Non deixa de ser curiosa a maneira en que se deforma unha idea para que veña a acoplarse aos nosos intereses. Estoulle moi agradecido aos pensadores que plasmaron nos libros as súas ideas con honradez, ainda que non sempre se consegue deixa-los prexuizos colgados fora da porta da habitación de pensar, tentalo xa merece un respeito. É triste deturpar o mellor que temos para xustifica-las nosas miserias, agachándonos diante da mentira para que nos dén un sitio nalgunha pia.
Hai unha morea de ideas que nos asolaga desque nacemos, hai que defende que o mundo é "soño", que a vida mesma é unha "fantasia", unha "matrix". A miña intuición dime que non, que non é un xogo de PC, que é algo forte, inmenso, real, independiente de nós, aceptala idea contraria pareceme un canto a autodestrucción, a morte, ao desprezo da vida e de tódolos avances "emocionais", "físicos" e "intelectuais" conquistados.
A teoría da evolución foi moi deformada, dinse cousas como "sobrevive o máis forte", "sobreviven os mellores"...son ideas que fundamentaron o feixismo do século XX, e agora fundamenta o feixismo monetario global cara ao que imos no século XXI. É unha ollada torta, pechada nun feito concreto, a carreira entre dúas lebres escapando dunha raposa, sobrevive a máis rápida, é unha realidade que non se pode evitar. Máis entre esa lebre rápida, e atlética, e unha sinxela toupa, cega e lenta, quén gana segundo estes "craneos privilexiados", pois non está claro, veremos dentro duns centos de anos se desapareceron as lebres, e as toupas ainda seguen ao seu. A Historia natural deixa miles de exemplos de éxito dos máis insignificantes, dos menos valiosos segundo a nosa vara de medir.
As baleas son enormes, fortísimas, grandes e atractivas, van camiño de desaparecer, nembargante as cucarachas ahí as temos a moreas, noxentas e rastreiras.
As baleas son enormes, fortísimas, grandes e atractivas, van camiño de desaparecer, nembargante as cucarachas ahí as temos a moreas, noxentas e rastreiras.
Non é verdade a premisa dos feixistas, o ser humán está aquí, vivo, porque era feble, porque era o menos adaptado para sobrevivir como cazador en terreo descuberto, porque as súas crias estaban indefensas, e crecían despacio, porque as mulleres preñadas necesitaban protección, porque un home fronte a un León era "risible", "ridículo", porque pasaban moita fame comportándose como raposas, ¿como podía sobrevivir ese mono nú baixo o sol do mediodía?.
A súa febleza foi a súa forza, a creación da comunidade, a solidariedade entre os membros, a socialización, a unión de esforzos para supera-la súa debilidade individual, por iso estamos aquí, porque a nosa debilidade, as nosas faltas, obrigaronnos a pensar, a crear novos camiños, novos métodos de supervivencia.

O feixismo global tende a destruir todo o que sexa "social", todo o que sexa "pacto", todo o que sexa respeito ao outro, todo o que sexa "valor" sen cartos, para impor unha soa lei, "somos raposas ou lebres", e temos que pelexar uns contra os outros, para ver quen é o máis rápido e, quen se leva a "carnaza", quen enche máis a conta corrente para ser "alguén". Estase deformando a visión da realidade, para convertila na base da súa aberración, "fomos os máis fortes deixando atrás ao débil", eu creo que non, "fomos os máis fortes porque conseguimos que todos tiveran algo para loitar polo obxectivo común".
Os febles e os fortes, os vellos e os nenos, os torpes e os habilidosos, os cortos e os listos, os lentos e rápidos, os gordos e os fracos, os bos e os malos, os inadaptados e os integrados ...todos teñen o seu sitio na supervivencia da especie, todos nos recordan que nos une a nosa debilidade, as nosas faltas, a necesidade de tecer unha convivencia, incluso os "perfectos segundo calquera norma", ¿qué serian sen os imperfectos?.
Reconverter todo á posesión monetaria, eliminar todo valor fora desta Lei, esta é a maneira de converternos a todos en lebres ou raposas, a moeda feita para o "valor das mercadurias" convertida en único valor. Retorcese a nosa mente, xogase con ela, xa non hai toupas, nin pombas, nin caracois, nin bolboretas, nin baleas, agora somos todos medidos e medibles polo vil metal, rompeuse a diversidade, vaise cara a uniformidade global de valores, e a uniformidade global é literalmente unha plaga. A realidade di que nin como lebres nin como raposas, estaríamos aquí, faltanos velocidade para unha cousa e dentadura para a outra.
Qué estará pesando máis nesta actitude o espiritu de vida, ou o espiritu de morte?.
A teoría da evolución en realidade dí que "sobreviven os que están mellor adaptados ao medio". Adaptados ao medio, esta é a clave, extraname o incríbelmente separados que estamos agora deste criterio; temos unha economía non-sostible, e todo apunta a que se vai racha-lo equilibrio social para seguir mantendo as mesmas posicións ideolóxicas.
Nembargantes tamén creo que a nosa posición é natural, en certa maneira contradictoria, no senso de que o desexo de ter cada vez máis recursos e medios é algo instintivo, domina-lo outro, estar por enriba del ou como mínimo coma él. O éxito levounos a unha situación novedosa, o propio medio mostrase como algo "limitado" no espazo e no tempo. Na mente do explorador, do curioso que se pregunta que hai máis alá?, non entrou ata hai ben pouco a hipótese dun mundo finito, dunha "illa" flotando no espazo, e aínda hoxe creo que nos resulta "duro", preferimos o lema "Deus proveerá", "que se faga a vontade de Deus", é dicir, non quero saber nada "diso".
Somos animais xeneticamente curiosos, exploradores, oportunistas, que nos levantamos do chan para acabar dominando o mundo propio, e supoño que a visión dos límites provocanos unha "depresión", unha sensación de "final".
Non existe ningún "pecado orixinal", somos un animal "listo" que triunfou "sen especialización ningunha", desenrolando a intelixencia, a habilidade, a socialización, o coñecemento, o xogo, a experimentación...é impresionante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario