Teño unha certa vena tráxica, podería mercar a árbore da que me colgarei antes de que veña a visitarme a degradación mental, antes de comezar a babear e algunha residencia relixiosa se faga comigo para levarme á beira do ceo.
Don Manuel Fraga subíu onte alá arriba, á destra do noso Señor coas máns tan limpas coma as do seu inmaculado Caudillo. Hai que recoñecer que tiña boa memoria, de vello acordouselle o galego, ao mellor ainda lle acaba pasando ao "Señor de los Hililllos", máis non creo este é parvo rematado.
El Señor do Hilillos gañou as eleccións i é presidente, e por fín pode aplicalo seu profundo coñecemento do ser humán: "todos somos diferentes, a riqueza acumulada é proporcional ao talento de cada un, logo onde está o capilal está o mellor da humanidade, o resto son perroflautas e recursos para mantelo nivel de vida dos que somos máish mellores, eehhh!".
O santo goberno coas súas enraizadas conviccións da "cruzada católica-social" xa comezou a mover un pouco a cousa, e van dicíndonos aquilo de "tranquilos, só vai ser a puntiña e non doi".
Desgrazadamente eu "só sei que non sei case nada", i ese "case" é moi importante porque regateo a paradoxa (si sabes que non sabes nada xa sabes algo). Pero hai quen o sabe "todo", hai quen coñece o pensamento e os desexos de Deus, i están autorizados a crucificar na Terra aos seus semellantes...si se colle distancia dabondo enxergarase a barbarie da súa montaxe.
Onte o Barça deume outra alegría, volvéndolle ganar ao R.Madrid na súa casa, creo que este equipo ten que gastar aínda máis pasta en fichaxes, de momento custalle moito subir do medio campo.
Onte o Barça deume outra alegría, volvéndolle ganar ao R.Madrid na súa casa, creo que este equipo ten que gastar aínda máis pasta en fichaxes, de momento custalle moito subir do medio campo.
Posiblemente a vida non sexa máis que "vida", i posiblemente iso sexa moito si se mira ben.
Onte estaba soñando que flotaba no espazo baleiro, sen tráfico, sen facturas, sen planetas, sen estrelas, sen nostalxicos do franquismo, sen reloxo, sen mecánica cuántica (que non hai quen a entenda), sen aire frío, sen "son", porque si non hai aire non hai son (curioso non?), sen luz porque sen estrelas o mundo sería escuro (vaia!), .....e comecei a pensar ......que agradable sería tomarme unha cervexiña nunha terraza, co calorciño do vrán, a sombra, que moito sol tampouco é bó, con boa compañía para sorrir ou para soñar coa noite....qué bonito sería!
Ningún comentario:
Publicar un comentario