso mundo, no mundo accesible a "experimentación humana".
Tremendo lío dialéctico e conceptual...máis no fondo é iso, só sabemos medir fenómenos, que xa é bastante, pero das cousas en sí mesmas sábese pouco.
Cando hai "enerxía", hai "unha situación" no mundo que permite "exprimir" un pouco de traballo "útil" pero incluso a propia definición se pode contradicir.
Dise que unha ordenación evoluciona cara outra orde física, con máis ou igual entropía, e a enerxía total conservase. !qué gracioso!, a enerxía "total", a capacidade de realizar un traballo conservase, pero si a entropía dinos que parte desa enerxía volvese inútil, incapaz de ser aproveitada para un traballo, como se lle chama enerxía tamén a esa "inútil cousa que queda ahí"?.
Enerxía?, eu diría que temos un mundo no que sabemos cuantificar que cambios poden ocorrer, cuantificamos iso, nada máis, un litro de enerxía pura sinxelamente non existe.